Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 164 Mércores, 31 de agosto de 2016 Páx. 38682

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Portos de Galicia

RESOLUCIÓN do 17 de agosto de 2016 pola que se fai pública a formalización dun contrato mixto, suxeito a regulación harmonizada (expediente 3/2015/CNTSE).

En cumprimento do disposto no artigo 154.1 do Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos do sector público, faise pública a formalización do seguinte contrato administrativo:

«Xestión indirecta do servizo portuario de recepción de refugallos xerados por buques, servizo de recollida, transporte e xestión de refugallos perigosos nos portos e servizo de limpeza, recollida, transporte e xestión de residuos perigosos na lámina de auga, nos portos dependentes de Portos de Galicia no sector sur».

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: entidade pública Portos de Galicia.

b) Dependencia que impulsa o expediente: Área de Desenvolvemento e Estratexia Portuaria.

c) Dependencia que tramita o expediente: División de Contratación.

d) Número de expediente: 3/2015/CNTSE.

e) Enderezo da internet do perfil do contratante:

www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N=23425

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo: mixto (prestación de servizos e xestión de servizo público).

b) Descrición: o presente contrato ten por obxecto a prestación dos servizos indicados no punto 4.1 do CCC, axustándose aos termos definidos no PPT.

c) CPV (referencia de nomenclatura): 90510000.

d) Medio de publicación do anuncio de licitación: Diario Oficial de la Unión Europea, Boletín Oficial del Estado e Diario Oficial de Galicia.

e) Data de publicación do anuncio de licitación: Diario Oficial de la Unión Europea do 2 de outubro; Boletín Oficial del Estado do 10 de outubro; Diario Oficial de Galicia do 7 de outubro de 2015.

3. Tramitación e procedemento.

a) Tramitación: ordinaria e documentalmente simplificada.

b) Procedemento: aberto; sistema multicriterio e suxeito a regulación harmonizada.

4. Valor estimado do contrato: 228.853,68 euros, IVE excluído.

5. Orzamento base de licitación. Importe neto: 156.036,60 euros. Imposto sobre o valor engadido (21 %): 32.767,69 euros. Importe total: 188.804,29 euros.

6. Formalización do contrato.

a) Data de adxudicación: 22 de xuño de 2016.

b) Data de formalización do contrato: 12 de agosto de 2016.

c) Contratista: Limpieza Marítima de Óleos, S.L.U. (Limpoil).

d) Importe ou canon de adxudicación. Importe neto: 151.355,50 euros. Imposto sobre o valor engadido (21 %): 31.784,66 euros. Importe total: 183.140,16 euros.

e) Ventaxes da oferta adxudicataria: oferta economicamente máis vantaxosa. Porcentaxe de redución dos importes das tarifas fixadas no PPT: 2,00 %.

Santiago de Compostela, 17 de agosto de 2016

José Juan Durán Hermida
Presidente de Portos de Galicia