Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 162 Luns, 29 de agosto de 2016 Páx. 38189

III. Outras disposicións

Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

ORDE do 9 de agosto de 2016 pola que se modifica a autorización do centro privado Liceo La Paz da Coruña.

A titularidade do centro privado Liceo La Paz, do concello da Coruña, solicita a autorización para impartir o ciclo formativo de grao medio (CM) Condución de Actividades Físico-Deportivas no Medio Natural.

Logo da tramitación do expediente, de acordo co establecido no Decreto 133/1995, do 10 de maio, de autorización de centros docentes privados para impartir ensinanzas de réxime xeral non universitarias, e coa Orde do 20 de setembro de 1995 que o desenvolve, por proposta da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos,

DISPOÑO:

Primeiro

1. Autorizar o CM Condución de Actividades Físico-Deportivas no Medio Natural no centro privado Liceo La Paz, que queda configurado como se sinala a seguir:

Denominación xenérica: centro privado.

Denominación específica: Liceo La Paz.

Código: 15004265.

Enderezo: Sebastián Martínez Risco, 12.

Localidade: A Coruña.

Concello: A Coruña.

Provincia: A Coruña.

Titularidade: Carlos Pérez Roca e Antonio Pintor Vidal.

2. Composición resultante:

2.1. Educación infantil: 15 unidades.

2.2. Educación primaria: 30 unidades.

2.3. Educación secundaria obrigatoria: 16 unidades.

2.4. Bacharelato: 12 unidades.

– 8 unidades das modalidades de Ciencias e Tecnoloxía, e Humanidades e Ciencias Sociais.

– 4 unidades da modalidade de Artes: vía Artes Escénicas, Música e Danza e vía Artes Plásticas, Imaxe e Deseño.

2.5. Formación profesional:

2.5.1. Ciclos formativos de grao medio (CM):

– 1 CM Condución de Actividades Físico-Deportivas no Medio Natural (1 unidade para 20 postos escolares).

– 1 CM Atención a Persoas en Situación de Dependencia (2 unidades para 20 postos escolares cada unha).

– 2 CM Coidados Auxiliares de Enfermaría (2 unidades para 30 postos escolares cada unha).

– 1 CM Emerxencias Sanitarias (2 unidades para 20 postos escolares cada unha).

– 1 CM Farmacia e Parafarmacia (2 unidades para 30 postos escolares cada unha).

– 2 CM Sistemas Microinfomáticos e Redes (4 unidades para 30 postos escolares cada unha).

– 2 CM Xestión Administrativa (4 unidades para 30 postos escolares cada unha).

2.5.2. Ciclos formativos de grao superior (CS):

– 2 CS Administración e Finanzas (4 unidades para 20 postos escolares cada unha).

– 2 CS Animación de Actividades Físicas e Deportivas (4 unidades para 30 postos escolares cada unha).

– 2 CS Administración de Sistemas Informáticos en Rede (4 unidades para 30 postos escolares cada unha).

– 2 CS Desenvolvemento de Aplicacións Multiplataforma (4 unidades para 30 postos escolares cada unha).

– 1 CS Desenvolvemento de Aplicacións Web (2 unidades para 20 postos escolares cada unha).

– 1 Cs Dietética (2 unidades para 20 postos escolares cada unha).

– 1 CS Documentación e Administración Sanitarias (2 unidades para 20 postos escolares cada unha).

– 2 CS Educación Infantil (4 unidades para 20 postos escolares cada unha).

– 1 CS Imaxe para o Diagnóstico e Medicina Nuclear (2 unidades para 20 postos escolares cada unha).

– 1 CS Sistemas de Telecomunicacións e Informáticos (2 unidades para 20 postos escolares cada unha).

– 1 CS Transporte e Loxística (2 unidades para 20 postos escolares cada unha).

2.6. Ensinanzas para persoas adultas en quenda de tarde-noite:

– Educación secundaria obrigatoria: 8 unidades.

– Bacharelato: 6 unidades das modalidades de Ciencias da Natureza e Tecnoloxía, e Humanidades e Ciencias Sociais.

Segundo

Para a posta en funcionamento das ensinanzas que se autorizan, a Xefatura Territorial da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria da Coruña, logo do informe do Servizo Territorial de Inspección Educativa, aprobará expresamente a relación de persoal que impartirá docencia no dito centro, así como o equipamento axeitado.

Terceiro

Esta orde dará lugar á correspondente inscrición no Rexistro de Centros da Comunidade Autónoma de Galicia.

Cuarto

O centro queda obrigado ao cumprimento da normativa vixente e a solicitar a oportuna revisión cando se teña que modificar calquera dos datos que sinala esta orde.

Quinto

Contra esta orde, que esgota a vía administrativa, os interesados poderán interpoñer recurso potestativo de reposición ante esta consellería, no prazo dun mes, a partir do día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, segundo o disposto nos artigos 116 e 117 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común ou, directamente, recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses contados desde a mesma data, ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, de conformidade coa Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 9 de agosto de 2016

Román Rodríguez González
Conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria