Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 172 Venres, 9 de setembro de 2016 Páx. 39579

I. Disposicións xerais

Consellería do Medio Rural

ORDE do 1 de setembro de 2016 pola que se aproba o Regulamento técnico específico de produción integrada de industrias de elaboración de viño.

Con data do 1 de abril de 2004 publicouse no DOG o Decreto 68/2004, do 11 de marzo, sobre a produción integrada e a súa indicación nos produtos agrarios. Neste decreto defínese a produción integrada como un sistema de produción agraria que utiliza ao máximo os recursos e os mecanismos de produción naturais mediante a introdución de tecnoloxías respectuosas co medio, asegurando unha produción de alta calidade e salubridade contrastada, a rendibilidade da explotación e a eliminación ou redución de insumos exteriores e de fontes contaminantes. Estes requisitos recóllense, para cada cultivo ou produto ou grupo de cultivos ou produtos, no correspondente regulamento técnico, que establecerá as normas técnicas que se deben seguir desde a fase de obtención da materia prima ata, se é o caso, a elaboración, manipulación, envasado, etiquetaxe, almacenaxe e posta á disposición do consumidor.

A produción integrada reflicte a aplicación destas normas ao garantir no seu sistema produtivo a rastrexabilidade das producións agrarias e, consecuentemente, ao aplicar os principios de control ao longo de toda a cadea de produción de alimentos. Deste xeito, en calquera punto das devanditas fases produtivas poderase verificar o cumprimento da aplicación das prácticas respectuosas co medio natural, así como a seguridade e a calidade do produto.

En Galicia desenvolvéronse varios regulamentos técnicos para a produción integrada, entre eles o establecido pola Orde do 21 de xuño de 2005 pola que se aproba o Regulamento técnico específico de produción integrada de viñedo.

Non obstante, para poder mellorar o recoñecemento e as exixencias dos viños elaborados con uva de produción integrada, faise preciso elaborar un regulamento específico cunhas normas relativas á elaboración de viño de produción integrada e ofrecer así ao consumidor un produto de maior calidade e máis respectuoso co ambiente.

A aprobación do regulamento técnico implica a apertura no Rexistro Oficial de Produción Integrada da sección correspondente ao viño, co fin de que os operadores soliciten a súa inscrición, segundo as indicacións recollidas na Orde do 30 de maio de 2005, da Consellería de Política Agroalimentaria e Desenvolvemento Rural, pola que se desenvolve o citado Decreto 68/2004, do 11 de marzo.

Así mesmo, o cumprimento das normas contidas neste regulamento técnico permitirá, tras as verificacións oportunas, a concesión ao operador do emprego da identificación de garantía de produción integrada da Comunidade Autónoma de Galicia.

Por último, hai que indicar que o cumprimento das normas do presente regulamento non exclúe do seguimento das normas da normativa relativa ás denominacións de orixe ou indicacións xeográficas protexidas para poder levar os seus correspondentes distintivos.

En consecuencia, en virtude do exposto, de conformidade co artigo 30.I.3 do Estatuto de autonomía de Galicia, e no uso das facultades que me confire a Lei 1/1983, do 23 de febreiro, reguladora da Xunta e da súa Presidencia, e o Decreto 68/2004, do 11 de marzo, sobre a produción integrada e a súa indicación nos produtos agrarios,

DISPOÑO:

Artigo único. Obxecto

O obxecto desta orde é aprobar o Regulamento técnico específico de produción integrada de industrias de elaboración de viño, que figura como anexo desta orde, no cal se recollen as prácticas obrigatorias, recomendadas e prohibidas para este sistema produtivo.

Disposición adicional

Créase unha epígrafe específica no Rexistro Oficial de Produción Integrada para as de industrias elaboradoras de viño baixo as normas do regulamento técnico que figura como anexo desta orde.

Disposición derradeira primeira. Entrada en vigor

Esta orde entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Disposición derradeira segunda

Facúltase a persoa titular da Dirección Xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias para ditar as instrucións necesarias de adaptación ou modificación do regulamento como consecuencia de novos coñecementos e avances técnicos e científicos ou para incorporar normativa de obrigado cumprimento que ao respecto se estableza.

Santiago de Compostela, 1 de setembro de 2016

Ángeles Vázquez Mejuto
Conselleira do Medio Rural

missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file