Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 152 Xoves, 11 de agosto de 2016 Páx. 35826

III. Outras disposicións

Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio

ORDE do 29 de xullo de 2016 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas para a prevención dos danos que causan as especies de fauna silvestre e se convocan para o ano 2016.

De acordo co disposto no artigo 148.1.11 da Constitución, en virtude do establecido no artigo 27.15 do Estatuto de autonomía de Galicia, esta comunidade autónoma ten competencia exclusiva en materia de conservación da natureza.

A Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio ten atribuída a competencia na conservación, protección, uso sustentable, mellora e restauración do patrimonio natural e da biodiversidade de Galicia, segundo o establecido no Decreto 167/2015, do 13 de novembro, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio, en relación co Decreto 116/2015, do 4 de outubro, polo que se modifica a estrutura orgánica da Xunta de Galicia, e co Decreto 129/2015, do 8 de outubro, polo que se fixa a estrutura orgánica das consellerías da Xunta de Galicia.

O incremento de poboación dalgunhas especies silvestres está ocasionando que con máis frecuencia as colleitas agrícolas, os aproveitamentos forestais e a produción gandeira se vexan afectados negativamente. Para evitar estes danos é necesario poñer en marcha un conxunto de medidas que permitan protexer no posible os cultivos e as producións máis sensibles.

En todo caso, considérase conveniente protexer os cultivos agrícolas, as producións gandeiras e as producións complementarias do monte como a apícola, naqueles lugares en que as características do medio se mostran especialmente propicias para que tales producións sexan afectadas.

O réxime xeral das axudas e subvencións nas administracións públicas establécese nas disposicións básicas da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia. A nivel regulamentario a norma principal constitúea o Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro. Esta orde cumpre coas exixencias da citada normativa.

En virtude do anterior, en concordancia co disposto no artigo 27.15 do Estatuto de autonomía e en uso das atribucións que me confire o artigo 34 da Lei 1/1983, do 22 de febreiro, de normas reguladoras da Xunta e da súa Presidencia,

DISPOÑO:

Artigo 1. Obxecto e principios

1. Esta orde ten por obxecto establecer as bases reguladoras dunha liña de axudas a favor das persoas titulares de explotacións agrícolas e/ou gandeiras afectadas polos ataques de especies de fauna silvestre (xabaril, lobo, oso e outras especies), coa finalidade de fomentar a aplicación de medidas de protección, para o que se incentivará a adquisición de elementos preventivos dos danos que poidan ocasionar estas especies, e proceder á súa convocatoria para o ano 2016.

2. Estas axudas tramitaranse en réxime de publicidade, transparencia, concorrencia, obxectividade, igualdade e non discriminación, con eficacia no cumprimento dos obxectivos fixados e eficiencia na asignación e utilización dos recursos públicos. Así mesmo, resultarán de aplicación os preceptos da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

Artigo 2. Actuacións subvencionables

Ao abeiro desta orde, subvencionarase:

1. Para a prevención de danos ocasionados polo lobo: a adquisición de cans mastíns, pastores eléctricos e cerrumes de malla electrificada, que se faga con posterioridade á publicación desta orde.

2. Para a prevención de danos ocasionados polo oso, xabaril ou outras especies de fauna silvestre: a adquisición de pastores eléctricos, que se faga con posterioridade á publicación desta orde.

Non será obxecto de subvención o IVE, o transporte dos materiais nin a man de obra para a instalación e mantemento dos pastores eléctricos e todos aqueles que figuren no artigo 29 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, como non subvencionables.

En todo caso, a contía da subvención non poderá ser nunca superior ao custo da actuación subvencionable.

Artigo 3. Persoas beneficiarias e requisitos

1. Para a prevención de danos ocasionados polo lobo e o oso, poderanse acoller a estas axudas as persoas físicas ou xurídicas titulares de explotacións gandeiras que figuren incluídas no Rexistro Xeral de Explotacións Gandeiras de Galicia, das especies de gando bovino, ovino, cabrún, porcino da raza celta, equino, asnal, mular e apícola.

2. Para a prevención de danos ocasionados sobre producións agrícolas polas especies de fauna silvestre, poderanse acoller a estas axudas as persoas físicas ou xurídicas que exercen a actividade agraria e estean inscritas no Rexistro de Explotacións Agrarias de Galicia (Reaga), creado mediante o Decreto 200/2012, do 4 de outubro, polo que se regula o Rexistro de Explotacións Agrarias de Galicia.

3. As persoas beneficiarias deberán cumprir coas obrigas establecidas no artigo 14 da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, e non estar incursas en ningunha das circunstancias previstas no seu artigo 13.

