Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 211 Luns, 7 de novembro de 2016 Páx. 49015

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

ORDE do 13 de outubro de 2016 pola que se convoca concurso de traslados específico entre o persoal funcionario docente do corpo de mestras/es para cubrir prazas de xefatura do Departamento de Orientación nos colexios públicos de educación infantil e primaria e de educación primaria dependentes desta consellería.

O Decreto 120/1998, do 23 de abril (Diario Oficial de Galicia do 27 de abril), regula a orientación educativa e profesional na Comunidade Autónoma de Galicia.

O artigo 1, alínea 2, deste decreto establece que nos colexios de educación infantil e primaria, e nos colexios de educación primaria, nas condicións que a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria determine, crearase un departamento de orientación que abranguerá no seu ámbito de actuación, ademais do propio centro, aqueloutros centros incompletos da mesma zona de escolarización. Este departamento estará coordinado por unha mestra/mestre responsable da orientación educativa, que exercerá as súas funcións como xefa/xefe do dito departamento.

Pola súa parte, o artigo 13 do referido decreto establece que a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria cubrirá o posto de traballo do responsable do Departamento de Orientación naqueles colexios de educación infantil e primaria ou de educación primaria que se determine, a través dun concurso de méritos específico entre o persoal funcionario do corpo de mestres. Considérase criterio preferente estar en posesión dunha das seguintes titulacións: doutora/doutor ou licenciada/licenciado en psicopedagoxía, pedagoxía ou en psicoloxía, ou en filosofía e ciencias da educación (especialidade de psicoloxía ou ciencias da educación) ou en filosofía e letras (especialidade de pedagoxía ou psicoloxía), tal como figura na alínea a) do artigo 4 do dito decreto.

Na disposición derradeira primeira do Decreto 120/1998 autorízase a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria para ditar cantas disposicións sexan precisas para a execución e o desenvolvemento do que nel se establece.

Na súa virtude, a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

DISPÓN:

Primeira. Obxecto

Convocar concurso de traslados específico entre o persoal funcionario docente do corpo de mestres para cubrir prazas de xefatura do Departamento de Orientación en colexios públicos de educación infantil e primaria ou de educación primaria.

Segunda. Vacantes que se convocan

As prazas que se cubrirán neste concurso son as que aparecen no anexo II desta orde e as resultas que se poidan producir nos centros que aparecen no anexo III.

Terceira. Requisito de acreditación de coñecemento da lingua galega

Será requisito imprescindible estar en posesión do certificado de lingua galega 4 (Celga 4) ou ter superado o curso de perfeccionamento de lingua galega, ou ter a validación correspondente ou telo superado a través de proba libre. Para estes únicos efectos, entenderase que reúnen este requisito os que superasen a proba de coñecemento da lingua galega no procedemento selectivo de acceso ao corpo de mestras/es.

Cuarta. Poderán participar na presente convocatoria

a) O persoal funcionario de carreira do corpo de mestres que estea en situación de servizo activo con destino definitivo en centros dependentes da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, sempre que, de conformidade co establecido na disposición adicional sexta.6 da Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación, e no artigo 12.1 do Real decreto 1364/2010, do 29 de outubro, transcorresen ao remate do presente curso académico polo menos dous anos desde a toma de posesión do último destino definitivo.

b) Así mesmo, poderá participar o persoal funcionario de carreira do corpo de mestres/as en expectativa de destino nun centro dependente da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria.

c) O persoal funcionario de carreira do corpo de mestras/es que, estando adscrito a prazas no exterior, deba incorporarse ao ámbito territorial de xestión da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria no curso 2017/18.

d) O persoal funcionario de carreira do corpo de mestras/es dependente da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria que estea en situación de excedencia por coidado de fillas, fillos e familiares ou en servizos especiais.

e) O persoal funcionario que estea en situación de excedencia voluntaria concedida pola Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia. Se se trata do suposto de excedencia voluntaria por interese particular, recollida no artigo 173 da Lei 2/2015, do 29 de abril, do emprego público de Galicia, só poderán participar se ao finalizar o curso escolar en que se realice a convocatoria transcorrese un ano desde que pasaron a esta situación e dous anos desde que obtivo o destino definitivo en que lle foi concedida, se for o caso, a excedencia.

