Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 190 Mércores, 5 de outubro de 2016 Páx. 45815

III. Outras disposicións

Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

RESOLUCIÓN do 21 de setembro de 2016, da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, pola que se procede a designar os membros e a facer pública a composición da comisión de selección que supervisará e valorará as solicitudes dos aspirantes aos premios de educación secundaria obrigatoria ao esforzo e á superación persoal correspondentes ao curso 2015/16.

A Orde da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, do 4 de agosto de 2016, pola que se convocan os premios de educación secundaria obrigatoria ao esforzo e á superación persoal correspondentes ao curso 2015/16 (DOG do 19 de agosto), establece no seu artigo 10 a constitución dunha comisión de selección dos aspirantes aos premios, e na disposición derradeira primeira autorízase a Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa para adoptar os actos e as medidas necesarios para a aplicación desta orde.

De conformidade co establecido no artigo 10 e na disposición derradeira primeira da citada Orde do 4 de agosto de 2016,

RESOLVO:

Primeiro. Designar os membros da comisión de selección dos aspirantes ao premio, que supervisará e valorará as solicitudes dos participantes nos premios de educación secundaria obrigatoria ao esforzo e á superación persoal correspondentes ao curso 2015/16, e facer pública a súa composición, que é a que figura no anexo I a esta resolución.

Segundo. Esta resolución entrará en vigor o mesmo día da súa publicación.

Santiago de Compostela, 21 de setembro de 2016

Manuel Corredoira López
Director xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa

ANEXO I

Comisión de selección

Presidenta: M. Carmen Cimadevila Cea, subdirectora xeral de Inspección, Avaliación e Calidade do Sistema Educativo por delegación do director xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa.

Vogais:

– María del Carmen Areán Vázquez, inspectora de Educación.

– María Magdalena Duarte Blanco, inspectora de Educación.

– María Adoración de la Fuente Fernández, inspectora de Educación.

Secretario/a: un/unha funcionario/a da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa.