Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 183 Luns, 26 de setembro de 2016 Páx. 44083

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello da Coruña

ANUNCIO de licitación (expediente As-43/2016).

1. Entidade adxudicadora: Concello da Coruña. a) Dependencia: Servizo de Contratación. b) Número de expediente: As-43/2016.

2. Obxecto do contrato: servizo de organización e xestión dun programa educativo municipal consistente en 50 bolsas para cursar 1º de bacharelato nos EE.UU., nos cursos 2017/18 e 2018/19, que fomente a educación no respecto á igualdade e diversidade dos participantes no programa. Duración: ver o prego de cláusulas administrativas.

3. Tramitación: ordinaria. Procedemento: aberto suxeito a regulación harmonizada.

4. Orzamento base de licitación: 650.000 € (IVE exento).

5. Garantía provisional: non se exixe.

6. Obtención de documentación: web municipal (perfil do contratante): www.coruna.es. Información: a) Teléfono: 981 18 42 19. b) Fax: 981 18 42 71. c) Enderezo: praza de María Pita, 1, 2º.

7. Clasificación: non se exixe.

8. Presentación de proposicións: a) Prazo: ata o día 10 de outubro de 2016. b) Documentación que hai que presentar: véxase o prego de cláusulas administrativas particulares. c) Lugar de presentación: Rexistro Xeral de Entrada.

9. Apertura de proposicións técnicas e económicas: a) Lugar: véxase o punto 6. b) Data e hora: publicaranse no perfil do contratante.

10. Outras informacións: véxanse os pregos reguladores da contratación.

11. Gastos de anuncios: por conta do adxudicatario.

A Coruña, 2 de setembro de 2016

O alcalde
P.D. (Decreto do 15.6.2016)
Eduardo Mera Rico
Director da Área de Economía, Facenda e Administración