Quinta. Forma de participación

1. A instancia farase a través da internet, empregando o portal educativo da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, no enderezo: www.edu.xunta.es/cxt

Lémbrase que para acceder a este servizo web é preciso ter conta de correo electrónico no dominio edu.xunta.es polo que, quen non a teña, deberá solicitala a través do secretario do centro á UAC no teléfono 902 90 54 45.

2. Persoal que completou o expediente persoal na base de datos.

Ao acceder á aplicación informática do concurso, o persoal que incorporou os datos persoais conforme a petición que lle foi formulada no seu momento pola Subdirección Xeral de Recursos Humanos, encontrarase cos méritos alegados que foron validados, verá os méritos que lle son baremables e os que non son considerados para os efectos de baremo, e ofreceráselle unha puntuación para o concurso.

Nos números 6.1. e 6.3. do anexo I desta convocatoria, o persoal que participou no concurso de traslados convocado pola Orde do 8 de novembro de 2010 (DOG do 16 de novembro), ou pola Orde do 3 de novembro de 2011 ou pola Orde do 24 de outubro de 2012 ou seguintes, concorrerá coa puntuación que nestes números lle foi outorgada pola Comisión de Avaliación. Poden presentar para a súa consideración novos méritos que estean perfeccionados con posterioridade ao remate do prazo de solicitude da última convocatoria en que participou.

Sen prexuízo do anterior, con carácter excepcional, o persoal interesado poderá renunciar á puntuación total dunha das epígrafes relacionadas e debe, neste caso, volver alegar os méritos da dita epígrafe ou epígrafes e presentar todos os documentos xustificativos deles.

De estar conforme co baremo que se lle propón e non querer alegar ningún novo mérito, imprimirase a instancia e presentarase conforme as normas xerais recollidas na base sexta. De alegar algún novo mérito, farase constar no enderezo web www.edu.xunta.es/datospersoais. A través deste enderezo poderá xerar unha instancia coas alegacións introducidas, que deberá presentar xunto coa documentación xustificativa dos méritos alegados (á cal se fai referencia no anexo I). Así mesmo, deberá presentar a instancia de participación do concurso de traslados, que se xerará a través da aplicación www.edu.xunta.es/cxt. Estas dúas instancias entregaranse conforme as normas recollidas na base sexta.

3. Persoal que non completou o expediente persoal na base de datos.

Ao acceder á aplicación informática do concurso, o persoal que non incorporou os datos persoais encontrarase con todos os datos que a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria ten informatizados do seu expediente persoal, verá cales deles son considerados para os efectos de concurso e cales non, e a puntuación que lle corresponde por cada subepígrafe do baremo en función dos datos que constan no expediente, agás nas epígrafes 6.1. e 6.3. do anexo I desta convocatoria.

De estar o expediente incompleto, o persoal concursante interesado completarao na base de datos e imprimirá a instancia e a folla de alegacións que xera a propia aplicación informática e, xunto coa documentación xustificativa a que se fai referencia no anexo I, entregaraas conforme as normas recollidas na base sexta.

4. En todo caso, o persoal participante no concurso que alegue méritos nos puntos 6.1. e 6.3. do anexo I imprimirá a folla correspondente a estes méritos da aplicación informática e, xunto cos documentos xustificativos, remitiraa, dentro do prazo establecido na base común sétima, á comisión avaliadora sita na Inspección Educativa de Santiago de Compostela, rúa da Besada, San Lázaro 107, código postal 15703.

5. Cando as novas alegacións sexan validadas pola comisión baremadora aparecerá na aplicación informática do concurso de traslados a nova baremación resultante dos méritos alegados.

6. A instancia dirixirase á Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria.

7. Todas as fotocopias que se remitan deberán ir acompañadas das dilixencias de compulsa, expedidas polas direccións dos centros, ou das xefaturas territoriais da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria. Non se admitirá ningunha fotocopia que careza da dilixencia de compulsa.

8. A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria poderá requirirlle ao interesado ou interesada, en calquera momento, a xustificación daqueles méritos alegados que non fosen acreditados debidamente.

