Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 146 Mércores, 3 de agosto de 2016 Páx. 34447

III. Outras disposicións

Universidade da Coruña

RESOLUCIÓN do 22 de xullo de 2016 pola que se publica a oferta de emprego público do persoal de administración e servizos para o ano 2016.

A Lei 48/2015, do 29 de outubro, de orzamentos xerais do Estado para o ano 2016, establece que ao longo do presente ano non se procederá no sector público á incorporación de novo persoal, exceptuándose da citada limitación unha serie de sectores e administracións que se recollan no artigo 20 da citada norma, respecto dos cales se determina que se aplicará unha taxa de reposición de ata un máximo do 100 %. Dentro desta excepción inclúese o persoal de administración e servizos das universidades, sempre que a Xunta de Galicia se autorice as correspondentes convocatorias.

No mesmo sentido, nos artigos 13 e 36 da Lei 12/2015, do 24 de decembro, de orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2016, establécese unha taxa de reposición nas universidades integrantes do Sistema universitario de Galicia de como máximo o 100 %, tamén nas prazas de persoal de administración e servizos, respectando as dispoñibilidades orzamentarias do capítulo I.

As correspondentes convocatorias deberán ser autorizadas pola Consellería de Facenda, logo de acreditación de que a oferta de emprego público das mencionadas prazas non afecta o cumprimento dos obxectivos de estabilidade orzamentaria.

Pola súa parte, o artigo 70 Real decreto lexislativo 5/2015, do 30 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto básico do empregado público, establece a oferta de emprego público como mecanismo de planificación das necesidades de selección de persoal nas administracións públicas.

En todo caso, a execución desta oferta de emprego público deberase desenvolver dentro do prazo improrrogable de tres anos, contados a partir do día seguinte ao da súa publicación nos diarios oficiais.

A Lei 2/2015, do 29 de abril, do emprego público de Galicia, no seu artigo 48, establece os criterios xerais en que se debe enmarcar a oferta de emprego público, sen prexuízo das especificidades que se poidan establecer nas convocatorias respectivas, concibida como instrumento de programación das necesidades de persoal e de racionalización do emprego público e dos procesos de selección do persoal ao servizo das administracións públicas, en que deben primar os principios constitucionais de igualdade, mérito e capacidade, así como o de publicidade.

A oferta de emprego público 2016 inclúe as necesidades de recursos humanos, con asignación orzamentaria, que se deban prover mediante a incorporación de persoal de novo ingreso, e especifícanse as prazas no anexo I desta resolución, tendo en conta o número de xubilacións, excedencias, baixas definitivas e reingresos producidos durante o ano 2015. Así mesmo, inclúense no anexo II as prazas para cubrir polo sistema de promoción interna, que se levarán a cabo en convocatorias independentes das de novo ingreso.

De conformidade co previsto no artigo 59 do texto refundido da Lei do Estatuto básico do empregado público, aprobado polo Real decreto lexislativo 5/2015, do 30 de outubro, e no artigo 48 da Lei 2/2015, do 29 de abril, do emprego público de Galicia, reservarase unha cota non inferior ao 7 % das vacantes ofertadas para seren cubertas por persoas con discapacidade, considerando como tales as definidas no número 2 do artigo 4 do texto refundido da Lei xeral de dereitos das persoas con discapacidade e da súa inclusión social, aprobado polo Real decreto lexislativo 1/2013, do 29 de novembro, sempre que superen os procesos selectivos e acrediten a súa discapacidade, así como a compatibilidade no desempeño das súas funcións.

No suposto de que algún dos aspirantes con discapacidade que se presentase pola cota de reserva superase os exercicios e non obtivese praza na citada cota, sendo a súa puntuación superior á obtida por outros aspirantes do sistema de acceso xeral, será incluído polo seu orde de puntuación no sistema de acceso xeral.

As prazas reservadas para as persoas con discapacidade que queden desertas nos procesos de acceso libre no se poderán acumular á quenda xeral. Nos procesos de promoción interna, as prazas reservadas para persoas con discapacidade que queden desertas acumularanse ás da quenda xeral destes procesos de promoción interna.

Polo exposto, logo da negociación cos órganos de representación do persoal de administración e servizos, emitida a preceptiva autorización pola Consellería de Facenda da Xunta de Galicia e conforme o Acordo do Consello de Goberno, do 21 de xullo de 2016, polo que se aproba a oferta de emprego público de persoal funcionario de administración e servicios para o ano 2016.

Esta xerencia, en uso das atribucións conferidas no artigo 40 dos estatutos desta universidade, aprobados polo Decreto 101/2004, do 13 de maio (DOG do 26 de maio), modificados polo Decreto 194/2007, do 11 de outubro, e da delegación de competencias operada pola Resolución reitoral do 12 de xaneiro de 2016,

RESOLVE:

Primeiro

Publicar a oferta de emprego público do persoal de administración e servizos da Universidade da Coruña para o ano 2016 que consta no anexo I (acceso libre) e no anexo II (promoción interna).

Segundo

As prazas ofertadas pola quenda libre constan como vacantes na relación de postos de traballo do persoal funcionario de administración e servizos desta universidade.

Terceiro

As convocatorias dos procesos selectivos e as súas bases publicaranse no Diario Oficial de Galicia e no Boletín Oficial del Estado.

A Coruña, 22 de xullo de 2016

Juan Manuel Díaz Villoslada
Xerente da Universidade da Coruña

ANEXO I

Acceso libre:

Escalas

Subgrupo

Nº de prazas

Sistema xeral

Persoas con discapacidade xeral

Escala administrativa da Universidade da Coruña

C1

3

2

1

Escala de axudantes de arquivos, bibliotecas e museos da Universidade da Coruña

A2

1

1

0

ANEXO II

Promoción interna:

Escala

Subescala

Nº de prazas

Sistema xeral

Persoas con discapacidade xeral

Persoas con discapacidade intelectual

Escala de xestión da Universidade da Coruña

25

23

2

0

Escala administrativa da Universidade da Coruña

37

34

3

0

Escala de facultativos de arquivos, bibliotecas e museos da Universidade da Coruña

31

29

2

0

Escala de axudantes de arquivos, bibliotecas e museos da Universidade da Coruña

36

33

3

0

Escala técnica de especialistas da Universidade da Coruña

Condutor

3

3

0

0

Conserxe

17

17

0

0

Correos

1

1

0

0

Mantementos

2

2

0

0

Mariñeiro

1

1

0

0

Socorrista

2

2

0

0

Escala técnica auxiliar da Universidade da Coruña

Auxiliar de servizos

59

54

1

4

Telefonista

9

8

1

0

Vixilante

1

1

0

0