Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 163 Martes, 30 de agosto de 2016 Páx. 38521

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Moaña

ANUNCIO das bases da convocatoria para cubrir prazas de persoal funcionario incluídas na oferta de emprego público do ano 2016.

A Xunta de Goberno Local, na sesión do 11 de xullo de 2016, aprobou as bases que regularán a convocatoria do proceso selectivo para cubrir prazas e postos de traballo vacantes no cadro de persoal funcionario do Concello de Moaña, incluídas na oferta de emprego público do ano 2016, mediante o sistema de concurso-oposición por promoción interna.

O período de presentación de solicitudes será de vinte días naturais contados desde o seguinte ao da publicación do anuncio da convocatoria no Boletín Oficial del Estado.

As bases íntegras publicaranse no taboleiro de anuncios e na páxina web do Concello (www.concellodemoana.org).

Moaña, 15 de xullo de 2016

Leticia Santos Paz
Alcaldesa