Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 146 Mércores, 3 de agosto de 2016 Páx. 34512

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia Turismo de Galicia

RESOLUCIÓN do 19 de xullo de 2016 pola que se fai pública a formalización do contrato, non suxeito a regulación harmonizada, das obras de recuperación e sinalización dos treitos do Camiño Francés adaptándoos á delimitación oficial 2011, fase II, tramitado polo procedemento aberto, con pluralidade de criterios, cofinanciado no 80 % polo programa operativo Feder Galicia 2014/2020 (PI 6.32).

En cumprimento do disposto no artigo 154 do Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos do sector público, faise pública a formalización do seguinte contrato administrativo:

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Axencia Turismo de Galicia.

b) Dependencia que tramita o expediente: Xerencia da Axencia Turismo de Galicia.

c) Enderezo da internet do perfil do contratante: http://www.contratosdegalicia.es

d) Data de publicación no perfil do contratante: 23 de marzo de 2016.

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo: obras.

b) Descrición: obras de recuperación e sinalización dos treitos do Camiño Francés adaptándoos á delimitación oficial 2011. Fase II.

3. Tramitación e procedemento.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

4. Orzamento base de licitación: 418.390,75 €, IVE excluído.

5. Formalización do contrato.

a) Data de adxudicación: 4 de xullo de 2016.

b) Data de formalización do contrato: 7 de xullo de 2016.

c) Adxudicataria: Extraco, Construccións e Proxectos, S.A.

d) Importe de adxudicación: 300.571,00 €, IVE excluído.

e) Vantaxes da oferta adxudicataria: oferta economicamente máis vantaxosa ao obter a maior puntuación, en aplicación dos criterios de adxudicación establecidos no prego de cláusulas administrativas que rexe o procedemento.

Santiago de Compostela, 19 de xullo de 2016

Mª Nava Castro Domínguez
Directora da Axencia Turismo de Galicia