4. Non poderán obter a condición de persoas beneficiarias das axudas previstas nesta orde as persoas ou entidades en que concorra algunha das circunstancias recollidas no artigo 10.2 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

Artigo 4. Adquisición de cans mastíns

1. Será subvencionable a adquisición de cans de raza mastín leonés dunha idade inferior aos 5 meses, así como os gastos da súa identificación. A persoa interesada deberá achegar a documentación relativa aos controis sanitarios realizados segundo a lexislación vixente, a documentación acreditativa da identificación do animal e a súa inscrición no Rexistro Galego de Identificación de Animais de Compañía (Regiac), de acordo co establecido no Decreto 90/2002, do 28 de febreiro, polo que se regula a tenza de animais potencialmente perigosos na Comunidade Autónoma de Galicia e se crean os rexistros galegos de Identificación de Animais de Compañía e Potencialmente Perigosos e de Adestradores Caninos.

2. Estas axudas poderán cubrir a totalidade do custo de adquisición dos cans mastíns. O número dos animais subvencionables por explotación estará en función do número de reses da explotación gandeira. Pode subvencionarse un máximo dun mastín por rabaño de ata 30 reses de gando menor ou 10 reses de gando maior, ata un máximo de dous cans mastíns por explotación, cando se supere este número de reses.

3. O importe máximo das axudas non excederá 500 euros por can mastín e poderá minorarse na contía que proceda, en función do número de solicitudes e da contía orzamentaria.

Artigo 5. Adquisición de pastores eléctricos

1. As axudas relativas á adquisición dos pastores eléctricos poderán cubrir a totalidade do seu custo de adquisición.

2. A contía máxima da axuda por explotación será de 600 euros. Esta cantidade poderá ser minorada na contía que proceda, en función do número de solicitudes e da contía orzamentaria. O número de pastores eléctricos correspondentes por explotación gandeira ou agraria asignarase de acordo co seguinte:

a) No caso dunha explotación gandeira de gando bovino, ovino, cabrún, porcino da raza celta, equino, asnal e mular: en función do número de reses de gando maior e menor con que conte a explotación:

Nº de reses

de gando menor

Nº de reses

de gando maior

Nº pastores

eléctricos

De 1 a 15

De 1 a 5

1

De 16 a 20

De 6 a 10

2

De 21 a 30

De 11 a 20

3

Máis de 30

Máis de 20

4

b) No caso dunha explotación apícola: en función do número de asentamentos con que conte a explotación:

Nº de asentamentos apícolas

Nº pastores eléctricos

De 1 a 3

1

De 4 a 10

2

Máis de 10

3

c) No caso dunha explotación agraria: en función da superficie da explotación:

Superficie

Nº pastores eléctricos

Menor ou igual 10 hectáreas

1

Máis de 10 a 25 hectáreas

2

Máis de 25 hectáreas

3

Os pastores que se adquiran deben cumprir, como mínimo, coas seguintes características técnicas:

• Enerxía de carga mínima de 2 joules.

• Batería seca de 12 volts.

• Intensidade mínima de 40 amperes.

• Alimentación con panel solar de 15 watts ou con batería.

• Tensión de saída entre 8 e 10 kV.

Artigo 6. Adquisición de cerrumes de malla electrificada

As axudas concedidas poderán cubrir a totalidade do custo da adquisición de mallas electrificadas móbiles que se conectan a pastores eléctricos. A contía máxima da dita axuda será de 200 euros por malla de 50 metros, ata un máximo de 4 mallas por explotación, e terán que cumprir as especificacións que figuran no anexo I desta orde. Poderán minorarse na contía que proceda, en función do número de solicitudes e da contía orzamentaria.

Artigo 7. Solicitudes

1. As solicitudes deberán presentarse preferiblemente por vía electrónica a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.es, de acordo co establecido nos artigos 27 da Lei 11/2007, do 22 de xuño, de acceso electrónico dos cidadáns aos servizos públicos, e 24 do Decreto 198/2010, do 2 de decembro, polo que se regula o desenvolvemento da Administración electrónica na Xunta de Galicia e nas entidades dela dependentes. Para a presentación das solicitudes poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.es/chave365).

Opcionalmente, tamén se poderán presentar as solicitudes en soporte papel en calquera dos lugares e rexistros establecidos no artigo 38.4 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, utilizando o formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia.

As solicitudes dirixiranse á Dirección Xeral de Conservación da Natureza da Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio.

2. A solicitude de axuda (anexo II desta orde) inclúe as seguintes declaracións da persoa solicitante:

a) Declaración do total das solicitudes de axudas solicitadas ou concedidas, para o mesmo fin, das distintas administracións públicas.

b) Declaración de conta para a transferencia bancaria.

c) Declaración responsable de estar ao día no cumprimento das obrigas tributarias e fronte á Seguridade Social e non ter pendentes de pagamento débedas coa Administración pública da Comunidade Autónoma de Galicia.

