Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 193 Luns, 10 de outubro de 2016 Páx. 46359

III. Outras disposicións

Consellería de Política Social

RESOLUCIÓN do 20 de setembro de 2016, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Política Social, pola que se dá publicidade aos convenios de colaboración subscritos no segundo cuadrimestre do ano 2016.

O artigo 15.2 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, establece que cada consellería ou entidade terá que remitir para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia unha relación dos convenios subscritos referida ao cuadrimestre anterior, para os efectos de cumprir coas obrigas legais fixadas.

En consecuencia, e para lle dar cumprimento á dita obriga,

RESOLVO:

Darlle publicidade á relación de convenios de colaboración subscritos pola Consellería de Política Social durante o segundo cuadrimestre do ano 2016, que se incorpora como anexo a esta resolución.

Santiago de Compostela, 20 de setembro de 2016

Francisco Javier Abad Pardo
Secretario xeral técnico da Consellería de Política Social

ANEXO
Convenios asinados no segundo cuadrimestre de 2016

Título

Obxecto

Data de sinatura

Importe (€)

Convenio de colaboración entre a Consellería de Política Social e La Opinión de La Coruña, S.L.U. para a difusión de accións divulgativas e información vencellada ao fomento da natalidade nos medios de comunicación do grupo no ano 2016.

Accións divulgativas sobre o fomento da natalidade e a necesidade de incrementar as taxas de natalidade da Comunidade Autónoma.

30.6.2016

9.057,60

Convenio de colaboración entre a Consellería de Política Social e Onda Cero para a difusión de accións divulgativas e información vencellada ao fomento da natalidade nos medios de comunicación do grupo no ano 2016.

Accións divulgativas sobre o fomento da natalidade e a necesidade de incrementar as taxas de natalidade da Comunidade Autónoma.

30.6.2016

4.182,75

Convenio de colaboración entre a Consellería de Política Social e Cope Galicia para a difusión de accións divulgativas e información vencellada ao fomento da natalidade nos medios de comunicación do grupo no ano 2016.

Accións divulgativas sobre o fomento da natalidade e a necesidade de incrementar as taxas de natalidade da Comunidade Autónoma.

30.6.2016

4.826,25

Convenio de colaboración entre a Consellería de Política Social e a Cadena ES Radio para a difusión de accións divulgativas e información vencellada ao fomento da natalidade nos medios de comunicación do grupo no ano 2016.

Accións divulgativas sobre o fomento da natalidade e a necesidade de incrementar as taxas de natalidade da Comunidade Autónoma.

30.6.2016

707,85

Convenio de colaboración entre a Consellería de Política Social e a Corporación Voz de Galicia, S.L.U. para a difusión de accións divulgativas e información vencellada ao fomento da natalidade nos medios de comunicación do grupo no ano 2016.

Accións divulgativas sobre o fomento da natalidade e a necesidade de incrementar as taxas de natalidade da Comunidade Autónoma.

30.6.2016

149.796,35

Convenio de colaboración entre a Consellería de Política Social e o xornal Faro de Vigo para a difusión de accións divulgativas e información vencellada ao fomento da natalidade nos medios de comunicación do grupo no ano 2016.

Accións divulgativas sobre o fomento da natalidade e a necesidade de incrementar as taxas de natalidade da Comunidade Autónoma.

30.6.2016

68.372,30

Convenio de colaboración entre a Consellería de Política Social e El Progreso de Lugo, S.L. para a difusión de accións divulgativas e información vencellada ao fomento da natalidade nos medios de comunicación do grupo no ano 2016.

Accións divulgativas sobre o fomento da natalidade e a necesidade de incrementar as taxas de natalidade da Comunidade Autónoma.

30.6.2016

25.820,45

Convenio de colaboración entre a Consellería de Política Social e o diario La Región para a difusión de accións divulgativas e información vencellada ao fomento da natalidade nos medios de comunicación do grupo no ano 2016.

Accións divulgativas sobre o fomento da natalidade e a necesidade de incrementar as taxas de natalidade da Comunidade Autónoma.

30.6.2016

21.008,60

Convenio de colaboración entre a Consellería de Política Social e o Diario de Pontevedra para a difusión de accións divulgativas e información vencellada ao fomento da natalidade nos medios de comunicación do grupo no ano 2016.

Accións divulgativas sobre o fomento da natalidade e a necesidade de incrementar as taxas de natalidade da Comunidade Autónoma.

30.6.2016

10.913,15

Convenio de colaboración entre a Consellería de Política Social e Radio Coruña, S.L. para a difusión de accións divulgativas e información vencellada ao fomento da natalidade nos medios de comunicación do grupo no ano 2016.

Accións divulgativas sobre o fomento da natalidade e a necesidade de incrementar as taxas de natalidade da Comunidade Autónoma.

30.6.2016

2.284,43

Convenio de colaboración entre a Consellería de Política Social e Radio Lugo, S.A. para a difusión de accións divulgativas e información vencellada ao fomento da natalidade nos medios de comunicación do grupo no ano 2016.

Accións divulgativas sobre o fomento da natalidade e a necesidade de incrementar as taxas de natalidade da Comunidade Autónoma.

30.6.2016

707,85

Convenio de colaboración entre a Consellería de Política Social e Radio Orense, S.A. para a difusión de accións divulgativas e información vencellada ao fomento da natalidade nos medios de comunicación do grupo no ano 2016.

Accións divulgativas sobre o fomento da natalidade e a necesidade de incrementar as taxas de natalidade da Comunidade Autónoma.

30.6.2016

1.126,13

Convenio de colaboración entre a Consellería de Política Social e Radio Pontevedra para a difusión de accións divulgativas e información vencellada ao fomento da natalidade nos medios de comunicación do grupo no ano 2016.

Accións divulgativas sobre o fomento da natalidade e a necesidade de incrementar as taxas de natalidade da Comunidade Autónoma.

30.6.2016

1.190,48

Convenio de colaboración entre a Consellería de Política Social e Ser Santiago para a difusión de accións divulgativas e información vencellada ao fomento da natalidade nos medios de comunicación do grupo no ano 2016.

Accións divulgativas sobre o fomento da natalidade e a necesidade de incrementar as taxas de natalidade da Comunidade Autónoma.

30.6.2016

1.061,78

Convenio de colaboración entre a Consellería de Política Social e a Cadena Ser Vigo para a difusión de accións divulgativas e información vencellada ao fomento da natalidade nos medios de comunicación do grupo no ano 2016.

Accións divulgativas sobre o fomento da natalidade e a necesidade de incrementar as taxas de natalidade da Comunidade Autónoma.

30.6.2016

2.380,95

Convenio de colaboración entre a Consellería de Política Social e Atlántico Diario para a difusión de accións divulgativas e información vencellada ao fomento da natalidade nos medios de comunicación do grupo no ano 2016.

Accións divulgativas sobre o fomento da natalidade e a necesidade de incrementar as taxas de natalidade da Comunidade Autónoma.

30.6.2016

3.207,90

Convenio de colaboración entre a Consellería de Política Social e a Editorial La Capital para a difusión de accións divulgativas e información vencellada ao fomento da natalidade nos medios de comunicación do grupo no ano 2016.

Accións divulgativas sobre o fomento da natalidade e a necesidade de incrementar as taxas de natalidade da Comunidade Autónoma.

30.6.2016

10.630,10

Convenio de colaboración entre a Consellería de Política Social e a Corporación Radio Televisión de Galicia (CRTVG) para a difusión de accións divulgativas e información vencellada ao fomento da natalidade nos medios de comunicación do grupo no ano 2016.

Accións divulgativas sobre o fomento da natalidade e a necesidade de incrementar as taxas de natalidade da Comunidade Autónoma.

21.7.2016

23.953,90

Convenio de colaboración entre a Consellería de Política Social da Xunta de Galicia e Aldeas Infantiles SOS Galicia para a execución do Programa de apoio ao acollemento en familia extensa.

Establecer o marco de colaboración entre a Consellería de Política Social e Aldeas Infantiles SOS Galicia para o desenvolvemento na Comunidade Autónoma de Galicia do Programa de apoio ao acollemento en familia extensa, mediante o cal se facilita o adecuado desenvolvemento do/da menor acollido/a mediante a formación, a orientación, o asesoramento e o apoio especializado ás familias e/ou aos/ás menores.

4.6.2016

151.679,00

Convenio de colaboración entre a Consellería de Política Social da Xunta de Galicia e a Cruz Vermella de Galicia para a execución do Programa de familias acolledoras, dirixido ao acollemento en familia allea de menores en situación de risco ou desamparo.

Establecer o marco de colaboración entre a Consellería de Política Social e Cruz Vermella de Galicia para o desenvolvemento na Comunidade Autónoma de Galicia do Programa de familias acolledoras, que ten como obxectivo xeral proporcionar unha atención temporal a aqueles menores en situación de risco, desamparo ou desprotección social, nun ambiente familiar normalizado, alleo á súa familia de orixe, por non existir esta ou non ser idónea para o seu coidado.

20.6.2016

330.000,00

Convenio de colaboración entre a Consellería de Política Social e o Ilustre Colexio Oficial de Odontólogos e Estomatólogos da Coruña (ICOEC) para a atención odontolóxica de menores tutelados ou en garda pola Xunta de Galicia na clínica social de odontoloxía da Coruña.

Establecer un marco de colaboración entre a Consellería de Política Social e o ICOEC en virtude do cal os menores en situación de risco, desamparo ou exclusión social que estean baixo a protección da xefatura territorial da consellería na Coruña poidan acceder ao servizo de asistencia odontolóxica e protésica do ICOEC na clínica social da Coruña.

Os tratamentos odontolóxicos referidos neste convenio serán os excluídos de Servizo Galego de Saúde, conforme a Lei 8/2008, do 10 de xullo, de saúde de Galicia.

21.6.2016

Non implica obriga económica

Convenio de colaboración entre a Consellería de Política Social e a Fundación Juan Soñador para o desenvolvemento do Programa socioeducativo e de ocio e tempo libre, de atención integral para infancia, adolescencia e familias.

Establecer un marco de colaboración entre a Consellería de Política Social e a Fundación Juan Soñador en virtude do cal os menores en situación de risco, desamparo ou exclusión social que estean baixo a tutela e/ou garda da Xunta de Galicia poidan acceder ao Programa socioeducativo e de ocio e tempo libre, de atención integral para infancia, adolescencia e familias, a través das liñas de actuación máis axeitadas segundo sexa o seu caso.

8.7.2016

70.000,00

Convenio de colaboración entre a Consellería de Política Social e a Asociación Galega de Familias Numerosas para a colaboración na xestión do programa do carné familiar galego.

Establecer o marco de colaboración para a xestión do Programa do carné familiar galego como recurso que beneficia as familias numerosas, captación de novas entidades colaboradoras co programa e a actualización da guía de entidades colaboradoras.

20.7.2016

16.500,00

Convenio de colaboración entre a Consellería de Política Social da Xunta de Galicia e a Fundación Universidade da Coruña, para o desenvolvemento do programa «Avaliación e tratamento terapéutico de menores en situación de risco ou desamparo».

Establecer a colaboración entre a Consellería de Política Social e a Fundación Universidade da Coruña para a organización e realización do programa «Avaliación e tratamento terapéutico de menores en situación de risco ou desamparo» desenvolvido pola Unidade de Investigación en Intervención e Coidado Familiar (UIICF) da Universidade da Coruña.

Este programa inclúe o deseño e aplicación do tratamento terapéutico dos/das menores derivados/as polos equipos técnicos de menores da Consellería de Política Social, o seguimento e a avaliación científica dos resultados e o asesoramento aos profesionais e coidadores dos/das menores que estean recibindo o tratamento.

20.7.2016

161.920,00

Convenio de colaboración entre a Consellería de Política Social e a Fundación Andrea para o desenvolvemento dun programa denominado «Soporte vital a familias con nenas/nenos con enfermidades de longa duración ou terminais con escasos recursos económicos».

