Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 161 Venres, 26 de agosto de 2016 Páx. 38116

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Sanidade

CÉDULA do 8 de agosto de 2016, da Xefatura Territorial de Lugo, pola que se notifica o acordo de inicio do expediente sancionador 2016075TA-LU, por infraccións en materia sanitaria.

Con data do 30 de xuño de 2016, a Xefatura Territorial da Consellería de Sanidade de Lugo ditou acordo de inicio do expediente sancionador 2016075TA-LU, incoado a Yamid Sebastián Henao Ortiz, como titular do establecemento Pub Mango, sito na rúa Ramón Cabanillas, 11, de Lugo.

Unha vez intentada a notificación deste acordo segundo o disposto no artigo 59 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, e ao non ser posible a súa práctica, por medio da presente cédula e ao abeiro do disposto no número 5 do referido artigo, notifícaselle a Yamid Sebastián Henao Ortiz o contido do referido acordo que figura como anexo para que poida ter coñecemento del.

Así mesmo, fáiselle saber o dereito que o asiste, ao abeiro do disposto no número 1 do artigo 16 do Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto, polo que se aproba o Regulamento para o exercicio da potestade sancionadora, para presentar alegacións ante esta xefatura territorial no prazo de quince (15) días hábiles, contados desde o seguinte ao da publicación da presente cédula, e lembráselle o seu dereito a consultar o expediente, depositado nas dependencias desta xefatura territorial, sita na rúa Montevideo, 9, de Lugo, e a obter, de ser o caso, copia del, segundo o previsto na letra a) do artigo 35 da Lei 30/1992, do 26 de novembro.

Advírteselle de que, de non efectuar alegacións sobre o contido do dito acordo no citado prazo, o acordo de inicio poderá ser considerado proposta de resolución cando conteña un pronunciamento preciso sobre a responsabilidade imputada, cos efectos previstos nos artigos 18 e 19 do citado regulamento.

Esta cédula expídese para que conste e lle sirva de notificación ao interesado, en cumprimento do disposto no artigo 59.5 da xa citada Lei 30/1992, do 26 de novembro. Así mesmo, faise constar que a eficacia da notificación quedará supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado (BOE).

Lugo, 8 de agosto de 2016

A xefa territorial de Lugo
P.S. (Decreto 33/2014, do 18 de marzo)
Mª Luisa Abraira García
Xefa do Servizo de Alertas Epidemiolóxicas de Lugo

ANEXO

Nº de expediente: 2016075TA-LU.

Interesado: Yamid Sebastián Henao Ortiz.

NIE: X4341883N.

Último enderezo coñecido: rúa Castelao, 63, 4º esquerda, 27001 Lugo.

Feitos imputados: infracción da lexislación aplicable en materia sanitaria.

Preceptos presuntamente infrinxidos: artigos 7.u) e 19.3.b) da Lei 28/2005, do 26 de decembro, de medidas sanitarias fronte ao tabaquismo e reguladora da venda, subministración, consumo e publicidade dos produtos do tabaco (BOE núm. 309, do 27 de decembro), modificada por la Lei 42/2010, do 30 de decembro (BOE núm. 318, do 31 de decembro).

Tipificación provisional: grave.

Sanción proposta: mil douscentos euros (1.200 €).