Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 156 Venres, 19 de agosto de 2016 Páx. 36961

III. Outras disposicións

Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

ORDE do 4 de agosto de 2016 pola que se convocan, con carácter gratuíto, cursos de linguaxe administrativa galega e cursos preparatorios para os certificados de lingua galega, Celga, que se realizarán en distintos períodos e en varias escolas oficiais de idiomas de Galicia.

O Estatuto de autonomía para Galicia establece que os poderes públicos de Galicia deberán garantir o uso normal e oficial do idioma galego e potenciar o seu emprego. Neste sentido, o artigo 1 do Decreto 4/2013, do 10 de xaneiro, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, dispón que a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria é o órgano da Administración da Comunidade Autónoma de Galicia ao cal lle corresponden as competencias e funcións en materia de promoción e ensino da lingua galega, así como a dirección, planificación, coordinación e execución da política lingüística da Xunta de Galicia.

Pola súa parte, o artigo 59 da Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación, establece que as escolas oficiais de idiomas teñen por obxecto capacitar o alumnado para o emprego axeitado dos idiomas fóra das etapas ordinarias do sistema educativo, cunha organización en tres niveis: básico, intermedio e avanzado. Nesta mesma lei, no punto 4 do artigo 60, disponse que, de acordo co que establezan as administracións educativas, as escolas oficiais de idiomas poderán impartir cursos para a actualización dos coñecementos de idiomas e para a formación do profesorado e doutros colectivos profesionais.

Por iso, no uso das funcións que a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria ten atribuídas,

DISPOÑO:

Artigo 1. Obxecto

Esta orde ten por obxecto convocar, con carácter gratuíto, cursos de linguaxe administrativa galega de nivel medio e superior, presenciais e en liña, e cursos preparatorios para a consecución dos certificados de lingua galega (Celga), para o curso 2016/17, nas escolas oficiais de idiomas de Galicia que se indican nos anexos II e IV, respectivamente.

Os cursos impartiranse entre setembro de 2016 e maio de 2017, en horario de mañá ou de tarde.

Artigo 2. Consentimentos e autorizacións

1. A tramitación do procedemento require a incorporación de datos en poder das administracións públicas. Polo tanto, os modelos de solicitude incluirán autorizacións expresas ao órgano xestor para realizar as comprobacións oportunas que acrediten a veracidade dos datos. No caso de que non se autorice o órgano xestor para realizar esta operación, deberán achegarse os documentos comprobantes dos datos, nos termos exixidos polas normas reguladoras do procedemento.

2. Ás solicitudes das persoas interesadas deberán xuntarse os documentos ou informacións previstos nesta norma, salvo que estes xa estivesen en poder da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia; neste caso, as persoas interesadas poderán acollerse ao establecido no artigo 35.f) da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, sempre que se faga constar a data e o órgano ou a dependencia en que foron presentados ou, se é o caso, emitidos, e cando non transcorresen máis de cinco anos desde a finalización do procedemento a que correspondan.

Nos supostos de imposibilidade material de obter o documento, o órgano competente poderá requirirlle á persoa solicitante ou representante a súa presentación, ou, na súa falta, a acreditación por outros medios dos requisitos a que se refire o documento, con anterioridade á formulación da proposta de resolución.

Artigo 3. Datos de carácter persoal

De conformidade coa Lei orgánica 15/1999, do 13 de decembro, de protección de datos de carácter persoal, os datos persoais recollidos na tramitación desta disposición, cuxo tratamento e publicación autorizan as persoas interesadas mediante a presentación das solicitudes, serán incluídos nun ficheiro denominado «Alumnado», regulado na Orde do 26 de marzo de 2012 (DOG núm. 66, do 4 de abril) desta consellería. O órgano responsable deste ficheiro é a Secretaría Xeral Técnica. Os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición poderanse exercer ante a Secretaría Xeral Técnica, mediante o envío dunha comunicación ao seguinte enderezo: Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria-Secretaría Xeral Técnica-Edificio Administrativo San Caetano, s/n-15781 Santiago de Compostela, ou a través dun correo electrónico a sxt.cultura.educacion@xunta.gal

Artigo 4. Persoas beneficiarias dos cursos

a) Os cursos de linguaxe administrativa galega de nivel medio e superior van dirixidos aos/ás empregados/as públicos/as da Administración autonómica, da Administración local e da Administración periférica do Estado na Comunidade Autónoma de Galicia, exceptuando o persoal docente da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e o persoal sanitario, non entendendo por tales os empregados públicos da escala de saúde pública e Administración sanitaria creada pola Lei 17/1989, do 23 de outubro, de creación de escalas de persoal sanitario ao servizo da Comunidade Autónoma de Galicia.