Sexta. Presentación de solicitudes

A instancia orixinal, así como a documentación a que se alude no punto anterior, dirixirase á Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, e poderán presentarse:

a) No Rexistro Xeral da Xunta de Galicia.

b) Nos rexistros provinciais dos departamentos territoriais da Xunta de Galicia.

c) Na Secretaría do centro educativo en que presta servizos o persoal concursante.

d) En calquera dos lugares previstos no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Sen prexuízo do anterior, deberá terse en conta que para outros efectos distintos do concurso de traslados, as secretarías dos centros docentes non son unha das oficinas en que poden presentarse documentos dirixidos a calquera organismo público, de conformidade co disposto no artigo 38 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Sétima. Prazo de solicitudes

O prazo de presentación de solicitudes e documentos será do 8 de novembro de 2016 ao 28 de novembro de 2016, ambos incluídos. Finalizado este prazo, non se admitirá ningunha nova solicitude nin a modificación das presentadas.

Oitava

O persoal asinante da instancia deberá manifestar nela, de modo expreso, que reúne os requisitos exixidos na convocatoria, consignando os centros que solicita por orde de preferencia, cos números de código que figuran nos anexos II e III da presente orde.

Novena. Data en que deben reunirse os requisitos de participación e de méritos

Todas as condicións que se exixen nesta convocatoria e os méritos que alegue o persoal participante teranse cumpridos ou recoñecidos na data de terminación do prazo de presentación de solicitudes, agás o requisito de dous anos de permanencia no destino definitivo desde o que se solicita, que se contabilizarán en 31 de agosto de 2017.

Décima

Non serán tidos en conta os méritos non invocados nas solicitudes nin tampouco aqueles que non se xustifiquen documentalmente durante o seu prazo de presentación.

Décimo primeira. Dereito preferente

As profesoras e os profesores que se acollan ao dereito preferente farano constar nas súas instancias, indicando a causa en que apoian a súa petición.

Para os efectos de adxudicación de prazas só se terá en conta o seguinte dereito preferente:

Terá dereito preferente, a centro, localidade ou zona o persoal funcionario docente do corpo de mestras/es ao que se lle suprimise o seu posto de traballo, sempre que continúe nesa situación e non perdese o dereito preferente consonte a normativa que regula o concurso de traslados, e o persoal funcionario docente do corpo de mestras/es desprazado por falta de horario, entendendo por desprazado o/a mestre/a que non ten ningunha hora de docencia da súa especialidade, que posúa algunha das seguintes titulacións: doutor/a ou licenciado/a en psicopedagoxía ou en pedagoxía ou en psicoloxía, ou en filosofía e ciencias da educación (especialidade de psicoloxía ou ciencias da educación) ou en filosofía e letras (especialidade de pedagoxía ou psicoloxía) ou que fose diplomado nas escolas universitarias de psicoloxía ata 1974.

Cando existan varias mestras ou mestres que exercen o dereito preferente, adxudicarase tendo en conta o establecido para os concursos xerais de traslados.

Décimo segunda. Prioridade na adxudicación das prazas

Para a provisión das prazas que se cubrirán neste concurso, cando non se adxudiquen a través dos méritos preferentes establecidos na base décimo primeira, terán prioridade as mestras ou mestres que posúan algunha das titulacións relacionadas na citada base. No suposto de concorrer máis dun aspirante, dirimiranse pola aplicación do baremo establecido no anexo I.

No caso de se produciren empates no total das puntuacións, estes resolveranse, atendendo sucesivamente á maior puntuación en cada unha das alíneas do baremo establecido no anexo I, pola orde en que aparecen nel. Se persistise o empate, atenderase á puntuación obtida nas distintas subalíneas pola orde, igualmente, que aparece no dito baremo. Para estes efectos, deberá terse en conta que, naquelas alíneas ou subalíneas do baremo para as cales se estableza unha puntuación máxima, a puntuación outorgada aos concursantes non poderá superala. De resultar necesario, utilizarase sucesivamente como último criterio de desempate o ano en que se convocou o procedemento selectivo a través do que se ingresou no corpo e a puntuación con que resultou seleccionado/a.

Décimo terceira. Comisión de Avaliación

1. Para a avaliación dos méritos alegados polos concursantes, no que se refire aos puntos 6.1. e 6.3. do anexo I desta orde, a Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria designará a mesma comisión que resulte para o concurso de traslados de ámbito autonómico.