Apoio a familias con nenas/nenos con enfermidades de longa duración ou terminais con escasos recursos económicos.

20.7.2016

10.000,00

Convenio de colaboración entre a Consellería de Política Social e a entidade Cáritas Diocesana de Santiago para o desenvolvemento dun programa de apoio a familias monoparentais.

Establecer un marco de colaboración no desenvolvemento nun programa de formación, orientación e apoio ás familias monoparentais que, carentes de medios e recursos axeitados, precisan dun servizo asistencial para a normalización da súa convivencia.

20.7.2016

25.000,00

Convenio de colaboración entre a Vicepresidencia e Consellería da Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, a Consellería de Política Social, o Ministerio Fiscal, o Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia e o Colexio Oficial de Avogados de Santiago para o desenvolvemento dun programa de mediación intraxudicial gratuíta na cidade de Santiago de Compostela durante o ano 2016.

Establecer as condicións polas cales se rexerá a colaboración para o desenvolvemento do programa mediante a constitución dun equipo permanente de mediación composto por
un/unha psicólogo/a e un/unha avogado/a.

28.7.2016

40.000,00

Convenio de colaboración entre a Vicepresidencia e Consellería da Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, a Consellería de Política Social, o Ministerio Fiscal, o Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia e o Colexio Oficial de Avogados de Ourense para o desenvolvemento dun programa de mediación intraxudicial gratuíta na cidade de Ourense durante o ano 2016.

Establecer as condicións polas cales se rexerá a colaboración para o desenvolvemento do programa mediante a constitución dun equipo permanente de mediación composto por un/unha psicólogo/a e un/unha avogado/a.

28.7.2016

40.000,00

Convenio de colaboración entre a Consellería de Política Social e o Concello do Carballiño para a promoción da Residencia de tempo libre do Carballiño.

Promoción da Residencia de tempo libre do Carballiño co fin de conseguir chegar a un maior número de futuros usuarios durante todo o ano e facer extensiva a oferta de actividades de lecer e recursos turísticos do Concello do Carballiño para que os usuarios da residencia poidan participar gratuítamente en calquera delas.

14.8.2016

Non implica obriga económica

Convenio de colaboración entre a Consellería de Política Social, o Concello de Pontevedra e a Fundación La Caixa para o desenvolvemento do Programa CaixaProinfancia.

Establecer un marco de colaboración entre a Consellería de Política Social da Xunta de Galicia, o Concello de Pontevedra e a Fundación bancaria La Caixa, co fin de coordinar os esforzos dirixidos a optimizar a aplicación do Programa CaixaProinfancia nunha área xeográfica determinada dentro do ámbito urbano da cidade de Pontevedra. Este programa está destinado a facilitar tanto a mellora da situación dos nenos e nenas e das súas familias como a que desenvolvan as competencias e o compromiso necesario que lles permita asumir con autonomía o devandito proceso de mellora.

2.5.2016

Non implica obriga económica

Convenio de colaboración entre a Consellería de Política Social, o Concello de Vigo e a Fundación La Caixa para o desenvolvemento do Programa CaixaProinfancia.

Establecer un marco de colaboración entre a Consellería de Política Social da Xunta de Galicia, o Concello de Vigo e a Fundación bancaria La Caixa, co fin de coordinar os esforzos dirixidos a optimizar a aplicación do Programa CaixaProinfancia nunha área xeográfica determinada dentro do ámbito urbano da cidade de Vigo. Este programa está destinado a facilitar tanto a mellora da situación dos nenos e nenas e das súas familias como a que desenvolvan as competencias e o compromiso necesario que lles permita asumir con autonomía o devandito proceso de mellora.

2.5.2016

Non implica obriga económica

Convenio de colaboración entre a Consellería de Política Social e a Fundación bancaria La Caixa para o desenvolvemento dos proxectos do programa de persoas maiores.

O desenvolvemento do Programa de persoas maiores en 23 centros da rede de centros sociocomunitarios da Comunidade Autónoma, que inclúe todas as actuacións que, desde a Obra Social La Caixa, impulsan un estilo de vida activo para contribuír ao benestar das persoas maiores e previr situacións non desexadas, promovendo a autonomía das persoas maiores, para que, cando aparezan as súas limitacións, estean preparadas para afrontalas.

2.5.2016

Non implica obriga económica

Convenio de colaboración entre a Consellería de Política Social e Cruz Vermella Española en Galicia para a execución dun programa de acompañamento e apoio a persoas sen teito ou en situación de vulnerabilidade extrema.

O desenvolvemento dun programa de acompañamento e apoio a persoas sen fogar ou en situación de vulnerabilidade extrema, en que teñen cabida distintas formas de intervención destinadas a minimizar os danos asociados á situación persoal deste colectivo, así como a reducir as situacións de exclusión social, coa integración na sociedade e a procura dun xeito de vida normalizado.

3.5.2016

165.000,00

Convenio de colaboración entre a Consellería de Política Social e a Fundación Monte do Gozo para o desenvolvemento do programa educativo-terapéutico Proxecto Home de atención, rehabilitación e reinserción social de persoas adictas.

A colaboración entre a Consellería de Política Social e a Fundación Monte do Gozo para a realización, por parte desta última, dunha serie de actuacións encamiñadas á inserción social, englobadas nun programa marco denominado Proxecto Home, de atención, rehabilitación e reinserción social de persoas adictas.

24.5.2016

149.365,44

Convenio de colaboración entre a Consellería de Política Social e a Federación Galega de Bancos de Alimentos para o desenvolvemento de actuacións encamiñadas á captación, almacenamento e distribución de alimentos ás institucións asistenciais ou benéficas.

A colaboración entre a Consellería de Política Social e a Federación Galega de Bancos de Alimentos para a realización, por parte desta última, dunha serie de actuacións encamiñadas á captación, almacenamento e distribución de alimentos ás institucións asistenciais ou benéficas legalmente constituídas con esa finalidade.

