Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 183 Luns, 26 de setembro de 2016 Páx. 44031

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio

ANUNCIO do 23 de agosto de 2016, da Secretaría Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, polo que se fai público o informe ambiental estratéxico da modificación puntual do Plan xeral de ordenación municipal na parcela onde se sitúan as instalacións da empresa Lonza Biologics Porriño, S.L., concello do Porriño (expediente 2015AAE1785, código 1741/2015).

De acordo co artigo 31 da Lei 21/2013, do 9 de decembro, de avaliación ambiental, faise público o informe ambiental estratéxico do 22 de agosto de 2016, sobre a modificación puntual do Plan xeral de ordenación municipal na parcela onde se sitúan as instalacións da empresa Lonza Biologics Porriño, S.L., concello do Porriño.

Este informe ambiental estratéxico pódese consultar no seguinte enderezo da internet: http://www.cmati.xunta.es/busca-por-palabra-clave

Santiago de Compostela, 23 de agosto de 2016

Justo de Benito Basanta
Secretario xeral de Calidade e Avaliación Ambiental