A asignación de puntuación que corresponde aos concursantes, polos restantes puntos do baremo de méritos, será levada a efecto por unha comisión constituída por funcionarias ou funcionarios destinadas ou destinados na Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria. Estas comisións estarán cualificadas na categoría primeira, para os efectos do previsto no Decreto 144/2001, do 7 de xuño (DOG do 25 de xuño), modificado polo Decreto 144/2008, do 26 de xuño (DOG do 18 de xullo).

2. Poderá asistir ás reunións da comisión avaliadora un representante de cada organización sindical con presenza na mesa sectorial docente non universitaria, con voz e sen voto.

Décimo cuarta. Resolución provisional do concurso

Unha vez recibidas na Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria as actas da comisión avaliadora, coas puntuacións asignadas ao persoal concursante, procederase, conforme as peticións e os méritos dos participantes, á adxudicación provisional dos destinos e farase pública na páxina web desta consellería (www.edu.xunta.es/).

Décimo quinta. Reclamacións e renuncias

O persoal concursante poderá presentar reclamacións á resolución provisional, a través do órgano en que presentaron a súa instancia de participación, no prazo de dez días naturais contados desde o día seguinte ao da súa publicación na páxina web da consellería.

Sen prexuízo do parágrafo anterior, o persoal concursante poderá presentar reclamacións á puntuación outorgada, con anterioridade á resolución provisional do concurso, unha vez que se fagan públicas na páxina web desta consellería.

Igualmente e, no mesmo prazo, o persoal concursante poderá presentar renuncia á súa participación no concurso entendendo que tal renuncia afecta todas as peticións consignadas na súa instancia de participación.

As persoas que desexen renunciar á súa participación no concurso deberán realizar a renuncia aínda no suposto de que non obtivesen destino na resolución provisional, xa que, de non o facer, poderán obter destino na resolución definitiva.

Décimo sexta. Resolución definitiva

Consideradas, se é o caso, as reclamacións e renuncias a que se refire a base anterior, a Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos procederá a dictar a resolución definitiva da adxudicación. A dita resolución publicarase no Diario Oficial de Galicia e na páxina web desta consellería.

O persoal interesado poderá interpoñer recurso de reposición contra esta resolución no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ao da súa publicación no DOG, segundo o disposto nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Décimo sétima. Toma de posesión

O persoal funcionario docente do corpo de mestres que acade destino no presente concurso exercerá a xefatura do Departamento de Orientación con carácter definitivo e tomará posesión con efectividade do 1 de setembro de 2017.

Décimo oitava. Desprazamento aos centros adscritos

O persoal funcionario docente do corpo de mestres que resulte adscrito ás xefaturas dos departamentos de orientación dos colexios de educación infantil e primaria e dos colexios de educación primaria está obrigado a desprazarse aos centros a que se adscriba, conforme o establecido no Decreto 120/1998, do 23 de abril.

Décimo novena. Constitución dos departamentos de orientación

Nos colexios públicos de educación infantil e primaria e nos de educación primaria en que a praza de xefatura do Departamento de Orientación sexa provista na resolución da presente convocatoria constituirase o Departamento de Orientación, que terá a composición establecida no artigo 4 do Decreto 120/1998, do 23 de abril, polo que se regula a orientación educativa e profesional na Comunidade Autónoma de Galicia.

Disposición adicional primeira

O persoal funcionario docente do corpo de mestras/es que estea participando simultaneamente nesta convocatoria e na realizada pola Orde do 14 de abril de 2016, pola que se convoca concurso de traslados de ámbito estatal entre o persoal funcionario docente do corpo de mestras/es, e que obteña praza definitiva da xefatura do Departamento de Orientación, entenderase que renuncia á participación no concurso xeral.

Disposición adiconal segunda

Contra esta orde poderá interpoñerse recurso contencioso-administrativo nos prazos e na forma establecidos na Lei reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 13 de outubro de 2016

Román Rodríguez González
Conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

ANEXO I
Baremo

Méritos

Valoración

Documentos xustificativos

1. Antigüidade

Folla de servizos expedida pola Administración educativa competente ou título administrativo ou credencial con dilixencias das distintas tomas de posesións e cesamentos que teña desde o seu nomeamento como funcionaria ou funcionario ou, se é o caso, dos correspondentes documentos de inscrición nos rexistros de persoal.

1.1. Antigüidade no centro

1.1.1. Por cada ano de permanencia ininterrompida como persoal funcionario con destino definitivo no centro desde o que concursa.