3. A documentación complementaria poderá presentarse electronicamente utilizando calquera procedemento de copia dixitalizada do documento orixinal. Neste caso, as copias dixitalizadas presentadas garantirán a fidelidade co orixinal baixo a responsabilidade da persoa solicitante ou representante. A Administración poderá requirir a exhibición do documento orixinal para o cotexo da copia electrónica presentada segundo o disposto nos artigos 35.2 da Lei 11/2007, do 22 de xuño, de acceso electrónico dos cidadáns aos servizos públicos, e 22.3 do Decreto 198/2010, do 2 de decembro, polo que se regula o desenvolvemento da Administración electrónica na Xunta de Galicia e nas entidades dela dependentes.

A documentación complementaria tamén poderá presentarse en formato papel en calquera dos lugares e rexistros establecidos no artigo 38.4 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

As copias dos documentos gozarán da mesma validez e eficacia que os seus orixinais sempre que exista constancia de que sexan auténticas.

Sempre que se realice a presentación de documentos separadamente da solicitude, a persoa interesada ou representante deberá mencionar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de expediente e o número ou código único de rexistro.

Artigo 8. Consentimentos e actualizacións

1. A tramitación do procedemento require a incorporación de datos en poder das administracións públicas. Polo tanto, os modelos de solicitude incluirán autorizacións expresas o órgano xestor para realizar as comprobacións oportunas que acrediten a veracidade dos datos. No caso de que non se autorice o órgano xestor para realizar esta operación, deberán achegarse os documentos comprobantes dos datos, nos termos exixidos polas normas reguladoras do procedemento.

2. As solicitudes das persoas interesadas deberán achegar os documentos ou informacións previstos nesta norma, salvo que estes xa estivesen en poder da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia; neste caso, as persoas interesadas poderán acollerse ao establecido no artigo 35.f) da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, sempre que se faga constar a data e o órgano ou a dependencia en que foron presentados ou, se é o caso, emitidos, e cando non transcorresen máis de cinco anos desde a finalización do procedemento a que correspondan.

Nos supostos de imposibilidade material de obter o documento, o órgano competente poderá requirirlle á persoa solicitante ou representante a súa presentación ou, na súa falta, a acreditación por outros medios dos requisitos a que se refire o documento, con anterioridade á formulación da proposta de resolución.

3. De conformidade co artigo 17 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, e co previsto no Decreto 132/2006, do 27 de xullo, polo que se regulan os rexistros públicos creados nos artigos 44 e 45 da Lei 7/2005, do 29 de decembro, de orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2006, a Consellería publicará na súa páxina web oficial a relación das persoas beneficiarias e o importe das axudas concedidas. Incluirá, igualmente, as referidas axudas e as sancións que, como consecuencia delas, puidesen impoñerse nos correspondentes rexistros públicos, polo que a presentación da solicitude leva implícita a autorización para o tratamento necesario dos datos das persoas beneficiarias e a referida publicidade.

4. A presentación da solicitude de concesión de subvención pola persoa interesada ou representante comportará a autorización ao órgano xestor para solicitar as certificacións que deban emitir a Axencia Estatal da Administración Tributaria, a Tesouraría Xeral da Seguridade Social e a consellería competente en materia de facenda da Xunta de Galicia segundo o establecido no artigo 20.3 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia. Non obstante, a persoa solicitante ou representante poderá denegar expresamente o consentimento, caso en que deberá presentar as certificacións nos termos previstos regulamentariamente.

5. De conformidade coa Lei orgánica 15/1999, do 13 de decembro, de protección de datos de carácter persoal, os datos persoais recollidos na tramitación desta disposición, cuxo tratamento e publicación autoricen as persoas interesadas mediante a presentación das solicitudes, serán incluídos nun ficheiro denominado Relacións informativas coa cidadanía e entidades cuxo obxecto é xestionar o presente procedemento, así como para informar as persoas interesadas sobre o seu desenvolvemento. O órgano responsable deste ficheiro é a Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio. Os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición poderanse exercer ante a Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio, mediante o envío dunha comunicación ao seguinte enderezo: Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio/Secretaría Xeral Técnica; Edificio Administrativo de San Lázaro, s/n, 15781 Santiago de Compostela (A Coruña), ou a través dun correo electrónico a sxt.mot@xunta.gal

Artigo 9. Documentación

Xunto coa solicitude de axuda, presentarase a seguinte documentación:

• Modelo de solicitude normalizado segundo o anexo II debidamente cuberto.

• Documento selado polos servizos veterinarios oficiais, que especifique o censo gandeiro da explotación e que sexa fiel reflexo da información que consta na base de datos da aplicación informática da Consellería do Medio Rural, unicamente en solicitudes de axuda para métodos de prevención de danos ocasionados polo lobo sobre explotacións gandeiras (cans mastíns, pastores eléctricos e mallas electrificadas).

