Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 207 Luns, 31 de outubro de 2016 Páx. 48377

III. Outras disposicións

Consellería de Facenda

RESOLUCIÓN do 24 de outubro de 2016, da Dirección Xeral da Función Pública, pola que se anuncia a exposición das listaxes definitivas de axudas aprobadas e denegadas dos criterios de repartición do fondo de acción social do exercicio económico 2015, relativos á axuda para a atención de persoas con discapacidade para o persoal da Administración da Xunta de Galicia.

De conformidade co establecido na norma 7.3 dos criterios de repartición do fondo de acción social para o exercicio económico do ano 2015, relativos á axuda para a atención de persoas con discapacidade, aprobados polo Consello da Xunta de Galicia do 17 de marzo de 2016 e publicados mediante a Resolución da Dirección Xeral da Función Pública do 18 de marzo de 2016 (DOG número 60, do 30 de marzo), o anuncio de exposición das listaxes definitivas de admitidos e excluídos publicarase no Diario Oficial de Galicia.

Dado que nas listaxes preceptivas figuran datos de carácter identificativo, de características persoais, económicos ou de saúde protexidos pola Lei orgánica 15/1999, do 13 de decembro, de protección de datos de carácter persoal, cuxa publicación pode lesionar o dereito constitucional á intimidade dos/das solicitantes ou dos/das causantes das axudas, cómpre realizar a publicación coas limitacións e reservas establecidas no artigo 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Dando cumprimento ao prescrito, esta dirección xeral, transcorrido o prazo de alegacións previsto no punto segundo da Resolución do 30 de xuño de 2016 (Diario Oficial de Galicia número 127, do 6 de xullo) e unha vez concluídos os traballos de revisión das reclamacións presentadas,

RESOLVE:

Primeiro. Publicar no Diario Oficial de Galicia, como anexo a esta resolución, a distribución final da concesión das axudas do fondo de acción social do exercicio económico do ano 2015.

Segundo. Facer públicas as listaxes definitivas de axudas aprobadas e denegadas dos criterios de repartición do fondo de acción social do exercicio económico 2015, relativos á axuda para a atención de persoas con discapacidade na páxina web da Dirección Xeral da Función Pública http://funcionpublica.xunta.es/?q=FAS

Para o coñecemento íntegro do acto, as persoas solicitantes deberan introducir nos espazos habilitados para o efecto o NIF e mais o código de impresión da súa solicitude.

Segundo. Contra a resolución, as persoas interesadas poderán interpoñer recurso de alzada perante o conselleiro de Facenda no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da data de publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, de acordo co previsto nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Santiago de Compostela, 24 de outubro de 2016

José María Barreiro Díaz
Director xeral da Función Pública

ANEXO

Tipo de axuda

Entradas

Aprobadas

Denegadas

Importe euros

1. Atención de persoas con discapacidade

712

626

86

872.982,97