Para os efectos deste subapartado, unicamente serán computables os servizos prestados como persoal funcionario no corpo ou corpos a que corresponda a vacante.

Polo primeiro e segundo anos:

A fracción de ano computarase a razón de 0,1666 puntos por cada mes completo.

2,0000 puntos por ano

Polo terceiro ano:

A fracción de ano computarase a razón de 0,3333 puntos por cada mes completo.

4,0000 puntos

Polo cuarto e seguintes:

A fracción de ano computarase a razón de 0,5000 puntos por cada mes completo.

6,0000 puntos por ano

Para a valoración do subpunto 1.1.1. teranse en conta as seguintes situacións:

– Considérase como centro desde o que se participa no concurso aquel a cuxo equipo pertenza o aspirante con destino definitivo, ou no cal estea adscrito, sempre que esta situación implique perda do seu destino docente. Únicamente serán computables por este subpunto os servizos prestados como persoal funcionario no corpo a que corresponda a vacante.

– Nos supostos de persoal funcionario docente en adscrición temporal en centros públicos españois no estranxeiro, ou en supostos análogos, a puntuación deste subpunto virá dada polo tempo de permanencia ininterrompida na devandita adscrición. Este mesmo criterio seguirase cos que foron nomeados para postos ou outros servizos de investigación e apoio á docencia da Administración educativa, sempre que o nomeamento supuxese a perda do seu destino docente.

Cando se cese na adscrición e se incorpore como provisional á súa Administración educativa de orixe, entenderase como centro desde o que se participa o destino servido en adscrición, ao cal se acumularán, se é o caso, os servizos prestados provisionalmente con posterioridade en calquera outro centro.

– Cando se participe desde a situación de provisionalidade por suprimírselle a praza ou posto que se viña desempeñando con carácter definitivo, por perder o seu destino en cumprimento de sentenza ou resolución de recurso ou por provir da situación de excedencia forzosa, considerarase como centro desde o que se participa o último servido con carácter definitivo, ao cal se acumularán, se é o caso, os prestados provisionalmente, con posterioridade, en calquera centro. Así mesmo, terán dereito, ademais, a que se lles acumulen ao centro de procedencia os servizos prestados con carácter definitivo no centro inmediatamente anterior ao último servido con carácter definitivo. Se é o caso, a devandita acumulación estenderase aos servizos prestados con carácter definitivo nos centros que, sucesivamente, lles foron suprimidos.

No suposto de que non se tivese desempeñado outro destino definitivo distinto do suprimido, terá dereito a que se lle acumulen ao centro de procedencia os servizos prestados con carácter provisional antes da obtención deste, neste caso, a puntuación que se vai outorgar axustarase ao disposto na subepígrafe 1.1.2. do baremo.

– O disposto nos dous parágrafos anteriores será igualmente de aplicación a quen participe no concurso por perder o seu destino en cumprimento de sanción disciplinaria de traslado forzoso con cambio de localidade de destino.

– Nos supostos de primeiro destino definitivo obtido tras a supresión da praza ou posto que se viña desempeñando anteriormente con carácter definitivo, consideraranse como servizos prestados no centro desde o que se concursa os servizos que se acrediten no centro en que se lles suprimiu a praza e, se é o caso, os prestados con carácter provisional con posterioridade á citada supresión. Este mesmo criterio aplicarase a quen obtivese o primeiro destino tras perder o anterior por cumprimento de sentenza, resolución de recurso, ou por provir da situación de excedencia forzosa.

1.1.2. Por cada ano como persoal funcionario de carreira en situación de provisionalidade, sempre que se participe desde esta situación:

A fracción de ano computarase a razón de 0,1666 puntos por cada mes completo.

Cando se trate de persoal funcionario de carreira que participe por primeira vez con carácter voluntario desde o seu primeiro destino definitivo obtido por concurso, á puntuación correspondente ao subpunto 1.1.1. sumaráselle a obtida por este subpunto. Unha vez obtido o novo destino non poderá acumularse esta puntuación.

2,0000 puntos

Folla de servizos expedidos pola Administración educativa competente ou título administrativo ou credencial con dilixencias das distintas tomas de posesión e cesamento que teña desde o seu nomeamento como funcionaria ou funcionario de carreira ou, se é o caso, dos correspondentes documentos de inscrición nos rexistros de persoal.

