Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 165 Xoves, 1 de setembro de 2016 Páx. 38812

IV. Oposicións e concursos

Servizo Galego de Saúde

ANUNCIO do 2 de agosto de 2016, da Xerencia de Xestión Integrada de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras, pola que se procede a darlle publicidade á resolución da mesma data pola que se convoca a provisión, polo sistema de libre designación, de determinados postos vacantes de coordinador/a do Servizo de Atención Primaria, para cubrir por persoal diplomado sanitario.

A resolución estará exposta, desde a mesma data de publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, no taboleiro oficial de anuncios da Xerencia de Xestión Integrada de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras; na intranet da Xerencia e na páxina web do Servizo Galego de Saúde (www.sergas.es).

As solicitudes poderán presentarse no prazo de 15 días hábiles, contado desde o seguinte ao desta publicación.

Ourense, 2 de agosto de 2016

Eloína Núñez Masid
Xerente de Xestión Integrada de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras