Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 203 Martes, 25 de outubro de 2016 Páx. 47684

III. Outras disposicións

Instituto Galego de Promoción Económica

RESOLUCIÓN do 17 de outubro de 2016 pola que se fai público o esgotamento do crédito previsto na Resolución do 29 de xuño de 2016 pola que se dá publicidade ao acordo do Consello de Dirección que aproba as bases reguladoras para a concesión de axudas, en réxime de concorrencia non competitiva, a particulares para a adquisición de materiais e pezas de mobiliario de cociña e baño (Reforma 16), así como a selección de entidades colaboradoras que participarán na súa xestión, e se procede á súa convocatoria.

A Resolución do 29 de xuño de 2016 (DOG núm. 132, do 13 de xullo; corrección de erros no DOG núm. 133, do 14 de xullo) establece, no punto segundo da parte resolutiva, que o prazo de presentación de solicitudes de axuda finalizará o 15 de outubro de 2016 agás que se produza o suposto de esgotamento de crédito. Neste caso informarase do peche adiantado do prazo de solicitudes a través da páxina web do Igape e no Diario Oficial de Galicia.

Estas axudas estaban financiadas con cargo aos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2016 a través dos créditos consignados na aplicación 09.A1-741A-7802 polo importe global de 2.800.000,00 €.

As solicitudes presentadas ao abeiro da citada resolución ata o día 14 de outubro de 2016 esgotaron o crédito dispoñible para a concesión destas axudas.

Considerando o exposto anteriormente, e de conformidade co establecido no artigo 32 do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, procede facer público o esgotamento do crédito consignado na Resolución do 29 de xuño de 2016 pola que se aproban as bases reguladoras das axudas do programa Reforma 16 e se convocan para o ano 2016.

Por todo o exposto e no uso das facultades que me foron conferidas,

DISPOÑO:

Cláusula única.

Comunícase que o día 14 de outubro de 2016 se esgotou o crédito dispoñible para as axudas convocadas mediante a Resolución do 29 de xuño de 2016 pola que se dá publicidade ao acordo do Consello de Dirección que aproba as bases reguladoras para a concesión de axudas, en réxime de concorrencia non competitiva, a particulares para a adquisición de materiais e pezas de mobiliario de cociña e baño (Reforma 16), así como a selección de entidades colaboradoras que participarán na súa xestión, e se procede á súa convocatoria, polo que as solicitudes recibidas a partir da publicación da presente resolución serán inadmitidas.

Santiago de Compostela, 17 de outubro de 2016

Javier Aguilera Navarro
Director xeral do Instituto Galego de Promoción Económica