• Documento selado polos servizos veterinarios oficiais, que especifique o número de asentamentos no caso de explotacións apícolas, e que sexa fiel reflexo da información que consta na base de datos da aplicación informática da Consellería do Medio Rural, unicamente en solicitudes de axuda para métodos de prevención de danos ocasionados polo oso, o xabaril ou outras especies de fauna silvestre sobre explotacións gandeiras (pastores eléctricos).

• Documento acreditativo da inscrición no Rexistro de Explotacións Agrarias de Galicia, unicamente en solicitudes de axuda para métodos de prevención de danos ocasionados polo xabaril e outras especies de fauna silvestre ocasionados sobre explotacións agrarias (pastores eléctricos), no caso de non autorizar a súa consulta.

• Documento acreditativo da superficie agrícola que foi subvencionada polas axudas da política agraria comunitaria (PAC) do ano 2015, de ser o caso.

• Fotocopia do DNI da persoa solicitante, no suposto de persoas físicas, só no caso de non autorizar a súa consulta.

• Cando se actúe en nome doutra persoa física ou xurídica, fotocopia do DNI da persoa representante, só no caso de non autorizar a súa consulta.

• Fotocopia do NIF do titular da explotación, no suposto de persoas xurídicas, só no caso de denegar expresamente a súa consulta.

• Se o titular é unha persoa xurídica, acordo do órgano competente desta polo que se aprobou a solicitude desta axuda.

• Cando se actúe en nome doutra persoa física ou xurídica deberase acreditar a representación con que se actúa e, ademais, o acordo dos partícipes para solicitar a subvención. Cando se trate dunha comunidade de bens, ademais, acreditarase que o acordo foi tomado pola maioría dos seus membros e o réxime de participación de cada un deles na dita comunidade.

• A sede electrónica da Xunta de Galicia ten á disposición das persoas interesadas unha serie de modelos normalizados dos trámites máis comunmente utilizados na tramitación administrativa, que poderán ser presentados en calquera dos lugares e rexistros establecidos no artigo 38.4 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Artigo 10. Prazo de presentación de solicitudes

O prazo de presentación das solicitudes será dun mes, contado a partir da data de entrada en vigor desta orde. Entenderase como último día do prazo o correspondente ao mesmo ordinal do día da publicación. Se o último día do prazo é inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte, e se no mes de vencemento non hai día equivalente ao inicial do cómputo, entenderase que o prazo expira o último do mes.

Artigo 11. Criterios para a concesión da axuda

a) Para a concesión das axudas para prevención de danos a explotacións gandeiras, establécense os seguintes criterios de valoración, por orde de preferencia:

1. No caso de danos producidos polo lobo:

1.1. Localización da explotación gandeira: outorgaranse 10 puntos a aquelas explotacións localizadas nalgún dos concellos indicados no anexo III desta orde.

1.2. Presenza e densidade de lobo no concello: en función do mapa de zonificación establecido no Plan de xestión do lobo, aprobado mediante o Decreto 297/2008, do 30 de decembro, outorgarase a seguinte puntuación de acordo coa asignación da explotación ás seguintes zonas:

– Zona 1: 12 puntos.

– Zona 2: 4 puntos.

– Zona 3: 1 punto.

1.3. Número de cabezas de gando:

Gando maior, máis de 10 cabezas: 4 puntos.

Gando maior, máis de 20 cabezas: 10 puntos.

Gando maior, máis de 40 cabezas: 20 puntos.

Gando menor, máis de 30 cabezas: 4 puntos.

Gando menor, máis de 60 cabezas: 10 puntos.

Gando menor, máis de 100 cabezas: 20 puntos.

2. No caso de danos producidos polo oso, establécese como criterio de valoración, por orde de preferencia:

2.1. O número de asentamentos que posúe cada explotación apícola.

De 0 a 5 asentamentos: 4 puntos.

De 6 a 10 asentamentos: 10 puntos.

Máis de 10 asentamentos: 20 puntos.

2.2. A preexistencia de danos comunicados nos dous últimos anos na explotación: 10 puntos.

2.3. Explotacións apícolas que estean comprendidas, total ou parcialmente, nalgún dos concellos da zona oseira e a súa área de influencia: 20 puntos.

b) Para a concesión das axudas para prevención de danos a explotacións agrarias, establécense os seguintes criterios de valoración, por orde de preferencia:

1. Explotacións agrícolas que estean comprendidas, total ou parcialmente, nalgún dos concellos indicados no anexo V da presente orde: 20 puntos.

2. Superficie total xestionada pola explotación agrícola:

– Menor ou igual a 10 hectáreas: 5 puntos.

– Máis de 10 a 25 hectáreas: 10 puntos.