25.5.2016

66.000,00

Convenio marco de colaboración entre a Consellería de Política Social, a Federación Galega de Bancos de Alimentos e a Federación Galega de Municipios e Provincias (Fegamp) para o establecemento dunha coordinación na entrega de alimentos ás familias en situación de vulnerabilidade e con menores.

Establecer un procedemento de actuación que determine a coordinación para a entrega de alimentos ás familias en situación de vulnerabilidade e con menores a cargo, previamente propostas polos concellos, e que non sexan beneficiarias de axudas coa mesma finalidade.

23.6.2016

Non implica obriga económica

Convenio de colaboración entre a Consellería de Política Social e a Fundación Secretariado Gitano para a execución de determinadas accións do Programa operativo estatal de inclusión social e economía social 2014-2020 do Fondo Social Europeo.

O desenvolvemento de accións dirixidas ás minorías étnicas, coa finalidade de promover a inclusión social a través de políticas activas centradas na loita contra a discriminación, no marco do Programa operativo de inclusión social e economía social 2014-2020.

15.7.2016

64.000,00

Convenio de colaboración entre a Consellería de Política Social e a Asociación Galega das Persoas Maiores, Xubilados e Pensionistas (Asogapem) para financiar a realización de actividades no ano 2016.

Actividades deportivas, de mantemento e mellora da axilidade mental, así como charlas sobre a protección xurídica dirixidas aos maiores durante o ano 2016.

4.5.2016

19.800,00

Convenio de colaboración entre a Consellería de Política Social e a Confederación Galega de Organizacións de Maiores (Cogama) para financiar a realización de actividades no ano 2016.

Actividades artísticas e culturais,
socio-comunitarias de convivencia e de animación á lectura dirixidas aos maiores durante o ano 2016.

4.5.2016

22.000,00

Convenio de colaboración entre a Consellería de Política Social e a Federación Galega de Asociacións de Atención ás Persoas con Parálise Cerebral e/ou Patoloxías Afíns (Federación Aspace Galicia), para o financiamento do programa de promoción da autonomía persoal de persoas con parálise cerebral mediante a formación e do mantemento da entidade.

O mantemento da Federación Aspace Galicia e das súas entidades asociadas, así como para a prestación de servizos de apoio, asesoramento e accións de intermediación e sensibilización dirixidas á atención das persoas con parálise cerebral e ás súas familias.

Incorporarase de xeito transversal o principio de igualdade de oportunidades entre mulleres e homes e terase en conta a perspectiva de xénero no seu deseño e execución.

10.5.2016

85.000,00

Convenio de colaboración entre a Consellería de Política Social e a Asociación de Parapléxicos e Grandes Minusválidos de Galicia (Aspaym), para o financiamento do programa de atención dirixido ao colectivo de lesionados medulares residentes en Galicia e o mantemento da entidade.

Financiamento das seguintes actividades:

– Servizo de información, orientación e asesoramento.

– Servizo de transporte adaptado non cuberto por outros servizos.

– Servizo de apoio psicosocial ao novo lesionado medular.

– Titorías ao novo lesionado medular.

– Cursos de formación.

Daráselle especial atención á muller con discapacidade embarazada e á súa familia.

Incorporarase de xeito transversal o principio de igualdade de oportunidades entre mulleres e homes e terase en conta a perspectiva de xénero no seu deseño e execución.

10.5.2016

42.992,00

Convenio de colaboración entre a Consellería de Política Social e a Federación de Entidades e Organizacións Protectoras de Persoas con Autismo da Comunidade Autónoma de Galicia (Autismo Galicia), para promover a atención das persoas con trastornos do espectro autista e ás súas familias, en Galicia, e para o mantemento da federación e das entidades federadas.

O mantemento da federación e das entidades federadas e das seguintes actuacións:

– A representación institucional para a súa participación e visualización na sociedade.

– O desenvolvemento de publicacións divulgativas e formativas.

– A realización de eventos para a sensibilización, o coñecemento e o fomento de cohesión social.

– O programa de inclusión social destinado ás persoas con trastornos do espectro autista.

– O programa de apoio ás familias.

– O programa de ocio, tempo libre e campamentos.

Daráselle especial atención á muller con discapacidade embarazada e á súa familia.

10.5.2016

155.044,00

Convenio de colaboración entre a Consellería de Política Social e a Confederación Galega de Persoas con Discapacidade (Cogami) para o financiamento do programa de atención a persoas con discapacidade e ás súas familias e o mantemento de Cogami e das súas entidades.

O mantemento de Cogami e das súas entidades asociadas e as seguintes actividades:

– Servizo de información, asesoramento e orientación (SIAO) ás persoas con discapacidade e ás súas familias.

– Servizo de intervención social das persoas con discapacidade e das súas familias.

– Programa de promoción da autonomía persoal e prevención da dependencia.

– Formación e intermediación laboral das persoas con discapacidade.

– Sensibilización e concienciación.

– Voluntariado.

– Actividades de lecer.

– Respiro familiar.

– Servizo de información e asesoramento en accesibilidade.

– Servizo de apoio ao movemento asociativo.

Daráselle especial atención á muller con discapacidade xestante e á súa familia.

Incorporarase de xeito transversal o principio de igualdade de oportunidades entre mulleres e homes e terase en conta a perspectiva de xénero no seu deseño e execución.

10.5.2016

946.012,00

Convenio de colaboración entre a Consellería de Política Social e a Federación Galega de Institucións para a Síndrome de Down (Down Galicia), para o financiamento de programas destinados ás persoas con discapacidade intelectual, coa síndrome de Down, en situación de dependencia e ás súas familias e do mantemento da federación.

O mantemento de Down Galicia e as seguintes actividades:

– Servizo de Promoción da Autonomía Persoal (Sepap) organizado nas seguintes áreas de atención:

• Área de atención temperá.

• Área de inclusión educativa.

• Área de formación e emprego.

• Área vida adulta e independente.

• Área transversal.

Incorporarase de xeito transversal o principio de igualdade de oportunidades entre mulleres e homes e terase en conta a perspectiva de xénero no seu deseño e execución.

