Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 142 Xoves, 28 de xullo de 2016 Páx. 33350

VI. Anuncios

b) Administración local

Deputación Provincial de Lugo

ANUNCIO de asunción de competencias en materia de xestión tributaria do Concello de Viveiro.

No Boletín Oficial da provincia (en diante BOP) núm. 230, do día 7 de outubro de 2009, publícase o anuncio relativo á asunción pola Deputación de Lugo de competencias en materia de xestión tributaria relativo da proposta de reforma das bases que rexen a aceptación e asunción, por delegación expresa, de competencias en materia de xestión, inspección e recadación en relación a tributos, prezos públicos e outros ingresos de dereito público aprobada no Pleno da Deputación Provincial de Lugo que tivo lugar o día 27 de novembro de 2007, e que foi modificado polos acordos do 28 de outubro de 2008 e do 29 de decembro de 2015, así como os concellos que delegaron as súas competencias nesta materia, co alcance e contido das delegacións.

No BOP número 122, do día 28 de maio de 2016, publicase o contido da asunción pola Deputación de Lugo de competencias en materia de gestión tributaria do Concello de Viveiro.

Lugo, 14 de xullo de 2016

O presidente da Deputación Provincial de Lugo
P.D. (Decreto 1357/2016, do 1 de xullo)
Mayra García Bermúdez

Deputada delegada de Economía, Recadación e Facenda

Manuel Castiñeira Castiñeira

Secretario xeral da Deputación Provincial de Lugo