Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 205 Xoves, 27 de outubro de 2016 Páx. 48180

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Vigo

ANUNCIO da licitación da renovación de instalación de produción de auga quente sanitaria no pavillón do Carme e no complexo deportivo de Balaídos.

1. Entidade adxudicadora: a) Organismo: Concello de Vigo. b) Dependencia que tramita o expediente: Deportes. c) Obtención de documentación e información: Servizo de Contratación do Concello de Vigo, praza do Rei, s/n, 36202 Vigo, teléfono: 986 81 01 48, fax: 986 22 62 06. Correo electrónico: contratacion@vigo.org. Enderezo da internet do perfil do contratante: www.vigo.org. Data límite para solicitar documentación: ata o día de finalización do prazo de presentación de proposicións. d) Número de expediente: 521-611.

2. Obxecto do contrato: a) Descrición: subministración de equipamentos e os seus elementos para a renovación das instalacións de produción de AQS do pavillón do Carme e do complexo deportivo de Balaídos, así como a súa posta en funcionamento e mantemento durante o período de garantía. b) CPV: 42161000-5. c) División por lotes: non. d) Lugar de entrega: no pavillón do Carme e no complexo deportivo de Balaídos. e) Prazo de execución: 60 días.

3. Tramitación e procedemento: a) Tramitación: ordinaria. b) Procedemento: aberto. c) Criterios de adxudicación: os consignados no número 9 das FEC do prego de cláusulas administrativas particulares.

4. Orzamento base: a) Orzamento total: 70.000 euros.

5. Garantías exixidas. a) Provisional: non se exixe. b) Definitiva: 5 % do prezo de adxudicación excluído o IVE. c) Complementaria: si, cando o prazo de garantía ofertado polo adxudicatario sobre os equipamentos subministrados, sexa superior á media dos ofertados polos licitadores admitidos, segundo se estipula no número 11.b) das FEC.

6. Requisitos específicos do contratista: a) Documentos acreditativos da solvencia económica e financeira: declaración do volume anual de negocio. Consideraranse con solvencia económica e financeira os licitadores que no conxunto dos últimos tres anos teñan un volume de facturación que sexa igual ou superior ao prezo do contrato. b) Documentos acreditativos da solvencia técnica e profesional: unha relación das principais subministracións similares ao obxecto do contrato realizadas nos últimos cinco anos que inclúa importe, datas e o destinatario, público ou privado, destes por importe igual ou superior ao prezo do contrato. Considerarase acreditada a solvencia se nalgún dos últimos cinco anos acredita subministracións por importe igual ou superior ao prezo do contrato. As subministracións efectuadas acreditaranse mediante certificados expedidos ou visados polo órgano competente, cando o destinatario sexa unha entidade do sector público; cando o destinatario sexa un suxeito privado, mediante un certificado expedido por este ou, na falta deste certificado, mediante unha declaración do empresario.

7. Presentación de ofertas: prazo: o prazo rematará aos 15 días seguintes ao da última publicación do presente anuncio no BOP ou no DOG.

Documentación: a exixida na cláusula 12 do prego de condicións administrativas e no punto 7 das FEC.

Lugar de presentación: Rexistro Xeral do Concello de Vigo, praza do Rei, s/n, 36202 Vigo, ata as 13.30 horas do último día de prazo.

Admisión de melloras: non.

Prazo da obriga de manter a oferta: dous meses contados desde o día da apertura de proposicións.

8. Apertura das ofertas técnica e económica: entidade, domicilio e localidade: véxase o punto 6 do anuncio.

Data e hora: anunciarase no perfil do contratante do Concello de Vigo.

9. Páxina web para obtención de información: www.vigo.org

Vigo, 17 de outubro de 2016

O alcalde
P.D. (Decreto do 19.6.2015 e Acordo do 19.6.2015)
David Regades Fernández
Concelleiro delegado de Contratación