10.5.2016

446.838,00

Convenio de colaboración entre a Consellería de Política Social e a Federación Galega de Asociacións en Favor das Persoas con Discapacidade Intelectual ou do Desenvolvemento (Fademga Plena Inclusión Galicia) para o financiamento do programa de atención a persoas con discapacidade e ás súas familias, e do mantemento de Fademga Plena Inclusión Galicia.

– Programa de atención a asociacións: apoio, fortalecemento e promoción do movemento asociativo.

– Programa de apoio familiar.

– Xestión do programa de atención integral ás persoas con discapacidade intelectual ou do desenvolvemento para a autonomía persoal e a cidadanía activa.

Daráselle especial atención á muller con discapacidade embarazada e á súa familia.

Incorporarase de xeito transversal o principio de igualdade de oportunidades entre mulleres e homes e terase en conta a perspectiva de xénero no seu deseño e execución.

10.5.2016

198.571,00

Convenio de colaboración entre a Consellería de Política Social e a Federación de Asociacións Galegas de Familiares de Enfermos de Alzheimer e outras Demencias (Fagal), para o financiamento dos programas de atención dirixidos a familiares de enfermos de Alzheimer residentes en Galicia e o mantemento da federación.

O mantemento da entidade e as seguintes actividades:

– Actividades xerais.

– Mantemento de instalacións e xestión da infraestrutura de Fagal.

– Mantemento dos gastos derivados das actividades de xestión de Fagal: gastos de desprazamentos para reunións de coordinación de programas; gastos de reunión de xunta directiva e coa Xunta de Galicia.

– Gasto de seguros da Fagal.

– Coordinación coas asociacións de familiares de enfermos de Alzheimer de Fagal.

– Coordinación dos diferentes programas das asociacións.

– Elaboración de programas comúns ás asociacións.

– Coordinación e derivación de usuarios entre Fagal e asociacións.

– Elaboración de material de información e difusión.

– Elaboración de guías específicas por sectores profesionais das AFAs.

– Desenvolvemento do plan de comunicación 2016.

– Campaña de sensibilización polo día mundial do Alzheimer.

– Deseño de material de divulgación.

Incorporarase de xeito transversal o principio de igualdade de oportunidades entre mulleres e homes e terase en conta a perspectiva de xénero no seu deseño e execución.

10.5.2016

85.000,00

Convenio de colaboración entre a Consellería de Política Social e a Federación de Asociacións de Persoas Xordas de Galicia (Faxpg), para o financiamento do programa de atención a persoas xordas, xordocegas e con discapacidade auditiva residentes na Comunidade Autónoma de Galicia e o mantemento da federación.

O mantemento de Faxpg e as seguintes actividades:

– Servizo de atención a persoas xordas, xordocegas e con discapacidade auditiva (SAPS).

– Servizo de intérpretes de lingua de signos española e guías-intérpretes (SILSE-GI):

– Servizo integral para persoas xordas, xordocegas e persoas con discapacidade auditiva (SIPS).

– Mantemento da estrutura asociativa da Faxpg e servizos de apoio.

Incorporarase de xeito transversal o principio de igualdade de oportunidades entre mulleres e homes e terase en conta a perspectiva de xénero no seu deseño e exeución.

10.5.2016

723.644,00

Convenio de colaboración entre a Consellería de Política Social e a Federación Galega de Asociacións de Familiares e Persoas con Enfermidade Mental de Galicia (Feafes), para o financiamento dos seus programas dirixidos a persoas con enfermidade mental residentes na Comunidade Autónoma de Galicia e o mantemento da entidade.

– Información, orientación e atención
socio-familiar.

– Asesoramento e apoio xurídico especializado sobre os aspectos legais relacionados coas enfermidades mentais e os seus familiares.

– Fomento da autonomía persoal das persoas con discapacidade por mor dunha enfermidade mental e de atención a domicilio e transporte no medio rural.

– Mantemento, coordinación do movemento asociativo, representación e interlocución institucional e servizo de comunicación externa da federación.

– Plan anual de formación para profesionais, coidadores non profesionais e profesionais dos servizos sociais.

Daráselle especial atención á muller con discapacidade embarazada e á súa familia.

Incorporarase de xeito transversal o principio de igualdade de oportunidades entre mulleres e homes e terase en conta a perspectiva de xénero no seu deseño e execución.

10.5.2016

588.434,00

Convenio de colaboración entre a Consellería de Política Social e a Federación Galega de Dano Cerebral (Fegadace), para o financiamento dos programas de atención ambulatoria, de rehabilitación funcional e inclusión social de persoas con dano cerebral adquirido e o mantemento da federación e das entidades federadas.

O mantemento de Fegadace e das súas entidades federadas e os seguintes programas:

– Programa de promoción da autonomía persoal e de recuperación funcional das persoas afectadas de dano cerebral adquirido en situación de dependencia e ás súas familias a través de atención ambulatoria nas cidades da Coruña, Lugo, Ourense, Santiago de Compostela e Vigo e que implica o desenvolvemento de actividades nas áreas terapéutica, ocupacional e social.

– Programa de información e asesoramento a familias no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia, con especial atención á muller con discapacidade embarazada e á súa familia.

Incorporarase de xeito transversal o principio de igualdade de oportunidades entre mulleres e homes e terase en conta a perspectiva de xénero no seu deseño e execución.

10.5.2016

211.511,00

Convenio de colaboración entre a Consellería de Política Social e a Federación Galega de Enfermidades Raras e Crónicas (Fegerec), para o financiamento de actividades destinadas a mellorar a calidade de vida das persoas afectadas de enfermidades raras e crónicas e o mantemento da federación.

O mantemento de Fegerec e as seguintes actividades:

– Ofrecer unha atención social integral ao colectivo de persoas que representa.

– Informar dos servizos da federación, así como fomentar a relación de axuda.

– Promover e potenciar as axudas e apoios para promoción da autonomía persoal destes colectivos de enfermos crónicos.