– Máis de 25 hectáreas: 20 puntos.

O criterio de repartición será atendendo ás solicitudes ordenadas de maior a menor puntuación, ata esgotar o crédito.

Artigo 12. Tramitación

As solicitudes remitiranse á Dirección Xeral de Conservación da Natureza da Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio. O Servizo de Caza e Pesca Fluvial examinará e revisará a documentación acompañante que se especifica no artigo 9 desta orde.

No caso de que fosen detectados erros ou omisións, requirirase a persoa interesada para que, no prazo de dez días contados desde o seguinte ao de recepción do requirimento, emende ou complete a solicitude, coa indicación de que, se non o fai así, se terá por desistido da súa petición logo de resolución que deberá ser ditada nos termos previstos no artigo 42 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

O Servizo de Caza e Pesca Fluvial emitirá informes á Subdirección Xeral de Biodiversidade e de Recursos Cinexéticos e Piscícolas para que esta continúe coa súa tramitación.

Unha vez recibidos os informes do Servizo de Caza e Pesca Fluvial, a Subdirección Xeral de Biodiversidade e de Recursos Cinexéticos e Piscícolas, como órgano instrutor, realizará as propostas de resolución das solicitudes realizadas ata esgotar o crédito consignado para o efecto.

En ningún caso se concederán aboamentos á conta ou pagamentos anticipados.

Artigo 13. Resolución e recursos

1. De conformidade co establecido no artigo 7 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, a competencia para a concesión das axudas reguladas nesta orde corresponde á persoa titular da consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio. A resolución que poña fin ao procedemento será motivada con suxeición ao establecido nas bases reguladoras desta orde.

2. O prazo máximo para resolver será de tres meses desde a presentación da solicitude de axuda. Transcorrido o prazo sen que se dite resolución expresa, as persoas solicitantes poderán entender desestimada a súa solicitude, nos termos previstos no artigo 44.1 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, e no artigo 23.5 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

3. A resolución ditada, segundo o disposto no número 1 deste artigo, poñerá fin á vía administrativa e contra ela poderase interpoñer recurso potestativo de reposición ante a persoa titular da Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio, no prazo dun mes a partir da notificación da resolución, ou ben impugnala directamente diante do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses se a resolución é expresa, de acordo co disposto nos artigos 116 e 117 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, modificada pola Lei 4/1999, e 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Artigo 14. Aceptación da axuda concedida

O outorgamento da subvención debe ser aceptado pola persoa beneficiaria no prazo máximo de dez (10) días desde a súa notificación, coas condicións específicas recollidas nesta orde. No caso de que a persoa beneficiaria non comunique a súa aceptación dentro do prazo indicado, considerarase que se entende tacitamente aceptada a axuda concedida.

Artigo 15. Compatibilidade

As axudas previstas nesta orde serán compatibles con outras subvencións de calquera outra Administración pública para as mesmas finalidades, sempre e cando a suma das subvencións concedidas non supere o importe total dos gastos conforme o establecido no artigo 17.3 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

Artigo 16. Publicidade da resolución

1. A Dirección Xeral de Conservación da Natureza ordenará a publicación no Diario Oficial de Galicia das subvencións concedidas, expresando a convocatoria, programa e crédito orzamentario a que se imputen, persoa beneficiaria, cantidade concedida e finalidade da subvención.

2. Así mesmo, a persoa beneficiaria das axudas deberá cumprir coa exixencia de publicidade da axuda concedida segundo o disposto no artigo 15.3 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

Artigo 17. Rexistro Público de Subvencións

1. A concesión das axudas para a prevención dos danos ocasionados polas especies de fauna silvestre reguladas nesta orde será obxecto de inscrición no Rexistro Público de Axudas, Subvencións, Convenios e de Sancións dependente da Consellería de Facenda, co fin da ordenación e coñecemento da actividade subvencional en Galicia.

2. As persoas interesadas terán, en calquera momento, o dereito de acceso, rectificación, cancelación e oposición dos seus datos que figuren no Rexistro Público de Subvencións, de conformidade co establecido na Lei orgánica 15/1999, do 13 de decembro, de protección de datos de carácter persoal.

3. A solicitude para ser persoa beneficiaria de axudas para a prevención dos danos producidos por especies silvestres incluídas nesta orde levará implícita a autorización, no suposto de que se lle conceda a axuda solicitada, para a inscrición, no Rexistro Público de Axudas, Subvencións, Convenios e de Sancións dependente da Consellería de Facenda, dos datos facilitados á Xunta de Galicia na solicitude. Non obstante, as persoas solicitantes poderán denegar expresamente o seu consentimento á inscrición dos seus datos no Rexistro Público de Subvencións cando concorran algunha das circunstancias previstas na alínea d), do número 2, do artigo 15 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

4. En cumprimento do disposto no artigo 20 da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, o texto da convocatoria e a información requirida no ordinal oitavo do devandito artigo será comunicado á Base de datos nacional de subvencións (BDNS). A BDNS dará traslado ao Diario Oficial de Galicia do extracto da convocatoria para a súa publicación.

