Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 176 Xoves, 15 de setembro de 2016 Páx. 42455

III. Outras disposicións

Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

ORDE do 6 de setembro de 2016 pola que se conceden axudas para financiar actividades das confederacións e federacións de pais de alumnos e das asociacións de pais de alumnos de centros de educación especial para o ano 2016.

Por Orde do 13 de abril de 2016 (DOG do 29 de abril), a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria convocou axudas para financiar actividades das confederacións e federacións de pais de alumnos e das asociacións de pais de alumnos de centros de educación especial para o ano 2016.

Reunida a comisión prevista no punto noveno da citada orde, de acordo coa proposta formulada por ela e de conformidade co punto décimo primeiro da orde de referencia,

RESOLVO:

Primeiro. Concederlles as axudas, nas contías que se sinalan, ás confederacións, federacións de pais de alumnos e ás asociacións de pais de alumnos de centros de educación especial relacionadas no anexo a esta orde.

Segundo. Para facer efectivo o pagamento das axudas, os beneficiarios presentarán na Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos, Subdirección Xeral de Centros, Servizo de Xestión de Programas Educativos, antes do día 31 de outubro de 2016 a seguinte documentación:

a) A xustificación dos gastos realizados, mediante orixinais ou copias compulsadas de facturas, nóminas e outros documentos e a acreditación do seu pagamento. Non se admiten recibos como xustificación dos gastos.

b) Unha declaración actualizada do anexo II publicado na Orde do 13 de abril de 2016 (DOG do 29 de abril), pola que se convocan as axudas para o ano 2016.

Terceiro. Contra esta orde, que esgota a vía administrativa, os interesados poderán interpoñer recurso potestativo de reposición no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ao da publicación no Diario Oficial de Galicia, perante o conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, segundo o disposto na Lei 4/1999, do 13 de xaneiro (BOE do 14 de xaneiro), de modificación da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE do 27 de novembro), ou ben poderán presentar directamente recurso contencioso-administrativo, perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ao da publicación, conforme se establece na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa (BOE do 14 de xullo).

Santiago de Compostela, 6 de setembro de 2016

Román Rodríguez González
Conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

ANEXO

CIF

Confederación/Federación/APA Cee

Concello

Importe (€)

G15115165

CONFAPA (Confed. Galega APAS centros públi.)

A Coruña

9.831,00

G15098114

CONGAPA (Confederación Galega de APAS)

A Coruña

8.729,00

G70416557

Confederación ANPAS galegas

Santiago de Compostela

9.499,00

G15042617

Federación provin. APAS centros públicos

A Coruña

5.661,28

G15089857

FAPA Federación provincial de ANPAS privados

A Coruña

1.728,28

G27019140

FAPACEL (Feder. Prov. APAS cent. públi. Lugo)

Lugo

2.925,28

G27043389

FAPALUGO (Federación APAS provincial Lugo)

Lugo

1.576,28

G32009037

Federación prov. APAS cent. públi. As Burgas

Ourense

3.191,28

G15543242

FAPA Federación comarcal Concepción Arenal

Ferrol

910,00

G70366588

Federación C. Públi. A Costa da Morte

A Laracha

1.752,48

G70222195

Federación centros públicos Compostela

Santiago de Compostela

1.733,48

G15062839

FECAPA (Federación Central de APAS)

Santiago de Compostela

1.942,48

G36581841

Federación Estradense FESANPAS

A Estrada

1.258,48

G36743946

Federación Olívica Foanpas de Vigo

Vigo

2.379,48

G36959658

Federación APAS do Suroeste SURGAPA

Vigo

1.353,48

V15869431

APACE ASPANAES Castro Elviña

A Coruña

1.010,67

G15984990

APA CEE Ntra. Sra. del Rosario

A Coruña

1.010,67

G70313804

ANPA CEE María Mariño

A Coruña

1.010,67

G15412026

APA CEE Terra de Ferrol

Ferrol

1.010,67

G15747678

ANPA CEE Amicos

Ribeira

1.010,67

G70394531

ANPA Móvete CEE Manuel López Navalón

Santiago de Compostela

1.010,67

G15456908

ANPA A Barcia

Santiago de Compostela

1.010,67

G32411084

ANPA CEE Ilustre Mestre

Ourense

1.010,67

G32022774

ANPA CEE Miño

Ourense

1.010,67

G32202798

ANPA CEE O Pino

Ourense

1.010,67

G36130169

ANPA CEE Joaquina Sobrino

A Guarda

1.010,67

G36753895

APA La Ilusión del Valle Miñor CEE Juan María

Nigrán

1.010,67

G36152262

APA CEE Santísimo Cristo del Amor - ACEESCA

O Porriño

1.010,67

G36180768

APA CEE Juan XIII

Pontevedra

1.010,67

G36630614

APA CEE Menela

Vigo

1.010,67

G36812063

APA CEE Saladino Cortizo

Vigo

1.010,67

G36682102

APA CEE San Rafael

Vigo

1.010,67

G36131027

APA CEE

Vilagarcía de Arousa

1.010,67

G36024941

APA CEE Os Mecos

Vilanova de Arousa

1.010,67