Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 203 Martes, 25 de outubro de 2016 Páx. 47677

III. Outras disposicións

Escola Galega de Administración Pública

RESOLUCIÓN do 14 de outubro de 2016 pola que se convoca un curso de prevención de riscos laborais en primeiros auxilios, loita contra incendios e evacuación.

De acordo co Convenio de colaboración subscrito con data do 5 de xaneiro de 2016, entre a Escola Galega de Administración Pública (en diante, EGAP) e Mugatra Sociedade de Prevención, S.L.U., para o desenvolvemento de actividades de formación, divulgación e investigación, convócase un curso de prevención de riscos laborais: primeiros auxilios, loita contra incendios e evacuación (CV16048).

RESOLVO:

Publicar a convocatoria dun curso de prevención de riscos laborais: primeiros auxilios, loita contra incendios e evacuación (CV16048), que se deberá desenvolver segundo as bases detalladas no anexo I.

Santiago de Compostela, 14 de outubro de 2016

Sonia Rodríguez-Campos González
Directora da Escola Galega de Administración Pública

ANEXO I

Primeira. Obxectivos

Formar os integrantes dos grupos de acción das medidas de emerxencia dos centros de traballo da Xunta de Galicia, segundo sinala a Lei 31/1995, de prevención de riscos laborais, no seu artigo 20.

Segunda. Contido

– Organización e actuación dos grupos de acción en caso de emerxencia.

– Primeiros auxilios:

• Conceptos básicos.

• Cuestións prácticas.

– Incendios: conceptos básicos, axentes extintores, equipamentos de protección contra incendios. Prácticas con lume real: os extintores.

Terceira. Destinatarios

Persoal que presta servizos nos edificios xudiciais de Santiago de Compostela.

Cuarta. Desenvolvemento

Nº de edicións: dúas.

Duración: 12 horas cada edición.

Prazas: 30 cada edición.

Lugar: Santiago de Compostela

Datas:

1ª edición do 28 ao 29 de novembro de 2016.

2ª edición do 1 ao 2 de decembro de 2016.

Horario: das 8.30 ás 14.30 horas

Quinta. Solicitudes e prazos

1. O prazo de presentación de solicitudes será de dez días naturais contados a partir do seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

2. As solicitudes de participación nas actividades formativas só poderán realizarse mediante o formulario de matrícula telemática dispoñible no enderezo <http://egap.xunta.gal/matricula> desde as 8.00 horas da data de inicio do prazo de presentación de solicitudes ata as 14.00 horas da data de finalización. As solicitudes entenderanse presentadas unha vez que se complete correctamente o proceso de matriculación.

3. Serán excluídas automaticamente aquelas solicitudes que non se axusten ao formulario de solicitude, non teñan cubertos correctamente os datos precisos para a realización do proceso de selección ou sexan presentadas fóra de prazo.

4. As persoas que oculten ou falseen datos esenciais para a selección serán automaticamente excluídas das actividades solicitadas e pasarán ao final das listas de todas as actividades formativas que soliciten e cuxo prazo de matrícula comece dentro do ano seguinte contado desde que se detecte o feito.

5. As persoas interesadas en recibir mensaxes sobre o proceso de selección deberán facilitar un enderezo de correo electrónico e/ou un número de teléfono móbil.

6. A EGAP adoptará as medidas necesarias para facilitar a presentación das solicitudes. As dúbidas, as dificultades técnicas e as peticións de información complementaria serán atendidas a través dos números de teléfono 981 54 62 57, 981 54 62 54, 981 54 63 35 e do enderezo de correo electrónico <xestion.egap@xunta.gal>

Sexta. Publicación das relacións do alumnado seleccionado

A EGAP publicará no enderezo <http://egap.xunta.gal> unha relación das persoas seleccionadas para participar en cada curso, así como un número adecuado de reservas.

Entenderase que as persoas que non figuren na relación foron excluídas por algunha das razóns expresadas nas bases da convocatoria ou ocupan un posto máis afastado na listaxe de agarda, todo isto de acordo co disposto no artigo 45 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE do 2 de outubro).

Sétima. Facultades da EGAP

1. A EGAP e Mugatra, S.L.U. poderán modificar o desenvolvemento, as datas e os lugares da actividade formativa, así como resolver todas as continxencias que poidan xurdir.

2. No suposto de que o número de admitidos sexa inferior ao 50 % das prazas convocadas, a EGAP e Mugatra, S.L.U. reservan para si o dereito a suspender, cancelar ou agrupar varias edicións das actividades, caso en que empregarán os medios de notificación ás persoas interesadas previstos na normativa vixente.

3. A EGAP e Mugatra, S.L.U. garantirán na totalidade das actividades derivadas desta convocatoria a promoción da igualdade real e efectiva entre mulleres e homes, a eliminación de calquera tipo de discriminación e o fomento dos dereitos de conciliación.

Oitava. Certificados

Ao remate do curso terán dereito á expedición dun certificado de asistencia aqueles alumnos inscritos que participasen asiduamente e sempre que a súa asistencia fose igual ou superior ao 90 % das horas lectivas programadas. Neste documento aparecerán, de forma expresa, o contido, a carga lectiva, a data, o lugar de realización do curso e o selo oficial da institución.