Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 165 Xoves, 1 de setembro de 2016 Páx. 38864

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Portos de Galicia

RESOLUCIÓN do 17 de agosto de 2016 pola que se anuncia o trámite de competencia de proxectos relativo á solicitude presentada polo Club Náutico de Rianxo.

A entidade Club Náutico de Rianxo solicitou a esta entidade pública unha concesión administrativa no dominio público portuario do porto de Rianxo con destino á construción e explotación dunhas instalacións náutico-deportivas.

O que, en cumprimento do artigo 85.1 do Real decreto lexislativo 2/2011, do 5 de setembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de portos do Estado e da mariña mercante, aplicable en defecto de lexislación autonómica propia, se fai público para que nun prazo dun (1) mes, contado a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, poidan presentarse outras solicitudes que teñan o mesmo ou distinto obxecto que aquela, e que deben reunir os requisitos previstos no artigo 84 do citado Real decreto 2/2011.

As solicitudes e documentación correspondente deberán presentarse mediante escrito dirixido ao presidente do ente público Portos de Galicia, sito no Edificio de Área Central, na praza de Europa, 5-A, 6º andar (Santiago de Compostela). O plano de localización da concesión solicitada está á disposición do público para o seu exame, das 9.00 ás 14.00 horas, nas oficinas centrais deste ente público na praza de Europa, 5-A, 6º andar (Santiago de Compostela) e na páxina web www.portosdegalicia.es.

Santiago de Compostela, 17 de agosto de 2016

José Juan Durán Hermida
Presidente de Portos de Galicia