– Informar, asesorar e/ou tramitar documentación ás persoas afectadas e ás súas familias sobre recursos, dereitos e outros beneficios de carácter socioeconómico, laboral e sanitario, a que lles dá acceso a súa situación de enfermidade.

Daráselle especial atención á muller embarazada, con discapacidade ou cunha enfermidade rara, e á súa familia.

Incorporarase de xeito transversal o principio de igualdade de oportunidades entre mulleres e homes e terase en conta a perspectiva de xénero no seu deseño e execución.

10.5.2016

22.200,00

Convenio de colaboración entre a Consellería de Política Social e a Fundación Tutelar Galega para Persoas con Discapacidade Intelectual Sálvora para o financiamento das actuacións de tutela e protección de persoas con discapacidade intelectual durante o ano 2016.

– Exercer o cargo de titor, curador ou outras figuras de garda das persoas con discapacidade intelectual encomendadas á Fundación Tutelar Galega para Persoas con Discapacidade Intelectual Sálvora, segundo o dereito vixente, cumprindo coas obrigacións inherentes ao cargo, coidando da persoa e administrando os seus bens con extrema dilixencia.

– Informar e asesorar as familias das persoas con discapacidade intelectual, titores, curadores, persoas relacionadas coa garda de persoas e bens das ditas persoas con discapacidade intelectual, así como a entidades de todo tipo que teñan fins similares.

Darase especial atención á muller con discapacidade embarazada e ás súas familias, en cumprimento da Lei 5/2010, do 23 de xuño, pola que se establece e regula unha rede de apoio á muller embarazada.

19.5.2016

55.000,00

Convenio de cooperación entre a Consellería de Política Social e a Universidade da Coruña para o financiamento da Universidade Sénior.

Consolidación da Universidade Sénior, que é unha oferta de estudos para aquel sector da sociedade maior que concluíu a súa vida laboral e demanda un novo tipo de formación actualizada e axeitada ás súas inquedanzas formativas e intereses culturais.

27.5.2016

27.500,00

Convenio de cooperación entre a Consellería de Política Social e a Universidade de Vigo para o financiamento da Aula de formación aberta. Programa para maiores.

Formación das persoas maiores, a través dun proxecto de desenvolvemento
científico-cultural, dirixido a promover a ciencia e a cultura nas persoas maiores, ao mesmo tempo que as relacións interxeracionais.

27.5.2016

27.500,00

Convenio de cooperación entre a Consellería de Política Social e a Universidade de Santiago de Compostela para o financiamento do IV ciclo universitario.

Favorecer e permitir o desenvolvemento da oferta educativa do Programa universitario de maiores, IV ciclo, así como a participación social que se leva a cabo desde as actividades de voluntariado activo.

31.5.2016

27.500,00

Convenio de colaboración entre a Xunta de Galicia, a través da Consellería de Política Social, e o Concello de Carballedo, para a reforma e ampliación dun edificio para destinalo a centro onde se presten servizos das carteiras de servizos de promoción da autonomía e de atención á dependencia.

Execución da reforma e ampliación dun edificio para destinalo a centro onde se presten servizos das carteiras de servizos de promoción da autonomía e de atención á dependencia.

3.6.2016

700.000,00

Convenio de colaboración entre a Xunta de Galicia, a través da Consellería de Política Social, e o Concello de Cervo, para o equipamento dun centro sito en San Cibrao, onde se presten servizos das carteiras de servizos de promoción da autonomía e de atención á dependencia.

Adquisición do equipamento para o centro, construído en San Cibrao e titularidade do Concello de Cervo, onde se presten servizos das carteiras de servizos de promoción da autonomía e de atención á dependencia, por un importe de 160.000 euros, mediante unha contribución da consellería de 150.000 euros. O Concello comprométese a achegar os restantes 10.000 euros.

3.6.2016

150.000,00

Convenio de colaboración entre a Consellería de Política Social e a Unión de Asociacións Provinciais UDP de Lugo para financiar o mantemento da entidade e a realización de actividades durante o ano 2016.

O mantemento da entidade e promoción de actividades formativas, culturais, participativas e recreativas dirixidas aos maiores durante o ano 2016, en concreto: excursións de interese cultural, aplicación de novas tecnoloxías, obradoiros de memoria, actividades físicas e deportivas e celebración do Día do Xubilado.

8.6.2016

5.500,00

Convenio de colaboración entre a Consellería de Política Social e o Comité de Entidades Representantes de Persoas con Discapacidade de Galicia (Cermi de Galicia) para o mantemento da entidade.

O mantemento de Cermi de Galicia, co fin de prestar servizos ás organizacións e entidades dedicadas á atención das persoas con discapacidade de defensa dos dereitos das persoas con discapacidade.

14.6.2016

13.200,00

Convenio de colaboración entre a Consellería de Política Social e a Fundación Anade para o financiamento de actuacións desenvoltas con persoas con discapacidade no ano 2016.

Organización e desenvolvemento de obradoiros de teatro, de escritura creativa e tres actuacións do grupo de teatro Pinchacarneiro.

22.6.2016

9.900,00

Convenio de colaboración entre a Consellería de Política Social e a Asociación de Pais, Profesionais e Amigos das Persoas con Discapacidade Intelectual (Special Olympics Galicia), para o mantemento e a promoción da integración social dirixida ás persoas con discapacidade intelectual de Galicia e ás súas familias mediante a realización de actividades deportivas adaptadas, ocio, formativas e de promoción do voluntariado durante o ano 2016.

– Mantemento da entidade.

– Actividades deportivas:

• Xogos autonómicos para persoas con discapacidade intelectual.

• Xogos autonómicos de deportes minoritarios.

• Xogos autonómicos de fútbol sala.

• Xogos autonómicos de campo a través.

• Xogos autonómicos de maratón urbano.

• Xogos autonómicos de atletismo.

• Xogos autonómicos de baloncesto.

– Actividades de lecer e familias:

• Campamentos ou programa de vacacións.

• Concurso de tarxetas de Nadal.

• Actos de recoñecemento ao labor solidario.

