Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 209 Xoves, 3 de novembro de 2016 Páx. 48732

IV. Oposicións e concursos

Servizo Galego de Saúde

RESOLUCIÓN do 26 de outubro de 2016, da Dirección Xeral de Recursos Humanos, relativa á publicación das puntuacións definitivas e finalización da fase de oposición do proceso selectivo para o ingreso en diversas categorías de persoal estatutario, convocado pola Resolución do 17 de xuño de 2015.

A base oitava da Resolución da Dirección Xeral de Recursos Humanos, do 17 de xuño de 2015 (Diario Oficial de Galicia núm.121, do 30 de xuño), pola que se convoca concurso-oposición para o ingreso nas categorías de enfermeiro/a especialista en obstetricia e xinecoloxía, fisioterapeuta, logopeda, terapeuta ocupacional, técnico/a superior en anatomía patolóxica e citoloxía, técnico/a superior en hixiene bucodental, técnico/a superior en imaxe para o diagnóstico, técnico/a superior en laboratorio de diagnóstico clínico, técnico/a superior en radioterapia, técnico/a en coidados auxiliares de enfermaría e técnico/a en farmacia, dispón que tras a publicación das puntuacións provisionais dos exercicios, os/as aspirantes poderán presentar reclamación ante o tribunal no prazo de cinco días hábiles seguintes ao da devandita publicación, unicamente de existiren erros na confección aritmética da puntuación obtida.

A estimación ou desestimación das reclamacións entenderase implícita na resolución pola que se aproben as puntuacións definitivas dos distintos exercicios, que se publicará no Diario Oficial de Galicia.

Á vista das reclamacións presentadas e dos acordos adoptados sobre estas polos respectivos tribunais de selección e elevados ao órgano convocante, este centro directivo, de conformidade coa antedita base

RESOLVE:

Primeiro. Aprobar e dar publicidade, a través da páxina web do Servizo Galego de Saúde (www.sergas.es), ás puntuacións definitivas obtidas polos/as aspirantes presentados en cada un dos exercicios da fase de oposición do proceso selectivo para o ingreso nas categorías de enfermeiro/a especialista en obstetricia e xinecoloxía, fisioterapeuta, logopeda, terapeuta ocupacional, técnico/a superior en anatomía patolóxica e citoloxía, técnico/a superior en hixiene bucodental, técnico/a superior en imaxe para o diagnóstico, técnico/a superior en laboratorio de diagnóstico clínico, técnico/a superior en radioterapia, técnico/a en coidados auxiliares de enfermaría e técnico/a en farmacia convocado, pola Resolución do 17 de xuño de 2015.

Segundo. Declarar finalizada a fase de oposición do referido proceso selectivo en todas as categorías.

Terceiro. Esta resolución poderá ser impugnada polos/as interesados/as nos termos previstos nas bases 7) e 11) da resolución de convocatoria do proceso.

Santiago de Compostela, 26 de outubro de 2016

Margarita Prado Vaamonde
Directora xeral de Recursos Humanos