Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 173 Luns, 12 de setembro de 2016 Páx. 42067

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Arzúa

ANUNCIO da convocatoria do proceso de selección para a contratación urxente dun técnico en turismo para realizar os traballos de información turística na oficina municipal.

Mediante Resolución da Alcaldía, do 29 de agosto de 2016, convócase proceso de selección para a contratación urxente, con carácter temporal, dun técnico en turismo para realizar os traballos de información turística na oficina municipal.

O período de contratación será de catro (4) meses e rematará, en todo caso, o 31 de decembro de 2016.

Os aspirantes deberán posuír algunha das seguintes titulacións: técnico superior en Guía, Información e Asistencia Turística; técnico en Empresas e Actividades Turísticas; grao ou diplomado en Turismo ou equivalente homologado; grao ou licenciatura en Historia do Arte; grao ou licenciatura en Humanidades.

O prazo de presentación de solicitudes e documentación é de dez días hábiles contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no DOG.

As bases estarán á disposición dos interesados nas oficinas municipais e na páxina web do Concello.

Arzúa, 5 de setembro de 2016

José Luis García López
Alcalde