Artigo 18. Xustificación do gasto

1. Con carácter xeral e salvo que a resolución de concesión da axuda dispoña o contrario, o prazo para xustificar o remate das actividades e o pagamento dos conceptos correspondentes a elas finalizará o día 30 de setembro de 2016. Porén, poderase conceder, por petición xustificada da persoa interesada realizada antes da finalización do prazo establecido sempre que non se prexudiquen dereitos de terceiros, unha ampliación do prazo de xustificación das axudas que non excederá a metade do prazo inicialmente previsto.

2. Para a xustificación do investimento obxecto de axuda, a persoa beneficiaria deberá presentar a seguinte documentación:

a) Solicitude de pagamento segundo o anexo VI.

b) Unha memoria de actuación xustificativa do cumprimento das condicións impostas na concesión da subvención, con indicación das actividades realizadas e dos resultados obtidos, así como acreditar, de ser o caso, o disposto no artigo 29.3 da Lei de subvencións de Galicia. Esta memoria axustarase ao modelo do anexo VII.

c) Unha relación clasificada dos gastos e investimentos da actividade, con identificación do acredor e do documento, o seu importe, a data de emisión e a data de pagamento, segundo o modelo do anexo VIII.

d) Facturas orixinais ou copias compulsadas delas xunto cos extractos de contas ou certificacións bancarias debidamente identificados, selados e asinados pola persoa beneficiaria, de xeito que quede acreditada a efectiva realización dos pagamentos.

e) No caso de adquisición de cans mastíns achegarase, ademais do especificado nas alíneas anteriores, o certificado expedido por unha persoa licenciada en veterinaria colexiada en que se acredite a idade do can e a súa raza. Deberase acompañar, así mesmo, da documentación sobre os controis sanitarios.

3. Vista a documentación presentada, a Dirección Xeral de Conservación da Natureza fará, de ser o caso, proposta de pagamento da subvención concedida.

Artigo 19. Modificación das actividades subvencionadas

Calquera modificación que se pretenda realizar nas actividades aprobadas, tanto no referente ao orzamento aprobado como ás distintas partidas que o compoñen, requirirá a aceptación expresa e previa da directora xeral de Conservación da Natureza, por delegación da conselleira de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio. Para tal efecto, realizarase unha proposta de modificación xustificada, que se deberá presentar con quince días hábiles de anticipación á súa realización.

Artigo 20. Pagamento

1. O pagamento corresponderase co importe da subvención aprobada. Excepcionalmente, por resolución da persoa titular da dirección xeral, poderá subvencionarse só unha parte dos gastos aprobados sempre que se xustifique documentalmente o motivo de non ter realizado o total do gasto e que a parte executada constitúa unha unidade operativa independente.

2. Non poderá realizarse o pagamento da subvención mentres a persoa beneficiaria non se encontre ao día no cumprimento das súas obrigas tributarias e fronte á Seguridade Social e teña pendente de pagamento algunha débeda coa Administración pública da comunidade autónoma ou sexa debedora por resolución de procedencia de reintegro, de acordo co disposto no artigo 31.7 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

3. No momento da xustificación da execución total do proxecto, con anterioridade ao pagamento, o beneficiario deberá presentar unha declaración complementaria do conxunto das axudas solicitadas, tanto das aprobadas ou concedidas como das pendentes de resolución, para esta mesma finalidade, das distintas administracións públicas competentes ou das súas entidades vinculadas ou dependentes.

Artigo 21. Crédito

As axudas concedidas ao abeiro desta orde serán financiadas pola Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio con cargo á aplicación orzamentaria 07.04.541.B.770.1, dos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2016, ata un importe de cento cincuenta mil euros (150.000 €) para as medidas de prevención de danos á gandaría e douscentos cincuenta mil euros (250.000 €) para as medidas de prevención de danos á agricultura, para o exercicio orzamentario, sen prexuízo de que unha vez atendidas todas as solicitudes para cada liña de actuación, poida utilizarse o posible orzamento sobrante nunha delas para atender solicitudes na outra.

O dito importe inicial poderá incrementarse con achegas adicionais despois da oportuna tramitación orzamentaria, axustándose ao disposto no artigo 31 da Lei 9/2007, de subvencións de Galicia.