Toda persoa solicitante deberá encontrarse en situación de servizo activo ou ben en excedencia polo coidado dun/dunha fillo/a ou dun/dunha familiar; e aquela que ao inicio do curso se atope en situación de baixa laboral por incapacidade temporal quedará automaticamente excluída da listaxe do persoal seleccionado.

Poderán tamén solicitar a realización destes cursos as persoas maiores de dezaseis anos que non sexan empregados/as públicos/as e posúan os certificados ou acreditacións equivalentes recollidos no artigo 5 desta orde. Neste suposto só se poderá optar ás prazas no caso de que non sexan cubertas por empregados/as públicos/as as prazas ofertadas para cada curso.

b) Os cursos preparatorios para os certificados de lingua galega, Celga, poderán ser solicitados por todas as persoas maiores de dezaseis anos, ou aquelas que os fagan no ano natural da convocatoria, que desexen preparar as probas convocadas pola Secretaría Xeral de Política Lingüística para certificar a súa competencia en lingua galega.

Artigo 5. Solicitudes e prazos

Para os cursos de linguaxe administrativa galega, presenciais e en liña, e para os cursos preparatorios de lingua galega, Celga, as solicitudes presentaranse na secretaría da escola oficial de idiomas onde teña lugar o curso, sen prexuízo da súa presentación en soporte papel por calquera dos medios establecidos no artigo 38.4 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, utilizando o formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.es. Os centros tamén lles poderán facilitar ás persoas interesadas os modelos que se xuntan como anexos I (cód. ED104G) e III (cód. ED104H) desta orde.

O prazo para a presentación das solicitudes abranguerá desde o día seguinte á data de publicación da presente orde no Diario Oficial de Galicia ata o 9 de setembro de 2016, para os cursos do primeiro cuadrimestre (outubro-xaneiro); e desde o 12 de decembro de 2016 ata o 2 de xaneiro de 2017, para os cursos do segundo cuadrimestre (febreiro-maio).

O alumnado que aspire a participar nos cursos de linguaxe administrativa galega xuntará ao modelo de solicitude (anexo I) copia do DNI da persoa solicitante (só no caso de non autorizar a súa consulta no Sistema de verificación de datos de identidade) e o xustificante de ser persoal das diferentes administracións públicas de Galicia en situación de servizo activo ou excedencia polo coidado dun/dunha fillo/a ou dun/dunha familiar.

Para acceder ao curso medio de linguaxe administrativa os/as aspirantes deberán estar en posesión dalgún dos certificados seguintes: Celga 4, cursos de iniciación e perfeccionamento de lingua galega, curso básico de linguaxe administrativa galega, curso básico para o persoal da Administración de xustiza ou curso básico de linguaxe administrativa sanitaria.

Para acceder ao curso superior de linguaxe administrativa os/as aspirantes deberán estar en posesión dalgún dos certificados seguintes: curso medio de linguaxe administrativa galega, curso medio de linguaxe xurídica galega ou calquera dos cursos equivalentes a estes, que se establecen no punto 2 do artigo 5 da Orde do 13 de xuño de 2011 (DOG núm. 121, do 24 de xuño) pola que se regulan os cursos de linguaxe administrativa e xurídica galegas.

Non obstante o disposto nos parágrafos anteriores, só nos casos de non autorizar a súa consulta e de validacións dos niveis correspondentes, deberán presentarse as correspondentes copias cotexadas xunto coa solicitude.

En todo caso, se nos arquivos da Administración non consta algún dos anteditos certificados, seralle solicitado á persoa interesada para que o achegue antes de comezar o curso.

O alumnado que aspire a participar nos cursos preparatorios de lingua galega, Celga, xuntará ao modelo de solicitude (anexo III) copia do DNI da persoa solicitante (só no caso de non autorizar a súa consulta no Sistema de verificación de datos de identidade).

Sempre que se realice a presentación de documentos separadamente da solicitude, a persoa interesada ou representante deberá mencionar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de expediente e o número ou código único de rexistro.

A sede electrónica da Xunta de Galicia ten á disposición das persoas interesadas unha serie de modelos normalizados dos trámites máis comunmente utilizados na tramitación administrativa, que poderán ser presentados en calquera dos lugares e rexistros establecidos no artigo 38.4 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Con respecto aos cursos Celga, só se poderá solicitar un único curso por cuadrimestre nunha soa escola oficial de idiomas. Con respecto aos cursos de linguaxe administrativa galega, só se poderá facer unha única solicitude por cuadrimestre, ben dun curso presencial, ben dun curso en liña. De existir máis dunha solicitude do/a mesmo/a aspirante, anularanse todas as súas peticións.

A falsidade ou a ocultación de datos esenciais para a selección das persoas aspirantes dará lugar á exclusión automática do curso solicitado.

Artigo 6. Asignación das prazas

Os cursos terán un número mínimo de 15 participantes e un número máximo de 25.

No caso de que un curso non acade o número mínimo de solicitantes, a Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa poderá autorizar expresamente a súa realización. No caso de non realizarse o curso, a escola oficial de idiomas comunicarállelo ás persoas solicitantes.

Se un curso ten un número de solicitantes, que cumpran os requisitos, maior que o número de prazas dispoñibles, a asignación farase por sorteo. Finalizado o prazo de solicitude, cada escola fará un sorteo en acto público no cal se extraerá unha letra de prioridade para o primeiro apelido.

As escolas oficiais de idiomas ordenarán alfabeticamente as listaxes de aspirantes que cumpran os requisitos para cada curso polo primeiro apelido, o segundo apelido, o primeiro nome e, de ser o caso, o segundo nome. As prazas para cada curso que se realice nesa escola adxudicaranse seguindo a orde da listaxe de aspirantes, e comezando pola primeira persoa cuxo primeiro apelido coincida coa letra obtida no sorteo. De non haber aspirantes co primeiro apelido da letra obtida no sorteo, pasarase á letra inmediatamente seguinte por orde alfabética.

Para os cursos de linguaxe administrativa en liña, no caso de quedaren prazas vacantes nalgunha escola, estas cubriranse con solicitantes doutras escolas, despois dun novo sorteo entre todas as persoas en lista de espera, ata completar todos os grupos ofertados.

As listas de seleccionados/as para participar tanto nos cursos de linguaxe administrativa galega como nos cursos preparatorios para os certificados de lingua galega, Celga, así como as datas de comezo destes, faranse públicas nos taboleiros de anuncios da escola oficial de idiomas en que terá lugar o curso e na súa páxina web. Ademais, para os cursos de linguaxe administrativa en liña, as escolas enviarán as listaxes de persoas admitidas e tamén as listaxes de espera á asesoría de escolas oficiais de idiomas e á coordinación dos cursos. Estas listaxes deberán incluír os seguintes datos: nome e apelidos, DNI, conta de correo electrónico (distinta de yahoo) e teléfono de contacto.

Artigo 7. Características dos cursos de linguaxe administrativa galega: programación, contidos, profesorado e avaliación

1. Contidos.

Os cursos medio e superior de linguaxe administrativa galega terán unha duración de 75 horas e axustaranse aos contidos sinalados nos anexos I e II, respectivamente, da Orde do 13 de xuño de 2011 (DOG núm. 121, do 24 de xuño) pola que se regulan os cursos de linguaxe administrativa e xurídica galegas.

2. Cursos na modalidade presencial.

a) Cada curso presencial terá unha duración de 75 horas, distribuídas da seguinte maneira: 60 horas lectivas, coa obrigada presenza do alumnado nas aulas, e 15 horas de tratamento individualizado conducentes a que cada alumno/a elabore e presente un traballo, de carácter obrigatorio, programado polo/a profesor/a.

b) A asistencia ás clases é obrigatoria. A ausencia, xustificada ou non, de cada asistente non poderá superar o 10 % (6 horas) da duración lectiva do curso.

c) A avaliación do alumnado dos cursos de linguaxe administrativa galega basearase no principio de avaliación progresiva e continua. E terase en conta o dominio da materia, o traballo diario na aula e a realización das actividades e das probas programadas.

