No taboleiro de anuncios do Instituto Galego da Calidade Alimentaria e na súa web: http://www.medioruralemar.xunta.es/nc/areas/investigacion_e_formacion/instituto_galego_da_calidade_alimentaria/documentacion/persoal/ aparecen integramente publicadas as bases da convocatoria do proceso selectivo para a contratación dun/dunha técnico I mediante a modalidade contractual por obra ou servizo de duración determinada para o desenvolvemento do proxecto de investigación denominado: «Cara a un sistema de autenticación da orixe do leite de vacún: estudo da relación entre o sistema de alimentación e a presenza de biomarcadores na graxa do leite potencialmente útiles como trazadores da súa procedencia en dietas típicas de Galicia e a Cornixa Cantábrica» (referencia RTA2014-00086-C03-03).
O prazo de presentación de solicitudes será de sete (7) días hábiles desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.
Os sucesivos anuncios desta convocatoria, cando procedan de conformidade coas bases, publicaranse no dito enderezo electrónico e no taboleiro de anuncios do Instituto Galego da Calidade Alimentaria.
Santiago de Compostela, 1 de agosto de 2016
Tomás Fernández-Couto Juanas
Director do Instituto Galego da Calidade Alimentaria