Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 145 Martes, 2 de agosto de 2016 Páx. 34287

III. Outras disposicións

Consellería de Economía, Emprego e Industria

ORDE do 27 de xullo de 2016 pola que se modifica a Orde do 10 de xuño de 2016 pola que se aproban as bases reguladoras e se convocan os premios de responsabilidade social empresarial de Galicia (Premios RSE Galicia) para o ano 2016.

A Orde do 10 de xuño de 2016 pola que se aproban as bases reguladoras e se convocan os premios de responsabilidade social empresarial de Galicia (Premios RSE Galicia) para o ano 2016, publicada no Diario Oficial de Galicia o 29 de xuño de 2016, establece no seu artigo 4 o prazo para a presentación de candidaturas, o cal remata o 29 de xullo de 2016.

Tendo en conta as modificacións introducidas na documentación e os anexos que se deben presentar, respecto á convocatoria anterior, así como a coincidencia da publicación en período estival, considérase conveniente a modificación do dito prazo para impulsar a función de fomento e recoñecemento daquelas empresas que xestionan a súa actuación baixo os principios da RSE.

Polo exposto, en exercicio das facultades que me confire o artigo 34 da Lei 1/1983, do 22 de febreiro, de normas reguladoras da Xunta e da súa Presidencia,

DISPOÑO:

Artigo único. Modificación do parágrafo 1 do artigo 4 da Orde do 10 de xuño de 2016 pola que se aproban as bases reguladoras e se convocan os premios de responsabilidade social empresarial de Galicia (Premios RSE Galicia) para o ano 2016

O parágrafo 1 do artigo 4 da dita orde queda redactado como segue:

1. O prazo de presentación das candidaturas finalizará o 1 de outubro de 2016.

Disposición derradeira única. Entrada en vigor

Esta orde entrará en vigor o mesmo día ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 27 de xullo de 2016

Francisco Conde López
Conselleiro de Economía, Emprego e Industria