Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 165 Xoves, 1 de setembro de 2016 Páx. 38847

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

ANUNCIO do 27 de xullo de 2016, da Dirección Xeral de Enerxía e Minas, polo que se notifica a resolución do expediente IN627A 2015/11-0 correspondente á autorización da infraestrutura gasista cuxo proxecto leva por título Extensión de rede en MOP 10 bar desde a posición 05 do GTB Mariña Lucense para subministración a Burela, trazado no municipio de Cervo.

O 13 de maio de 2016 a Dirección Xeral de Enerxía e Minas ditou resolución pola que se autorizou administrativamente, se aprobou o proxecto de execución e se recoñeceu, en concreto, a utilidade pública da infraestrutura gasista cuxo proxecto leva por título «Extensión de rede en MOP 10 bar desde a posición 05 do GTB Mariña Lucense para subministración a Burela, trazado no municipio de Cervo (Lugo)», promovida pola empresa Gas Galicia SDG, S.A. (expediente IN627A 2015/11-0).

De conformidade co disposto nos artigos 59.5 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselle a resolución antes referida ao titular descoñecido do predio afectado LU-CE-308.

Este interesado poderá recoller a notificación da resolución mediante comparecencia, nas dependencias da Dirección Xeral de Enerxía e Minas, situadas no Edificio Administrativo San Caetano, s/n, bloque 5, 4º andar, 15781 Santiago de Compostela, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, no prazo de dez (10) días hábiles contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no BOE.

Contra a referida resolución, que non é definitiva en vía administrativa, cabe interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro de Economía, Emprego e Industria no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa comparecencia ou polo transcurso do prazo establecido no parágrafo anterior sen que o interesado compareza.

Santiago de Compostela, 27 de xullo de 2016

Ángel Bernardo Tahoces
Director xeral de Enerxía e Minas