Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 150 Martes, 9 de agosto de 2016 Páx. 35455

III. Outras disposicións

Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

RESOLUCIÓN do 29 de xullo de 2016, da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, pola que se procede a designar os membros e facer pública a composición do tribunal que elaborará, supervisará e avaliará as probas para a concesión dos premios extraordinarios de educación secundaria obrigatoria ao rendemento académico correspondentes ao curso 2015/16, e se ditan instrucións para a realización das probas correspondentes.

De conformidade co establecido no artigo 9 e en virtude da autorización da disposición derradeira primeira da Orde do 7 de xullo de 2016 pola que se convocan os premios extraordinarios de educación secundaria obrigatoria ao rendemento académico correspondentes ao curso 2015/16 (DOG do 27 de xullo),

RESOLVO:

Primeiro. Designar os membros do tribunal para elaborar, supervisar e avaliar as probas para a concesión dos premios extraordinarios de educación secundaria obrigatoria ao rendemento académico correspondentes ao curso 2015/16 e facer pública a súa composición, que é a que figura no anexo desta resolución.

Segundo. Fixar a data, horario, lugares de realización das probas e condicións de presentación dos candidatos e das candidatas.

1. As probas celebraranse o día 9 de setembro de 2016 de acordo co seguinte horario:

– 9.15 horas, presentación dos candidatos e das candidatas.

– 10.00 a 12.00 horas, primeira parte da proba.

– 12.30 a 14.30 horas, segunda parte da proba.

2. Centros en que se realizarán as probas.

Provincia da Coruña:

– CIFP Someso. Rúa Someso nº 6, A Coruña.

Provincia de Lugo:

– IES Sanxillao. Avenida das Fontiñas, nº 171, Lugo.

Provincia de Ourense:

– IES Ramón Otero Pedrayo. Rúa Padre Feixoo, nº 12, Ourense.

Provincia de Pontevedra:

– IES Sánchez Cantón. Avenida Raíña Victoria, Pontevedra.

Terceiro. Presentación dos candidatos e das candidatas

a) Os candidatos e as candidatas deberán realizar as probas, con carácter xeral, na provincia a que pertenza o centro educativo en que se atope o seu expediente académico. A Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa poderá autorizar cambios de sede por causas debidamente xustificadas.

b) Para a realización das probas os candidatos e as candidatas acreditarán a súa identidade co DNI, pasaporte ou calquera outro documento recoñecido en dereito.

Santiago de Compostela, 29 de xullo de 2016

Manuel Corredoira López
Director xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa

ANEXO
Tribunal

Titulares:

Presidenta titular: María del Carmen Cimadevila Cea, subdirectora xeral de Inspección, Avaliación e Calidade do Sistema Educativo.

Vogal titular 1ª: María Concepción Aramburu Sánchez, inspectora de Educación.

Vogal titular 2º: Federico Pérez Morán, inspector de Educación.

Vogal titular 3º: Delfín Caseiro Nogueiras, inspector de Educación.

Vogal titular 4º: Raimundo José Naveira Zapata, inspector de Educación.

Suplentes:

Presidente suplente: Manuel Vila López, subdirector xeral de Ordenación e Innovación Educativa e Formación do Profesorado.

Vogal suplente 1º: Iván Mira Fernández, inspector de Educación.

Vogal suplente 2ª: Josefa Peña Vázquez, inspectora de Educación.

Vogal suplente 3º: Amancio Novoa Santos, inspector de Educación.

Vogal suplente 4º: Margarita Pérez Froiz, inspectora de Educación.