Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 182 Venres, 23 de setembro de 2016 Páx. 43888

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Facenda

ANUNCIO do 9 de setembro de 2016, da Dirección Xeral da Función Pública, polo que se notifica a resolución dun expediente de compatibilidade.

Con data do 14 de xullo de 2016, o director xeral da Función Pública, en uso da competencia delegada polo conselleiro de Facenda, en virtude da Orde do 8 de xullo de 2013 (DOG núm. 136, do 18 de xullo), no seu artigo 3.e), ditou resolución pola que ten por desistida da solicitude de compatibilidade presentada por Carolina Aneiros Suárez.

Logo de tentar dúas veces a notificación da citada resolución a través do servizo de Correos no domicilio indicado pola interesada para os efectos de notificación, esta non se puido practicar, e foron devoltas polo dito servizo, por «non retirado» tras os dous intentos, respectivamente, en que consta «ausente repartición».

Polo exposto, esta dirección xeral, en cumprimento do disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, en virtude deste anuncio notifícalle a Carolina Aneiros Suárez a resolución antes referida.

A interesada pode recoller a notificación da resolución mediante comparecencia nas dependencias da Oficina de Incompatibilidades e Boas Prácticas da Dirección Xeral da Función Pública (Edificio Administrativo San Caetano, s/n, 1-3º, Santiago de Compostela), das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, no prazo de dez (10) días contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado.

Contra a referida resolución, que pon fin á vía administrativa, poderá interpoñer a interesada recurso de reposición, ante o conselleiro de Facenda, no prazo dun mes ou directamente recurso contencioso-administrativo, ante o xulgado do contencioso-administrativo da circunscrición en que teña o seu enderezo ou no de Santiago de Compostela, conforme os artigos 8, 14 e 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, no prazo de dous meses contados en ambos os casos a partir do día seguinte ao da súa comparecencia para recoller a resolución ou ao do transcurso do prazo previsto no parágrafo anterior sen que a interesada compareza.

Santiago de Compostela, 9 de setembro de 2016

José María Barreiro Díaz
Director xeral da Función Pública