– Actividades de formación e culturais:

• Foros ou xornadas e voluntariado, técnicos, persoas con discapacidade intelectual

• Rede de teatro.

– Actividades orientadas á familia.

23.6.2016

189.946,00

Convenio de colaboración entre a Consellería de Política Social e a Asociación Cultural Galega de Formación Permanente de Adultos (Ategal) para o financiamento das aulas da terceira idade no ano 2016.

– Na área cultural: literatura, historia da arte e xeografía, historia da música, inglés de iniciación e de perfeccionamento, francés e lingua galega.

– Na área de dinámica ocupacional: obradoiros de debuxo, pintura, traballos manuais, expresión creativa, teatro, música, coral, informática e internet.

– Na área de saúde integral: ximnasia de mantemento, ioga, tai-chi, pilates, obradoiros de memoria, desenvolvemento persoal e ximnasia na auga.

– Na área de lecer: viaxes de fin de curso, visitas culturais a museos e exposicións, asistencia a concertos e sendeirismo.

– Desenvolvemento do proxecto «Active
post-working life» destinado a formar e informar as persoas maiores de 55 anos, próximas á súa xubilación, das opcións e recursos que teñen para esta nova etapa da súa vida.

28.6.2016

78.120,00

Convenio de colaboración entre a Consellería de Política Social e a Federación de Asociacións Galegas de Familiares de Enfermos de Alzheimer e outras Demencias (Fagal), para o financiamento dos programas de apoio a persoas coidadoras de persoas en situación de dependencia enfermos de Alzheimer e outras demencias residentes en Galicia.

Contribuír ao financiamento por parte da Consellería de Política Social da Xunta de Galicia das actividades que leva consigo o servizo orientado á formación e apoio das persoas coidadoras de persoas en situación de dependencia enfermas de Alzheimer e outras demencias que Fagal ten previsto desenvolver, entre outras, durante o ano 2016 e que a seguir se detallan:

– Cursos de formación para coidadores non profesionais de persoas con dependencia enfermas de Alzheimer e outras demencias.

– Talleres de aplicación dos coidados no domicilio.

– Creación e dinamización de grupos de autoapoio de persoas coidadoras de persoas en situación de dependencia enfermas de Alzheimer e outras demencias.

– Creación de servizos de apoio, sensibilización e formación na área rural de Galicia.

– Desenvolvemento de materiais de formación.

30.6.2016

18.000,00

Convenio de colaboración entre a Consellería de Política Social e a Federación Territorial de Asociacións Provinciais de Pensionistas e Xubilados de Galicia (Fetega) para o financiamento de actividades no ano 2016.

Programas de formación, benestar e envellecemento activo, así como un programa cultural e social.

1.7.2016

30.800,00

Convenio de colaboración entre a Xunta de Galicia, a través da Consellería de Política Social e o Concello de Portomarín, para a construción dun centro onde se presten servizos das carteiras de servizos de promoción da autonomía e de atención á dependencia, consistente en 16 apartamentos tutelados.

Construción dun centro no Concello de Portomarín, onde se presten servizos das carteiras de servizos de promoción da autonomía e de atención á dependencia, consistente en 16 apartamentos tutelados, por un importe de 1.100.000 euros, mediante unha contribución da consellería de 200.000 euros. O Concello comprométese a achegar os restantes 10.000 euros.

11.7.2016

200.000,00

Convenio de colaboración entre a Consellería de Política Social e a Fundación Profesor Novoa Santos para o financiamento do programa de integración social de lesionados medulares residentes na Comunidade Autónoma de Galicia.

– Mobilidade: obtención do permiso de conducir especial para vehículo adaptado.

– Actividades de ocio e deporte.

– Edición dun boletín de educación sociosanitaria.

21.7.2016

23.650,00

Convenio de colaboración entre a Consellería de Política Social e a Federación de asociacións de Familiares e Persoas con Enfermidade Mental de Galicia, para o financiamento dun programa piloto de apoio socio-educativo comunitario e atención no fogar a persoas en situación de dependencia con enfermidade mental residentes en Galicia.

Contribuír ao financiamento por parte da Consellería de Política Social da Xunta de Galicia das actividades que leva consigo o programa piloto orientado ao apoio
socio-educativo comunitario e atención no fogar a persoas en situación de dependencia con enfermidade mental en Galicia que Feafes ten previsto desenvolver, entre outras, durante o ano 2016 e que a seguir se detallan:

– Área de atencións comúns.

– Servizo de información, valoración, seguimento, avaliación e coordinación.

– Servizo de información, orientación e formación a familiares.

– Áreas de atención específicas.

– Servizo de promoción, mantemento e recuperación da autonomía funcional.

– Atención psicolóxica.

– Atención pedagóxica.

– Servizo de actividades e programas.

– Actividades de lecer e tempo libre.

– Servizo de habilitación psicosocial.

– Adestramento en habilidades persoais e sociais.

– Fomento e promoción da inclusión social.

– Servizo de desenvolvemento profesional e social para persoas dependentes en idade laboral.

– Formación pre-laboral (habilidades básicas polivalentes para o emprego).

– Formación ocupacional normalizada.

– Formación práctico-laboral en empresa ordinaria.

– Emprego con apoio.

8.8.2016

60.000,00

Convenio de colaboración entre a Consellería de Política Social e o Concello de Betanzos para a realización dun campo de traballo dentro da Campaña de verán 2016 da Consellería de Política Social.

Establecer as bases de colaboración entre a Consellería de Política Social e o Concello de Betanzos para a organización do campo de traballo «Parque do Pasatempo», de temática patrimonial, que se desenvolverá desde o 15 ata o 26 do mes de xullo, no concello de Betanzos.

9.5.2016

10.758,23

Convenio de colaboración entre a Consellería de Política Social e o Concello de Outes para a realización dun campo de traballo dentro da Campaña de verán 2016 da Consellería de Política Social.

