Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 148 Venres, 5 de agosto de 2016 Páx. 34925

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Facenda

ANUNCIO do 3 de agosto de 2016 polo que se lle dá publicidade á apertura do prazo para solicitar a retribución de carácter extraordinario prevista na Lei 7/2016 e o importe pendente de percibir establecido na disposición adicional décimo cuarta da Lei 12/2015.

Os importes derivados da retribución de carácter extraordinario establecida no artigo único da Lei 7/2016 e o importe pendente de percibir consonte a retribución establecida na disposición adicional décimo cuarta da Lei 12/2015, seranlles aboados aos empregados públicos que sigan en activo de oficio pola consellería, organismo autónomo ou entidade a través da cal perciba as súas retribucións.

Os correspondentes aos empregados públicos que non se encontren en activo serán aboados polo órgano ao cal lle correspondese satisfacer as pagas suprimidas, logo de solicitude expresa presentada ante ese órgano a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio.

As solicitudes realizaranse nos modelos que se xuntan como anexo a este anuncio.

Santiago de Compostela, 3 de agosto de 2016

Valeriano Martínez García
Conselleiro de Facenda

missing image file
missing image file