Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 200 Xoves, 20 de outubro de 2016 Páx. 47268

III. Outras disposicións

Axencia Turismo de Galicia

RESOLUCIÓN do 10 de outubro de 2016 pola que se dá publicidade dunha encomenda de xestión á Axencia Galega de Infraestruturas para a xestión das actuacións precisas para realizar as intervencións necesarias no contorno dos Camiños de Santiago, en Santiago de Compostela.

De conformidade co artigo 9 da Lei 16/2010, do 17 de decembro, de organización e funcionamento da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia, dáse publicidade á encomenda de xestión da Axencia Turismo de Galicia á Axencia Galega de Infraestruturas para a xestión das actuacións precisas para realizar as intervencións necesarias no contorno dos Camiños de Santiago, en Santiago de Compostela, coas seguintes características:

– Actividade: xestión das actuacións precisas para realizar as intervencións necesarias no contorno dos Camiños de Santiago, en Santiago de Compostela.

– Natureza e alcance da xestión encomendada: esta encomenda ten natureza intersubxectiva ao realizarse entre entidades públicas pertencentes ao sector público autonómico dotadas de personalidade xurídica propia e ser a Axencia Galega de Infraestruturas medio propio e servizo técnico da Administración da Comunidade Autónoma de Galicia, segundo o disposto nos artigos 47 e 48 da Lei 16/2010, do 17 de decembro, de organización e funcionamento da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia.

– Prazo de vixencia: un ano, contado desde a súa sinatura, ata o día 20 de setembro de 2017. O dito prazo prorrogarase automaticamente por períodos dun ano, agás que algunha das partes exprese a vontade da súa resolución.

– Supostos en que proceda a finalización anticipada da encomenda: incumprimento total ou parcial dalgunha das partes, mutuo acordo ou denuncia por causas de interese público, por instancia de calquera das partes.

Santiago de Compostela, 10 de outubro de 2016

O/a director/a da Axencia Turismo de Galicia
P.S. (Orde do 22.8.2016; DOG núm. 160, do 25 de agosto)
Manuel Galdo Pérez
Secretario xeral da Presidencia