Para poder superar os cursos de linguaxe administrativa de nivel medio e superior na modalidade presencial, é necesario cumprir unha serie de requisitos obrigatorios:

• Un traballo final feito fóra da aula polos/as alumnos/as. Para os cursos medios a extensión mínima do traballo é de 5 páxinas, e para os superiores, de 8 páxinas. Os traballos constarán das seguintes partes: un ou varios documentos orixinais; a corrección ou, se é o caso, tradución mellorada dese(s) documento(s) e un comentario razoado dos cambios introducidos.

• Cinco tarefas feitas nas aulas durante os cursos.

• Unha proba final que constará de dúas partes, unha escrita e outra oral.

Estas actividades deben ser presentadas nos prazos estipulados na programación didáctica do curso; de non facelo, perderase o dereito a presentarse ao exame final.

Para adquirir o dereito ao diploma é necesario superar o conxunto das partes, actividades obrigatorias e probas finais, segundo o sistema de avaliación establecido pola Secretaría Xeral de Política Lingüística, e cumprir os demais requisitos sinalados con anterioridade.

3. Cursos na modalidade de teleformación.

Requisitos técnicos: as persoas solicitantes deberán dispoñer dun equipamento informático que cumpra os seguintes requisitos técnicos:

• Ordenador con conexión á internet de banda larga.

• Navegador web actualizado con plugin de flash.

• Conta de correo electrónico especificada na solicitude (distinta de yahoo).

• Micrófono ou calquera medio alternativo que permita gravación de voz.

A avaliación que se efectúe nestes cursos será progresiva e continua, e terá en conta, entre outros elementos, o dominio da materia, a visualización dos contidos na aula virtual e a realización das actividades e das probas programadas.

Para poder superar os cursos de linguaxe administrativa de nivel medio e superior na modalidade de teleformación é necesario cumprir unha serie de requisitos obrigatorios na súa totalidade:

• Lectura detallada dos contidos do curso. O alumnado deberá visualizar, como mínimo, o 90 % dos contidos teóricos dispostos nos módulos do curso.

• Adecuada realización das actividades programadas. O alumnado deberá realizar as seguintes actividades obrigatorias e avaliables:

– Oito tarefas, segundo a disposición e as características que se determinen na guía didáctica do curso.

– Todas as prácticas de autorresolución dispostas nos módulos da teoría.

Estas actividades deben ser presentadas nos prazos estipulados na programación didáctica do curso. A non presentación das actividades obrigatorias suporá a perda automática do dereito a participar no exame final presencial.

– Unha proba final que constará de dúas partes, unha escrita e outra oral, de carácter presencial.

Para adquirir o dereito ao diploma é necesario superar o conxunto das partes, actividades obrigatorias e probas finais, segundo o sistema de avaliación establecido pola Secretaría Xeral de Política Lingüística, e cumprir os demais requisitos sinalados con anterioridade.

4. Profesorado.

Corresponderalle ao profesorado dos departamentos didácticos de galego con destino nas escolas oficiais de idiomas impartir ou titorizar os contidos sinalados na Orde do 13 de xuño de 2011 (DOG núm. 121, do 24 de xuño), de acordo coa programación didáctica establecida pola Secretaría Xeral de Política Lingüística para estes cursos, así como levar os correspondentes rexistros de asistencia e, cando corresponda, avaliar o alumnado. Igualmente, unha vez rematados os cursos, o profesorado deberá entregar nos respectivos gabinetes provinciais de normalización lingüística a seguinte documentación:

• Para os cursos presenciais: a acta final do curso asinada polo/a profesor/a responsable, os partes do control de asistencia coas sinaturas do alumnado, un informe do curso e as actividades obrigatorias coas correspondentes actas de avaliación. De ser o caso, tamén entregará as probas finais que avaliase xunto cos cadernos de avaliación correspondentes.

• Para os cursos en liña: a acta final do curso asinada polo/a titor/a e, de ser o caso, as probas finais que avaliase xunto cos cadernos de avaliación correspondentes.

5. Probas finais.

As probas finais serán elaboradas pola Secretaría Xeral de Política Lingüística e terán carácter unificado. A proba escrita realizarase en todas as escolas na mesma data e hora. As datas da proba oral serán fixadas por cada escola oficial de idiomas e deberá informarse o alumnado cunha antelación mínima dunha semana con respecto ao da súa realización.

As datas das probas faranse públicas nos taboleiros e páxina web da escola correspondente, para os cursos presenciais; e na aula virtual, para os cursos en liña.

