Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 154 Mércores, 17 de agosto de 2016 Páx. 36374

III. Outras disposicións

Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

RESOLUCIÓN do 3 de agosto de 2016, da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, pola que se procede a designar os membros e a facer pública a composición do xurado de selección que analizará e valorará as solicitudes dos aspirantes aos premios extraordinarios nas ensinanzas artísticas profesionais nas modalidades de Música, de Danza e de Artes Plásticas e Deseño na Comunidade Autónoma de Galicia correspondentes ao curso 2015/16.

En virtude da autorización conferida pola disposición derradeira primeira da Orde do 14 de xullo de 2016 (Diario Oficial de Galicia do 2 de agosto) pola que se convocan os premios extraordinarios nas ensinanzas artísticas profesionais nas modalidades de Música, Danza e de Artes Plásticas e Deseño na Comunidade Autónoma de Galicia, correspondentes ao curso 2015/16, e de conformidade co establecido no artigo 8 desa orde, en relación coa composición do xurado de selección encargado da análise e valoración das solicitudes,

DISPOÑO:

Primeiro. Designar os membros do xurado de selección que deberá analizar e valorar as solicitudes dos aspirantes aos premios extraordinarios nas ensinanzas artísticas profesionais nas modalidades de Música, Danza e de Artes Plásticas e Deseño na Comunidade Autónoma de Galicia, correspondentes ao curso 2015/16 e facer pública a súa composición que é a que figura no anexo a esta resolución.

Segundo. O xurado poderá dispoñer a constitución dunha comisión técnica especializada para colaborar na valoración dos méritos dos aspirantes.

Terceiro. Esta resolución entrará en vigor o mesmo día da súa publicación.

Santiago de Compostela, 3 de agosto de 2016

Manuel Corredoira López
Director xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa

ANEXO

Xurado de selección.

a) Modalidade de Música.

Presidente: Juan Durán Alonso, subdirector xeral de Aprendizaxe Permanente e Ensinanzas de Réxime Especial, por delegación do director xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa.

Vogais:

Álvaro Ariño Roure, xefe do Servizo de Ensinanzas de Réxime Especial.

Gustavo Lorenzo Prozzo, inspector de Educación.

Mª Teresa Bárbara Criado, profesora de música e artes escénicas.

Secretaria: Margarita Castelo Legarreta, funcionaria da Subdirección Xeral Aprendizaxe Permanente e Ensinanzas de Réxime Especial, que actuará con voz e sen voto.

b) Modalidade de Danza.

Presidente: Juan Durán Alonso, subdirector xeral de Aprendizaxe Permanente e Ensinanzas de Réxime Especial, por delegación do director xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa.

Vogais:

Álvaro Ariño Roure, xefe do Servizo de Ensinanzas de Réxime Especial.

Concepción Aramburu Sánchez, inspectora de Educación.

María Ángeles Gayoso Diz, profesora de música e artes escénicas.

Secretaria: Margarita Castelo Legarreta, funcionaria da Subdirección Xeral Aprendizaxe Permanente e Ensinanzas de Réxime Especial, que actuará con voz e sen voto.

c) Modalidade de Artes Plásticas e Deseño.

Presidente: Juan Durán Alonso, subdirector xeral de Aprendizaxe Permanente e Ensinanzas de Réxime Especial, por delegación do director xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa.

Vogais:

Álvaro Ariño Roure, xefe do Servizo de Ensinanzas de Réxime Especial.

Jesús Risueño López, inspector de Educación.

Gonzalo Porral Mato, profesor de artes plásticas e o deseño.

Secretaria: Margarita Castelo Legarreta, funcionaria da Subdirección Xeral Aprendizaxe Permanente e Ensinanzas de Réxime Especial, que actuará con voz e sen voto.