Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 171 Xoves, 8 de setembro de 2016 Páx. 39440

III. Outras disposicións

Axencia Galega de Infraestruturas

RESOLUCIÓN do 29 de agosto de 2016 pola que se dá publicidade á encomenda de xestión, para os exercicios 2016 e 2017, á empresa de Transformación Agraria, S.A. (Tragsa).

De conformidade co previsto nos artigos 8.4 e 9.3 da Lei 16/2010, do 17 de decembro, de organización e funcionamento da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia, dáse publicidade a unha encomenda de xestión, para os exercicios 2016 e 2017, da Axencia Galga de Infraestruturas á empresa pública Empresa de Transformación Agraria, S.A. (Tragsa), coas seguintes características:

Actividade: eliminación de obstáculos, balizamento e delimitación de itinerario peonil e ciclista na mellora da PO-325, p.q. 1+700-p.q. 13+700, e da PO-552, p.q. 17-p.q. 45+980.

Natureza e alcance da xestión encomendada: esta encomenda ten natureza intersubxectiva, ao ter Tragsa a consideración de medio instrumental da Administración segundo o disposto na disposición adicional vixésimo quinta do Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos do sector público.

Prazo de vixencia: o prazo de execución será de seis meses.

Santiago de Compostela, 29 de agosto de 2016

Francisco Menéndez Iglesias
Director da Axencia Galega de Infraestruturas