1.1.3. Por cada ano como persoal funcionario na praza, posto ou centro que teña a cualificación de especial dificultade.

A fracción de ano computarase a razón de 0,1666 puntos por cada mes completo.

Esta puntuación engadirase á puntuación obtida polos subpuntos 1.1.1. ou 1.1.2.

Non obstante, non se computará para estes fins o tempo que se permaneza fóra do centro en situación de servizos especiais, en comisión de servizos, con licenzas por estudos ou en supostos análogos.

2,0000 puntos

– Folla de servizos expedida pola Administración educativa competente, acompañada dunha certificación expedida por esta, acreditativa de que a praza, posto ou centro, ten esa cualificación ou

– Certificación da Administración educativa competente onde conste a data de comezo e fin da prestación efectiva dos servizos prestados na devandita praza, posto ou centro, especificando que estes teñen a cualificación de especial dificultade.

1.2. Antigüidade no corpo

1.2.1. Por cada ano de servizos efectivos prestados en situación de servizo activo como persoal funcionario no corpo ou corpos a que corresponda a vacante:

As fraccións de ano computaranse a razón de 0,1666 puntos por cada mes completo.

2,0000 puntos

Folla de servizos expedida pola Administración educativa competente ou título administrativo ou credencial con dilixencias das distintas tomas de posesións e cesamentos que teña desde o seu nomeamento como funcionaria ou funcionario ou, se é o caso, dos correspondentes documentos de inscrición nos rexistros de persoal.

1.2.2. Por cada ano de servizos efectivos como persoal funcionario noutros corpos docentes a que se refire a LOE do mesmo ou superior subgrupo:

As fraccións de ano computaranse a razón de 0,1250 puntos por cada mes completo.

1,5000 puntos

Folla de servizos expedida pola Administración educativa competente ou título administrativo ou credencial con dilixencias das distintas tomas de posesións e cesamentos que teña desde o seu nomeamento como funcionaria ou funcionario ou, se é o caso, dos correspondentes documentos de inscrición nos rexistros de persoal.

1.2.3. Por cada ano de servizos efectivos como persoal funcionario noutros corpos docentes a que se refire a LOE de subgrupo inferior:

As fraccións de ano computaranse a razón de 0,0625 puntos por cada mes completo.

0,7500 puntos

Folla de servizos expedida pola Administración educativa competente ou título administrativo ou credencial con dilixencias das distintas tomas de posesión e cesamento que teña desde o seu nomeamento como funcionaria ou funcionario ou, se é o caso, dos correspondentes documentos de inscrición nos rexistros de persoal.

– Nos supostos previstos neste punto 1, ao persoal funcionario de carreira dos corpos de catedráticos de ensino secundario, de escolas oficiais de idiomas e de artes plásticas e deseño, para os efectos de antigüidade, tanto no centro como no corpo, valoraránselles os servizos prestados como persoal funcionario dos correspondentes corpos de profesores, así como os prestados como persoal funcionario dos antigos corpos de catedráticos de bacharelato, de escolas oficiais de idiomas e de profesores de termo de artes plásticas e de oficios artísticos.

– Os servizos aludidos nos subpuntos 1.2.2. e 1.2.3. non serán tidos en conta nos anos en que fosen simultáneos entre si ou cos servizos dos subpuntos 1.1.1. ou 1.1.2.

– Para os efectos dos subpuntos 1.1.1.,1.1.2., 1.2.1., 1.2.2. e 1.2.3., serán computados os servizos que se tivesen prestado en situación de servizos especiais, expresamente declarados como tales nos puntos previstos no artigo 87 da Lei 7/2007, do 12 de abril, do Estatuto básico do empregado público, como as situacións de idéntica natureza establecidas por disposicións anteriores á citada lei. Igualmente serán computados, para estes efectos, o tempo de excedencia por coidado de familiares declarada de acordo co artigo 89.4 da citada Lei 7/2007, do 12 de abril, que non poderá exceder tres anos.

2. Pertenza aos corpos de catedráticos

Por ser persoal funcionario de carreira dos corpos de catedráticos de ensino secundario, de música e artes escénicas, de escolas oficiais de idiomas e de artes plásticas e deseño:

5,0000 puntos

Folla de servizos expedida pola Administración educativa competente onde conste a pertenza ao corpo de catedráticos ou fotocopia compulsada do título administrativo ou credencial ou, se é o caso, do boletín ou diario oficial en que apareza o seu nomeamento.

3. Méritos académicos

Para os efectos da súa valoración por este punto, unicamente se terán en conta os títulos universitarios oficiais con validez no Estado español

(ver disposición complementaria segunda)

Máximo 10 puntos

 

3.1. Doutoramento, posgraos e premios extraordinarios: 

3.1.1. Por posuír o título de doutor/a:

5,0000 puntos

Fotocopia compulsada do título ou certificación do aboamento dos dereitos de expedición do titulo ou certificado supletorio da titulación expedida de acordo co previsto, se é o caso, na Orde do 8 de xullo de 1988 (BOE do 13 de xullo) ou na Orde do 13 de agosto de 2007 (BOE do 21 de agosto) ou no Real decreto 1002/2010, do 5 de agosto, sobre expedición de títulos universitarios oficiais (BOE do 6 de agosto).

3.1.2. Polo título universitario oficial de máster, distinto do requirido para o ingreso á función pública docente, para cuxa obtención se exixan, polo menos, 60 créditos:

3,0000 puntos

A mesma documentación xustificativa que se indica para xustificar os méritos do subpunto 3.1.1.

3.1.3. Polo recoñecemento de suficiencia investigadora ou o certificado-diploma acreditativo de estudos avanzados.

Este mérito só se valorará cando non se alegue a posesión do título de doutor/a.

2,0000 puntos

Fotocopia compulsada do certificado-diploma correspondente.

3.1.4. Por obter premio extraordinario no doutoramento, na licenciatura ou grao ou, no caso das titulacións outorgadas polos conservatorios superiores de música, pola mención honorífica no grao superior:

1,0000 punto

Fotocopia compulsada da súa documentación xustificativa.

3.2. Outras titulacións universitarias:

As titulacións universitarias de carácter oficial, no caso de que non fosen as exixidas con carácter xeral para o ingreso no corpo desde o que se participa, valoraranse da forma seguinte:

3.2.1. Titulacións de grao:

Polo título universitario oficial de grao ou equivalente.

5,0000 puntos

A mesma documentación xustificativa que se indica para xustificar os méritos do subpunto 3.1.1.

3.2.2. Titulacións de primeiro ciclo:

Pola segunda e restantes diplomaturas, enxeñarías técnicas, arquitecturas técnicas ou títulos declarados legalmente equivalentes e polos estudos correspondentes ao primeiro ciclo dunha licenciatura, arquitectura ou enxeñaría:

No caso de persoal funcionario docente do subgrupo A2, non se valorará por este punto, en ningún caso, o primeiro título ou estudos desta natureza que se presente.

No caso de persoal funcionario docente do subgrupo A1, non se valorarán por este punto, en ningún caso, o título ou estudos desta natureza que sexa necesario superar para a obtención do primeiro título de licenciado, enxeñeiro ou arquitecto que se presente.

Non se valorarán os primeiros ciclos que permitisen a obtención doutras titulacións académicas de ciclo longo que se aleguen como méritos.

3,0000 puntos

Fotocopia compulsada de todos os títulos que se posúan ou certificado do aboamento dos dereitos de expedición expedida de acordo co previsto na Orde do 8 de xullo de 1988 (BOE do 13 de xullo).

Para a valoración dos estudos correspondentes ao primeiro ciclo dunha licenciatura, arquitectura ou enxeñaría, certificación académica onde conste de forma expresa que se superaron todas as materias ou créditos conducentes para a obtención dos ditos títulos ou ciclos.

3.2.3. Titulacións de segundo ciclo:

Polos estudos correspondentes ao segundo ciclo de licenciatura, enxeñaría, arquitectura ou títulos declarados legalmente equivalentes:

No caso de persoal funcionario docente do subgrupo A1, non se valorarán por este punto, en ningún caso, os estudos desta natureza que sexa necesario superar (primeiro ciclo, segundo ciclo ou, se é o caso, ensinanzas complementarias), para a obtención do primeiro título de licenciado, enxeñeiro ou arquitecto que se presente.

As titulacións de segundo ciclo e os títulos declarados equivalentes para todos os efectos ao título universitario de licenciado, unicamente se valorarán como un segundo ciclo.