Unha vez rematado o proceso de avaliación, a publicación das cualificacións realizarase polo mesmo medio. Ao alumnado que acade a cualificación de apto/a expediráselle o correspondente certificado asinado pola persoa responsable da Secretaría Xeral de Política Lingüística.

O alumnado poderá recoller este certificado na secretaría da escola oficial de idiomas correspondente unha vez que a escola publique na súa páxina web a data a partir da cal estará dispoñible.

6. Normativa lingüística.

Todas as actividades que se realicen nestes cursos faranse en galego e ateranse, no referente á normativa e ao uso correcto do idioma, tal e como determina a disposición adicional da Lei 3/1983, de normalización lingüística, ao establecido pola Real Academia Galega na sesión plenaria do 12 de xullo do ano 2003. Do mesmo xeito, acordarase especialmente o respecto rigoroso da toponimia oficial nos temas previstos no artigo 10 da citada lei.

7. Incidencias.

As reclamacións relacionadas coa cualificación outorgada presentaranse ante a dirección da escola respectiva nun prazo de 5 días lectivos, contados a partir do seguinte ao da publicación dos resultados. A dirección da escola remitirá estas reclamacións á Secretaría Xeral de Política Lingüística para que sexan estudadas por unha comisión técnica de avaliación, que estará formada polo/a subdirector/a xeral de Política Lingüística, polo/a coordinador/a de cursos de linguaxes específicas e por un/unha lingüista da Secretaría Xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia. Esta comisión emitirá un informe, nun prazo non superior a 10 días hábiles, para o que poderá solicitar información do profesorado que impartiu ou titorizou o curso. Este informe servirá de base para a resolución por parte da dirección da escola.

No caso de continuar en desacordo coa cualificación obtida, observarase o disposto no artigo 7.5 da Orde do 8 de setembro de 2008 pola que se regula a avaliación e cualificación do alumnado que cursa as ensinanzas especializadas de idiomas de réxime especial que se establecen na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación.

Artigo 8. Características dos cursos preparatorios para os certificados de lingua galega, Celga: contidos, profesorado e avaliación

1. Os cursos axustaranse aos contidos sinalados na Orde do 16 de xullo de 2007 (DOG núm. 146, do 30 de xullo) pola que se regulan os certificados oficiais acreditativos dos niveis de coñecemento da lingua galega (Celga).

2. Cada curso terá unha duración de 60 horas lectivas.

3. Corresponderalle ao profesorado dos departamentos didácticos de galego das escolas oficiais de idiomas programar e impartir os contidos sinalados na Orde do 16 de xullo de 2007, pola que se regulan os certificados oficiais acreditativos dos niveis de coñecemento da lingua galega (Celga), de acordo coas necesidades e o desenvolvemento do curso.

4. Todas as actividades que se realicen nestes cursos faranse en galego e ateranse, no referente á normativa e ao uso correcto do idioma, ao establecido pola Real Academia Galega na sesión plenaria do 12 de xullo do ano 2003, de conformidade coa disposición adicional da Lei 3/1983, de normalización lingüística. Do mesmo xeito, acordarase especialmente o respecto rigoroso da toponimia oficial nos temas previstos no artigo 10 da citada lei.

5. A realización do curso non dará dereito a ningún tipo de certificación, por tratarse dun curso preparatorio para as probas conducentes á obtención dos certificados de lingua galega Celga, cuxa expedición lle compete á Secretaría Xeral de Política Lingüística.

Artigo 9. Cursos que se ofertan

1. Os cursos de linguaxe administrativa galega ofertados nas distintas escolas oficiais de idiomas de Galicia figuran no anexo II desta orde.

2. A oferta dos cursos preparatorios para os certificados de lingua galega, Celga, figura no anexo IV.

3. As datas de inicio e remate que figuran nos anexos II e IV son orientativas. As datas concretas de inicio faranse públicas nos taboleiros de anuncios da escola oficial de idiomas en que terá lugar o curso e na súa páxina web.

4. A oferta de cursos recollida nesta orde poderá ser modificada en función da organización académica de cada escola, caso en que as escolas oficiais de idiomas farán pública a nova oferta con anterioridade suficiente ao inicio dos cursos.

