Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 159 Mércores, 24 de agosto de 2016 Páx. 37772

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello do Pereiro de Aguiar

ANUNCIO da convocatoria dunha praza pertencente á oferta de emprego público de 2014.

No BOP de Ourense número 189, do 18 de agosto de 2016, publicáronse íntegras as bases para cubrir a praza da oferta ordinaria de emprego público do ano 2014.

A praza que se convoca é a seguinte:

I. Oferta ordinaria de emprego público 2014.

A) Cadro de persoal:

A.1) Inclúese a seguinte praza funcionarial de acceso por promoción interna vertical:

Unha (1) praza de administrativo (contabilidade), subgrupo C1, escala de Administración xeral, subescala administrativa. Concurso-oposición por promoción interna vertical. Título de Bacharel, técnico ou equivalente.

As solicitudes presentaranse no Rexistro Xeral do Concello durante o prazo dos 20 días naturais seguintes ao da publicación do anuncio da convocatoria no Boletín Oficial del Estado, en modelo oficial que se facilitará nas oficinas do Concello e na páxina web. Así mesmo, poderán presentarse na forma que determina o artigo 38.4 da Lei 30/1992.

Os sucesivos anuncios relativos a esta convocatoria publicaranse exclusivamente no taboleiro de edictos, en todo caso, na páxina web www.concellopereiro.com e no BOP de Ourense cando proceda, de conformidade coas bases das probas selectivas.

Publícase isto de conformidade co disposto no artigo 233.3 da Lei 5/1997, de Administración local de Galicia.

O Pereiro de Aguiar, 18 de agosto de 2016

Eliseo Fernández Gómez
Alcalde