Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 201 Venres, 21 de outubro de 2016 Páx. 47376

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda

ORDE do 11 de outubro de 2016 pola que se convoca para a elección de destino definitivo o aspirante que superou o proceso selectivo para o ingreso no corpo facultativo de grao medio da Xunta de Galicia, subgrupo A2, escala de topógrafos/as, convocado pola Orde do 9 de maio de 2014.

En virtude da Orde do 9 de maio de 2014 (DOG núm. 99, do 26 de maio) convocouse o proceso selectivo para o ingreso no corpo facultativo de grao medio da Xunta de Galicia, subgrupo A2, escala de topógrafos/as.

O tribunal designado para cualificar o dito proceso acordou facer pública e elevar á Dirección Xeral da Función Pública o nome do aspirante que o superou na súa Resolución do 27 de maio de 2016 (DOG núm. 109, do 9 de xuño).

Co obxecto de que o aspirante que superou o dito proceso selectivo poida ser nomeado funcionario de carreira do corpo facultativo de grao medio de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A2, escala de enxeñeiros/as técnicos/as, especialidade de topografía, e segundo o disposto no Real decreto lexislativo 5/2015, do 30 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei do estatuto básico do empregado público, no Decreto lexislativo 1/2008, do 13 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei da función pública de Galicia e demais normativa concordante, esta consellería

DISPÓN:

Primeiro. Convocar o aspirante que superou o proceso selectivo para o ingreso no corpo facultativo de grao medio de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A2, escala de enxeñeiros/as técnicos/as, especialidade de topografía, ao acto de elección de destino definitivo que terá lugar no salón de actos núm. 2 (pequeno) da Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza (Edificio Administrativo San Caetano, s/n, Santiago de Compostela) o día 4 de novembro de 2016 ás 10.30 horas.

Segundo. O aspirante convocado poderá elixir entre os postos que figuran no anexo desta orde, sempre que reúna as condicións exixidas neles.

Terceiro. O aspirante deberá ir provisto de DNI ou outro documento que acredite fidedignamente a súa identidade; no caso de non comparecer persoalmente, poderá ser representado por terceiras persoas con poder notarial suficiente.

Cuarto. Se o aspirante non comparece persoalmente ou por medio de representantes seralle adxudicado en destino definitivo o posto que lle corresponda atendendo á orde de publicación destes.

Quinto. O aspirante poderá solicitar ser declarado en excedencia voluntaria por prestación de servizos no sector público ou por interese particular reguladas, respectivamente, nos artigos 174 e 173.3.d) da Lei 2/2015, do 29 de abril, de emprego público de Galicia. Nestes supostos deberá presentarse ao chamamento cun certificado do/da responsable da súa unidade de persoal en que conste a condición con que presta servizos na actualidade.

Sexto. Contra esta orde, que pon fin á vía administrativa, poderase presentar recurso potestativo de reposición ante o conselleiro de Facenda no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia, ou directamente recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses contados desde esa mesma data, ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, conforme o disposto na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 11 de outubro de 2016

Valeriano Martínez García
Conselleiro de Facenda

ANEXO

Núm.

Código do posto

Cons.

Denominación

Subgrupo

Nivel

Centro directivo

Centro de destino

Concello

Titulación

1

MAA992000015770007

MA

Enxeñeiro técnico topógrafo

A2

22

Augas de Galicia
(servizos periféricos)

Demarcación Galicia-Centro
(Santiago de Compostela)

Santiago de Compostela

Enx. técn. topográfica

2

MR4020000315770078

PE

Técnico/a en cartografía

A1/A2

20

Dirección Xeral de Desenvolvemento Pesqueiro

S. X. de Investigación e Apoio Científico-Técnico

Santiago de Compostela

Enx. tecn.topográfica, enxeñaría superior, lic.xeografía