Artigo 22. Control das actividades subvencionadas

A Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio poderá, en calquera momento, inspeccionar e controlar o destino das axudas e o cumprimento dos fins para os cales foron concedidas. En consecuencia, os servizos da Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio poderán solicitar, en calquera momento da tramitación do procedemento, canta documentación se considere necesaria para comprobar a adecuada execución das actividades que fosen obxecto das axudas, consonte o establecido no artigo 30.1 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

Artigo 23. Disposicións xerais

1. O réxime de infraccións e sancións aplicable será o establecido no título IV da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, así como no Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto, polo que se aproba o Regulamento do procedemento para o exercicio da potestade sancionadora.

2. Toda alteración das condicións tidas en conta para a concesión da subvención e, en todo caso, a obtención concorrente doutras outorgadas por outras administracións ou entes públicos ou privados, nacionais ou internacionais, poderá dar lugar á modificación da resolución de concesión, de acordo co disposto no artigo 17.4 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

3. As persoas beneficiarias están obrigadas a someterse ás actuacións de comprobación e control que poidan efectuar os servizos competentes da Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio, así como a facilitar toda a información que lles sexa requirida pola Intervención Xeral da comunidade autónoma, o Tribunal de Contas e o Consello de Contas, no exercicio das súas funcións de fiscalización e control do destino das axudas, así como a que lles requira calquera órgano comunitario de inspección ou control, de acordo co establecido no artigo 11 da Lei 9/2007, do 13 de xuño.

4. Procederá a revogación das axudas concedidas, así como o reintegro total ou parcial das contías percibidas e a exixencia dos xuros de demora, de acordo co establecido no artigo 36 da Lei 9/2007, citada, nos casos e termos previstos no artigo 33 da mesma lei.

5. A relación das axudas concedidas e denegadas farase pública a través da páxina web da consellería, nos termos establecidos no artigo 17 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, e tamén as sancións que se poidan impoñer, polo que a presentación da solicitude leva implícita a autorización para o tratamento necesario dos datos das persoas beneficiarias e da súa publicación na citada páxina web.

Disposición adicional única. Delegación de competencias

Autorízase expresamente a persoa titular da Dirección Xeral de Conservación da Natureza a actuar por delegación da persoa titular da Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio para resolver a concesión, denegación, modificación ou outras incidencias das subvencións previstas nesta orde, así como para autorizar e dispoñer gastos, recoñecer a obriga e propoñer os correspondentes pagamentos, en relación co disposto no artigo 73.a) do Decreto lexislativo 1/1999, do 7 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de réxime financeiro e orzamentario de Galicia.

Así mesmo, deléganse na persoa titular da Dirección Xeral de Conservación da Natureza as facultades relativas aos procedementos de reintegro sinaladas no título II da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

Disposición derradeira primeira. Desenvolvemento

Facúltase a persoa titular da Dirección Xeral de Conservación da Natureza para que dite, no ámbito das súas competencias, as instrucións necesarias para o desenvolvemento e cumprimento do establecido nesta orde.

Disposición derradeira segunda. Entrada en vigor

Esta orde entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 29 de xullo de 2016

Beatriz Mato Otero
Conselleira de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio

ANEXO I

– Emprego de cerrumes:

Consiste na instalación de valados con malla electrificada. É outro dos métodos utilizados para evitar que os depredadores accedan ao gando.

Os animais que tocan os arames condutores do valado reciben unha pequena descarga eléctrica. Esta experiencia desagradable é aprendida e así conséguese que non intenten achegarse de novo ao cercado.

Un valado electrificado instálase rodeando a parcela ou superficie en que se atopa o gando durante o día ou cercando os currais onde pasa a noite. Os valados electrificados desmontables permiten cambiar a súa situación en función das necesidades do gando.

As mallas electrificadas teñen que ter as seguintes especificacións:

– Altura mínima 1 m.

–Lonxitude mínima 50 m.

missing image file
missing image file
missing image file

ANEXO III

Concellos con ataques do lobo constatados sobre o gando e producidos entre
o 1 de outubro de 2014 e o 30 de setembro de 2015

