Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 183 Luns, 26 de setembro de 2016 Páx. 44060

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

ANUNCIO do 8 de setembro de 2016, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se empraza unha propietaria da zona de concentración parcelaria de Filgueira de Barranca-Trasanquelos (Oza-Cesuras-A Coruña), para ser notificada por comparecencia dunha resolución de modificación do acordo de concentración.

De conformidade co disposto nos artigos 59.5 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, emprázase por medio do presente anuncio, publicado no Boletín Oficial del Estado (BOE), Divina Sánchez Taboada, propietaria nº 563 da zona de concentración parcelaria de Filgueira de Barranca-Trasanquelos (Oza-Cesuras-A Coruña), para ser notificada da Resolución da Dirección Xeral de Desenvolvemento Rural do 29 de xullo de 2016, pola que se modifica o acordo de concentración da dita zona, que a afecta.

Así mesmo, este anuncio publicarase no Diario Oficial de Galicia (DOG), ben que a eficacia do acto notificado quedará supeditada á súa publicación no BOE.

Para coñecer o contido íntegro da resolución, o interesado poderá comparecer nas dependencias desta xefatura territorial, sita na rúa Vicente Ferrer nº 2, no Edificio Administrativo de Servizos Múltiples de Monelos, na Coruña, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

A comparecencia deberase efectuar no prazo de quince días, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no BOE.

Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao da publicación.

Contra a referida resolución, que pon fin á vía administrativa, poderase interpor recurso contencioso-administrativo, perante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, con sede na Coruña, no prazo de dous meses contados a partir da publicación deste anuncio, consonte o establecido nos artigos 10.1.a) e 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, sen prexuízo de que os interesados poidan exercer calquera outro que xulguen pertinente.

A Coruña, 8 de setembro de 2016

Manuel Rodríguez Vázquez
Xefe territorial da Coruña