Artigo 10. Recursos

Contra esta orde, que esgota a vía administrativa, poderase interpor potestativamente recurso de reposición ante o mesmo órgano que a ditou, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, segundo o disposto nos artigos 116 e 117 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, ou interpor directamente recurso contencioso-administrativo ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados desde a mesma data, segundo prevé o artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Disposición derradeira única. Entrada en vigor

Esta orde entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 4 de agosto de 2016

Román Rodríguez González
Conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

missing image file
missing image file

ANEXO II

Relación de cursos de linguaxe administrativa presenciais ofertados

EOI de Santiago de Compostela

Ulpiano Villanueva, 1-2

15705 Santiago de Compostela

Teléfono: 981 55 47 10

Fax: 981 55 48 75

Correo electrónico: eoi.santiago@edu.xunta.es

Nivel

Data de inicio

Data de fin

Horarios

Días

Mañá

Tarde

Medio

Setembro 2016

Xaneiro 2017

13.00-15.00

Martes e venres

Superior

Setembro 2016

Xaneiro 2017

13.00-15.00

Martes e venres

EOI de Lugo

Rolda Músico Xosé Castiñeira, 1

27002 Lugo

Teléfono: 982 28 48 93

Fax: 982 28 48 94

Correo electrónico: eoi.lugo@edu.xunta.es

Nivel

Data de inicio

Data de fin

Horarios

Días

Mañá

Tarde

Superior

Outubro 2016

Xaneiro 2017

12.00-14.30

Martes e xoves

Superior

Febreiro 2017

Maio 2017

12.00-14.30

Martes e xoves

EOI de Ourense

Paseo Mestre Vide, s/n

32004 Ourense

Teléfono: 988 36 60 73

Fax: 988 36 61 84

Correo electrónico: eoi.ourense@edu.xunta.es

Nivel

Data de inicio

Data de fin

Horarios

Días

Mañá

Tarde

Superior

Outubro 2016

Xaneiro 2017

9.00-11.00

Martes, xoves e venres

Superior

Febreiro 2017

Maio 2017

9.00-11.00

Martes, xoves e venres

EOI de Pontevedra

Celso Emilio Ferreiro, s/n

36005 Pontevedra

Teléfono: 988 83 30 18

Fax: 986 87 39 70

Correo electrónico: eoi.pontevedra@edu.xunta.es

Nivel

Data de inicio

Data de fin

Horarios

Días

Mañá

Tarde

Medio

Outubro 2016

Xaneiro 2017

12.15-14.30

Martes e venres

Superior

Outubro 2016

Xaneiro 2017

12.15-14.30

Martes e xoves

Relación de cursos de linguaxe administrativa en liña ofertados

EOI da Coruña

Pepín Rivero, 1

15011 A Coruña

Teléfono: 981 27 91 00

Fax: 981 27 91 16

Correo electrónico: eoi.corunha@edu.xunta.es

Nivel

Data de inicio

Data de fin

Medio

Outubro 2016

Xaneiro 2017

Superior

Outubro 2016

Xaneiro 2017

Medio

Febreiro 2017

Maio 2017

Superior

Febreiro 2017

Maio 2017

EOI de Ferrol

Real, 29

15402 Ferrol

Teléfono: 981 32 40 25

Fax: 981 37 01 45

Correo electrónico: eoi.ferrol@edu.xunta.es

Nivel

Data de inicio

Data de fin

Medio

Febreiro 2017

Maio 2017

EOI de Ourense

Paseo Mestre Vide, s/n

32004 Ourense

Teléfono: 988 36 60 73

Fax: 988 36 61 84

Correo electrónico: eoi.ourense@edu.xunta.es

Nivel

Data de inicio

Data de fin

Medio

Febreiro 2017

Maio 2017

EOI de Vigo

Avenida Emilio Martínez Garrido, 17

36205 Vigo

Teléfono: 986 26 02 10

Fax: 986 26 25 99

Correo electrónico: eoi.vigo@edu.xunta.es

Nivel

Data de inicio

Data de fin

Medio

Febreiro 2017

Maio 2017

Superior

Febreiro 2017

Maio 2017

missing image file
missing image file

ANEXO IV

Relación de cursos Celga ofertados

EOI de Ferrol

Real, 29

15402 Ferrol

Teléfono: 981 32 40 25

Fax: 981 37 01 45

Correo electrónico: eoi.ferrol@edu.xunta.es

Nivel

Data de inicio

Data de fin

Horarios

Días

Mañá

Tarde

Celga 4

Outubro 2016

Xaneiro 2017

11.00-12.30

Luns, xoves e venres

Celga 4

Outubro 2016

Xaneiro 2017

16.00-18.00

Martes e mércores

EOI de Santiago de Compostela

Ulpiano Villanueva, 1-2

15705 Santiago de Compostela

Teléfono: 981 55 47 10

Fax: 981 55 48 75

Correo electrónico: eoi.santiago@edu.xunta.es

Nivel

Data de inicio

Data de fin

Horarios

Días

Mañá

Tarde

Celga 2

Setembro 2016

Xaneiro 2017

11.00-13.00

Martes e venres

Celga 2

Febreiro 2017

Maio 2017

11.00-13.00

Martes e venres

Celga 3

Setembro 2016

Xaneiro 2017

11.00-13.00

Martes e venres

Celga 3

Febreiro 2017

Maio 2017

11.00-13.00

Martes e venres

Celga 3

Febreiro 2017

Maio 2017

13.00-15.00

Martes e venres

Celga 4

Setembro 2016

Xaneiro 2017

10.30-13.30

Luns e xoves

Celga 4

Febreiro 2017

Maio 2017

10.30-13.30

Luns e xoves

EOI de Lugo

Rolda Músico Xosé Castiñeira, 1

27002 Lugo

Teléfono: 982 28 48 93

Fax: 982 28 48 94

Correo electrónico: eoi.lugo@edu.xunta.es

Nivel

Data de inicio

Data de fin

Horarios

Días

Mañá

Tarde

Celga 3

Outubro 2016

Xaneiro 2017

12.00-15.00

Luns e mércores

Celga 3

Febreiro 2017

Maio 2017

15.45-18.15

Luns e mércores

Celga 4

Febreiro 2017

Maio 2017

12.00-15.00

Luns e mércores

EOI de Ourense

Paseo Mestre Vide, s/n

32004 Ourense

Teléfono: 988 36 60 73

Fax: 988 36 61 84

Correo electrónico: eoi.ourense@edu.xunta.es

Nivel

Data de inicio

Data de fin

Horarios

Días

Mañá

Tarde

Celga 4

Outubro 2016

Xaneiro 2017

9.00-11.30

Luns e mércores

EOI de Pontevedra

Celso Emilio Ferreiro, s/n

36005 Pontevedra

Teléfono: 986 83 30 18

Fax: 988 87 39 70

Correo electrónico: eoi.pontevedra@edu.xunta.es

Nivel

Data de inicio

Data de fin

Horarios

Días

Mañá

Tarde

Celga 2

Outubro 2016

Xaneiro 2017

10.00-12.15

Martes e xoves

Celga 2

Febreiro 2017

Maio 2017

10.00-12.15

Martes e xoves

Celga 3

Outubro 2016

Xaneiro 2017

18.30-20.30

20.00-21.30

18.30-21.00

Martes

Mércores

Xoves

Celga 3

Febreiro 2017

Maio 2017

12.15-14.30

Martes e venres

Celga 4

Outubro 2016

Xaneiro 2017

12.00-14.15

Luns e venres

Celga 4

Febreiro 2017

Maio 2017

18.30-20.30

20.00-21.30

18.30-21.00

Martes

Mércores

Xoves

Celga 4

Febreiro 2017

Maio 2017

12.00-14.15

12.15-14.30

Luns

Xoves

EOI de Vigo

Avenida Emilio Martínez Garrido, 17

36205 Vigo

Teléfono: 986 26 02 10

Fax: 986 26 25 99

Correo electrónico: eoi.vigo@edu.xunta.es

Nivel

Data de inicio

Data de fin

Horarios

Días

Mañá

Tarde

Celga 1

Outubro 2016

Xaneiro 2017

17.30-20.00

Mércores e venres

Celga 2

Febreiro 2017

Maio 2017

17.30-20.00

Mércores e venres

Celga 3

Outubro 2016

Xaneiro 2017

17.00-19.30

Luns e xoves

Celga 4

Outubro 2016

Xaneiro 2017

9.00-11.30

Martes e venres

Celga 4

Febreiro 2017

Maio 2017

9.00-11.30

Martes e venres

Celga 4

Febreiro 2017

Maio 2017

17.00-19.30

Luns e xoves