Concello

Aranga

Arzúa

Boimorto

Boiro

Boqueixón

Capela, A

Carballo

Cerceda

Cesuras

Curtis

Dumbría

Fisterra

Frades

Irixoa

Laracha, A

Lousame

Mazaricos

Melide

Mesía

Monfero

Negreira

Ordes

Oroso

Pino, O

Porto do Son

Ribeira

Santa Comba

Santiago de Compostela

Sobrado

Teo

Toques

Touro

Trazo

Vilasantar

Vimianzo

Abadín

Alfoz

Antas de Ulla

Baralla

Becerreá

Begonte

Carballedo

Castro de Rei

Castroverde

Chantada

Corgo, O

Cospeito

Folgoso do Courel

Fonsagrada, A

Friol

Guitiriz

Guntín

Incio, O

Lugo

Mondoñedo

Monterroso

Muras

Negueira de Muñiz

Ourol

Outeiro de Rei

Pantón

Paradela

Pastoriza, A

Pol

Riotorto

Sober

Taboada

Triacastela

Valadouro, O

Vilalba

Viveiro

Xermade

Allariz

Baños de Molgas

Blancos, Os

Celanova

Chandrexa de Queixa

Entrimo

Lobeira

Lobios

Maceda

Manzaneda

Melón

Mezquita, A

Montederramo

Nogueira de Ramuín

Parada de Sil

Pobra de Trives, A

Ramirás

San Xoán de Río

Sarreaus

Teixeira, A

Vilar de Barrio

Vilariño de Conso

Xinzo de Limia

Xunqueira de Espadanedo

Agolada

Cañiza, A

Cerdedo

Covelo, O

Crecente

Cuntis

Estrada, A

Forcarei

Fornelos de Montes

Lalín

Moraña

Rodeiro

Silleda

Vila de Cruces

ANEXO IV
Concellos da zona oseira e área de influencia

Concello

Baleira

Cervantes

Folgoso do Courel

Fonsagrada, A

Navia de Suarna

Negueira de Muñiz

Nogais, As

Pedrafita do Cebreiro

Pobra do Brollón, A

Quiroga

Ribas de Sil

Samos

Triacastela

ANEXO V
Concellos con maior probabilidade de incidencia de danos

Concello

A Arnoia

A Baña

A Cañiza

A Estrada

A Gudiña

A Pobra de Trives

A Rúa

A Teixeira

Abadín

Abegondo

Agolada

Alfoz

Allariz

Ames

Antas de Ulla

Aranga

Arteixo

Baiona

Baralla

Beade

Becerreá

Begonte

Bergondo

Boborás

Boiro

Boqueixón

Bóveda

Brión

Bueu

Cabana de Bergantiños

Caldas de Reis

Camariñas

Cambados

Cambre

Campo Lameiro

Cangas

Capela, A

Carballeda de Avia

Carballeda de Valdeorras

Carballedo

Carballo

Cariño

Carnota

Carral

Castrelo de Miño

Castrelo do Val

Castro Caldelas

Castro de Rei

Castroverde

Catoira

Cedeira

Cee

Celanova

Cenlle

Cerceda

Cerdedo

Cerdido

Cervantes

Cervo

Chantada

Coirós

Corgo, O

Coristanco

Cortegada

Cospeito

Cotobade

Covelo

Crecente

Culleredo

Cuntis

Curtis

Dodro

Dozón

Dumbría

Ferrol

Folgoso do Courel

Fonsagrada, A

Forcarei

Fornelos de Montes

Foz

Frades

Friol

Gondomar

Guitiriz

Guntín

Incio, O

Irixoa

Lalín

Laracha, A

Larouco

Laxe

Leiro

Lousame

Lugo

Malpica de Bergantiños

Manzaneda

Mañón

Marín

Mazaricos

Meaño

Meira

Meis

Mesía

Miño

Moaña

Moeche

Mondariz

Monforte de Lemos

Monterrei

Mos

Muras

Muros

Muxía

Narón

Navia de Suarna

Neda

Negreira

Neves, As

Nigrán

Nogais, As

Nogueira de Ramuín

Noia

O Barco de Valdeorras

O Bolo

O Carballiño

O Porriño

O Saviñao

Oímbra

Oleiros

Ordes

Oroso

Ortigueira

Ourense

Ourol

Outeiro de Rei

Outes

Oza-Cesuras

Paderne

Padrenda

Padrón

Pantón

Parada de Sil

Pastoriza, A

Pazos de Borbén

Petín

Pino, O

Piñor

Pobra do Brollón, A

Pobra do Caramiñal, A

Ponteareas

Ponteceso

Pontecesures

Pontedeume

Pontes de García Rodríguez, As

Pontevedra

Portas

Porto do Son

Portomarín

Rábade

Rairiz de Veiga

Redondela

Rianxo

Ribadavia

Ribadeo

Ribadumia

Ribeira

Riotorto

Rodeiro

Rois

Rubiá

Sada

Salceda de Caselas

Salvaterra de Miño

San Amaro

San Cristovo de Cea

San Sadurniño

Santa Comba

Santiago de Compostela

Sanxenxo

Sarria

Silleda

Somozas, As

Soutomaior

Taboada

Teo

Toén

Tordoia

Touro

Trabada

Trazo

Val do Dubra

Valadouro, O

Valdoviño

Valga

Vedra

Verín

Viana do Bolo

Vicedo, O

Vigo

Vila de Cruces

Vilagarcía de Arousa

Vilalba

Vilamartín de Valdeorras

Vilanova de Arousa

Vilarmaior

Vimianzo

Viveiro

Xermade

Xove

Zas

missing image file
missing image file
missing image file