Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 207 Luns, 31 de outubro de 2016 Páx. 48384

III. Outras disposicións

Axencia Galega de Innovación

RESOLUCIÓN do 25 de outubro de 2016 pola que se modifican os prazos de xustificación establecidos no artigo 22 da Resolución do 17 de xuño de 2016 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das subvencións para a creación, posta en marcha e consolidación de unidades mixtas de investigación aliñadas cos retos estratéxicos e prioridades identificadas na RIS3 para Galicia, cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (Feder) no marco do programa operativo Feder Galicia 2014-2020, e se procede á súa convocatoria para o ano 2016.

O 21 de xullo de 2016 publicouse no Diario Oficial de Galicia a Resolución do 17 de xuño de 2016 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das subvencións para a creación, posta en marcha e consolidación de unidades mixtas de investigación aliñadas cos retos estratéxicos e prioridades identificadas na RIS3 para Galicia, cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (Feder) no marco do programa operativo Feder Galicia 2014-2020, e se procede á súa convocatoria para o ano 2016.

O artigo 22.2 da Resolución do 17 de xuño de 2016 establecía os seguintes prazos de xustificación:

Prazos de presentación da documentación:

Ano 2016

Ata o 31 de outubro de 2016

Ano 2017

Ata o 31 de outubro de 2017

Ano 2018

Ata o 31 de outubro de 2018

Ano 2019

Ata o 31 de outubro de 2019

Períodos de realización de gastos (emisión de facturas) e realización de pagamentos dos gastos executados:

Ano 2016

– Unidades mixtas de nova creación: desde a data de sinatura do acordo de constitución da unidade mixta (que non poderá ser anterior á data de presentación da solicitude) ata o 31 de outubro de 2016

– Unidades mixtas xa existentes: desde a data de sinatura do acordo de consolidación da unidade mixta (que non poderá ser anterior á data de presentación da solicitude) ata o 31 de outubro de 2016

Ano 2017

– Desde o 1 de novembro de 2016 ata o 31 de outubro de 2017

Ano 2018

– Desde o 1 de novembro de 2017 ata o 31 de outubro de 2018

Ano 2019

– Desde o 1 de novembro de 2018 ata o 31 de outubro de 2019

Tendo en conta a demora na resolución das devanditas axudas, motivada pola complexidade das solicitudes presentadas e polo seu proceso de avaliación, e co fin de viabilizar os procesos de execución e xustificación das axudas concedidas para o ano 2016 por parte dos beneficiarios resultantes e dado que non causa prexuízo a terceiros, considérase necesario ampliar o prazo de xustificación para o ano 2016 establecido no artigo 22.2 da convocatoria.

En consecuencia, no exercicio das facultades conferidas polo artigo 17.3 do Decreto 50/2012, do 12 de xaneiro, polo que se crea a Axencia Galega de Innovación,

RESOLVO:

Artigo único. Modificación do artigo 22.2 da Resolución do 17 de xuño de 2016 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das subvencións para a creación, posta en marcha e consolidación de unidades mixtas de investigación aliñadas cos retos estratéxicos e prioridades identificadas na RIS3 para Galicia, cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (Feder) no marco do programa operativo Feder Galicia 2014-2020, e se procede á súa convocatoria para o ano 2016

O artigo 22.2 da citada resolución queda redactado do seguinte xeito:

«Prazos de presentación da documentación:

Ano 2016

Ata o 26 de decembro de 2016

Ano 2017

Ata o 31 de outubro de 2017

Ano 2018

Ata o 31 de outubro de 2018

Ano 2019

Ata o 31 de outubro de 2019

Períodos de realización de gastos (emisión de facturas) e realización de pagamentos dos gastos executados:

Ano 2016

– Unidades mixtas de nova creación: desde a data de sinatura do acordo de constitución da unidade mixta (que non poderá ser anterior á data de presentación da solicitude) ata o 26 de decembro de 2016

– Unidades mixtas xa existentes: desde a data de sinatura do acordo de consolidación da unidade mixta (que non poderá ser anterior á data de presentación da solicitude) ata o 26 de decembro de 2016

Ano 2017

– Desde o 27 de decembro de 2016 ata o 31 de outubro de 2017

Ano 2018

– Desde o 1 de novembro de 2017 ata o 31 de outubro de 2018

Ano 2019

– Desde o 1 de novembro de 2018 ata o 31 de outubro de 2019”

Disposición derradeira única. Entrada en vigor.

Esta resolución entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 25 de outubro de 2016

O director da Axencia Galega de Innovación
P.S. (Orde do 8.7.2016; DOG núm. 131, do 12 de xullo)
Borja Verea Fraiz
Secretario xeral técnico da Consellería de Economía, Emprego e Industria