Establecer as bases de colaboración entre a Consellería de Política Social e o Concello de Outes para a organización do campo de traballo «Horta do muíño», de temática ambiental, etnográfica e patrimonial, que se desenvolverá desde o 17 ata o 28 do mes de xullo, no concello de Outes

9.5.2016

9.790,00

Convenio de colaboración entre a Consellería de Política Social e o Concello da Laracha para a realización dun campo de traballo dentro da Campaña de verán 2016 da Consellería de Política Social.

Establecer as bases de colaboración entre a Consellería de Política Social e o Concello da Laracha para a organización do campo de traballo «Bradoso-Acheiro», de temática ambiental, etnográfica e patrimonial, que se desenvolverá desde o 1 ata o 15 do mes de agosto, no concello da Laracha.

9.5.2016

9.898,90

Convenio de colaboración entre a Consellería de Política Social e o Concello de Rois para a realización dun campo de traballo dentro da Campaña de verán 2016 da Consellería de Política Social.

Establecer as bases de colaboración entre a Consellería de Política Social e o Concello de Rois para a organización do campo de traballo «Castro de Socastro», de temática arqueolóxica, que se desenvolverá desde o 1 ata o 12 do mes de agosto, no concello de Rois.

9.5.2016

10.880,00

Convenio de colaboración entre a Consellería de Política Social e o Concello de Quiroga para a realización dun campo de traballo dentro da Campaña de verán 2016 da Consellería de Política Social.

Establecer as bases de colaboración entre a Consellería de Política Social e o Concello de Quiroga para a organización do campo de traballo «Castelo de Novaes», de temática arqueolóxica, que se desenvolverá desde o 1 ata o 12 do mes de agosto, no concello de Quiroga.

12.5.2016

8.999,00

Convenio de colaboración entre a Consellería de Política Social e o Concello de Pantón para a realización dun campo de traballo dentro da Campaña de verán 2016 da Consellería de Política Social.

Establecer as bases de colaboración entre a Consellería de Política Social e o Concello de Pantón para a organización do campo de traballo «Rota do Románico», de temática cultural, que se desenvolverá desde o 2 ata o 16 do mes de agosto, no concello de Pantón.

12.5.2016

9.790,00

Convenio de colaboración entre a Consellería de Política Social e o Concello de Xermade para a realización dun campo de traballo dentro da Campaña de verán 2016 da Consellería de Política Social.

Establecer as bases de colaboración entre a Consellería de Política Social e o Concello de Xermade para a organización do campo de traballo «Casa da Neveira», de temática arqueolóxica, que se desenvolverá desde o 5 ata o 16 do mes de xullo, no concello de Xermade.

12.5.2016

10.864,23

Convenio de colaboración entre a Consellería de Política Social e o Concello de Folgoso do Courel para a realización dun campo de traballo dentro da Campaña de verán 2016 da Consellería de Política Social.

Establecer as bases de colaboración entre a Consellería de Política Social e o Concello de Folgoso do Courel para a organización do campo de traballo «O Courel», de temática ambiental e arqueolóxica, que se desenvolverá desde o 14 ata o 25 do mes de xullo, no concello de Folgoso do Courel.

12.5.2016

10.877,90

Convenio de colaboración entre a Consellería de Política Social e o Concello de Celanova para a realización dun campo de traballo dentro da Campaña de verán 2016 da Consellería de Política Social.

Establecer as bases de colaboración entre a Consellería de Política Social e o Concello de Celanova para a organización do campo de traballo «Audiovisual galego», de temática audiovisual, que se desenvolverá desde o 15 ata o 26 do mes de xullo, no concello de Celanova.

19.5.2016

10.808,00

Convenio de colaboración entre a Consellería de Política Social e o Concello de Ourense para a realización dun campo de traballo dentro da Campaña de verán 2016 da Consellería de Política Social.

Establecer as bases de colaboración entre a Consellería de Política Social e o Concello de Ourense para a organización do campo de traballo «Un rural para tod@s», de temática ambiental e social, que se desenvolverá desde o 1 ata o 11 de agosto, no concello de Ourense.

19.5.2016

8.400,00

Convenio de colaboración entre a Consellería de Política Social e Abanca Corporación Bancaria para o desenvolvemento da promoción e difusión do programa Carné xove.

Establecer as bases reguladoras da colaboración entre a Consellería de Política Social, a través da Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, e a entidade financeira Abanca, para o apoio ás accións de promoción, difusión e desenvolvemento do programa Carné xove que se leven a cabo en Galicia a partir do 1 de xaneiro de 2016 e ata o remate da vixencia do convenio.

20.5.2016

Non implica obriga económica

Convenio de colaboración entre a Consellería de Política Social e a Fundación Semana Verde de Galicia para a organización e o desenvolvemento dun encontro informático.

Regular as condicións polas cales se rexerá a colaboración entre a Consellería de Política Social e a Fundación Semana Verde de Galicia para a organización e desenvolvemento, no ano 2016, dun encontro informático que ten como obxectivo principal ser un punto de encontro e referencia para a mocidade no eido das novas tecnoloxías, combinando actividades educativas, lúdicas e culturais.

16.6.2016

50.000,00

Convenio de colaboración entre a Consellería de Política Social da Xunta de Galicia e a Fundación Galicia Europa para o desenvolvemento das actividades de información e documentación europea para a mocidade galega.

Funcionamento dunha oficina habilitada pola Fundación para a realización de actividades de información, documentación e asesoramento á mocidade sobre Europa.

30.6.2016

42.500,00

Convenio de colaboración entre a Consellería de Política Social e a Universidade de Vigo para a realización do programa «Correspondentes universitarios».

Establecer a forma e as condicións de colaboración entre a Consellería de Política Social e a Universidade de Vigo para a posta en marcha do programa «Correspondentes universitarios» entre o seu alumnado.

4.7.2016

Non implica obriga económica

Convenio de colaboración entre a Consellería de Política Social e a Fundación Exponav para o fomento da actividade museística da dita fundación entre a mocidade gallega.

Establecer as condicións da colaboración entre a Consellería de Política Social e a Fundación Exponav para o fomento e a divulgación da súa actividade museística entre a mocidade galega, mediante o desenvolvemento de diversas actuacións.

24.8.2016

17.000,00