3,0000 puntos

3.3. Titulacións de ensinanzas de réxime especial e da formación profesional:

as titulacións de ensinanzas de réxime especial outorgadas polas escolas oficiais de idiomas, conservatorios profesionais e superiores de música e danza e escolas de arte, así como as da formación profesional específica, en caso de non ser as exixidas como requisito para o ingreso na función pública docente ou, se é o caso, que non sexan necesarias para a obtención do título alegado, valoraranse da forma seguinte:

 

Fotocopia compulsada do título que se posúa ou, se é o caso, certificación acreditativa da expedición do dito título ou certificación acreditativa de superar os estudos conducentes á súa obtención.

a) Por cada certificado de nivel C2 do Consello de Europa:

4,0000 puntos

b) Por cada certificado de nivel C1 do Consello de Europa:

3,0000 puntos

c) Por cada certificado de nivel B2 do Consello de Europa:

2,0000 puntos

d) Por cada certificado de nivel B1 do Consello de Europa:

1,0000 punto

Cando proceda valorar as certificacións sinaladas nos puntos anteriores, só se considerará a de nivel superior que presente o/a participante.

e) Por cada titulo de técnico superior de artes plásticas e deseño, técnico deportivo superior ou técnico superior de formación profesional ou equivalente:

2,0000 puntos

f) Por cada título profesional de música ou danza:

1,5000 puntos

4. Desempeño de cargos directivos e outras funcións:

(Ver disposición complementaria terceira)

Máximo 20 puntos

4.1. Por cada ano como director/a de centros públicos docentes, en centros de profesores e recursos ou institucións análogas establecidas polas Administracións educativas nas súas convocatorias específicas, así como director/a de agrupacións de lingua e cultura española:

A fracción de ano computarase a razón de 0,3333 puntos por cada mes completo.

4,0000 puntos

Folla de servizos expedida pola Administración educativa competente en que consten as tomas de posesión e cesamento nos devanditos cargos ou fotocopia compulsada do nomeamento, con dilixencia de posesión e cesamento ou, se é o caso, certificación en que conste que na data de finalización do prazo de presentación de solicitudes continuase no cargo.

4.2. Por cada ano como vicedirector/a, subdirector/a, xefe/a de estudos, secretario/a e asimilados en centros públicos docentes:

A fracción de ano computarase a razón de 0,2083 puntos por cada mes completo.

2,5000 puntos

A mesma documentación xustificativa que se indica para xustificar os méritos do subpunto 4.1.

4.3. Outras funcións docentes:

Ata 5,0000 puntos

 

Por cada ano como coordinador/a de ciclo, coordinador/a do proxecto Abalar, responsable das dinamizacións das TIC, de biblioteca, de convivencia escolar, de mellora da calidade educativa e de progamas internacionais, de centro plurilingüe, de sección bilingüe, de auxiliares de conversa, xefe/a de seminario, departamento ou división de centros públicos docentes, asesor/a de formación permanente, asesor/a Siega, asesor/a da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria ou director/a dun equipo de orientación educativa e psicopedagóxica, así como polo desempeño da función titorial exercida a partir da entrada en vigor da LOE.

A fracción de ano computarase a razón de 0,0833 puntos por cada mes completo.

Neste punto non se puntuará a xefatura do Departamento de Orientación.

1,0000 punto

Folla de servizos expedida pola Administración educativa competente en que consten as tomas de posesión e cesamento nas devanditas funcións, ou fotocopia compulsada do nomeamento, con dilixencia de posesión e cesamento ou, se é o caso, certificación en que conste que na data de finalización do prazo de presentación de solicitudes continuase desempeñando a función docente.

Polos subpuntos 4.1., 4.2., 4.3., 6.4. e 6.6. só se valorará o seu desempeño como persoal funcionario. No caso de que se desempeñase simultaneamente máis dun destes cargos ou funcións, non poderá acumularse a puntuación e valorarase o que puidese resultar máis vantaxoso para o concursante. Para estes efectos, no caso de persoal funcionario de carreira dos corpos de catedráticos de ensino secundario, de escolas oficiais de idiomas e de artes plásticas e deseño, teranse en conta os servizos prestados nos devanditos cargos como persoal funcionario dos correspondentes corpos de profesores, incluídos os prestados como persoal funcionario dos antigos corpos de catedráticos de bacharelato, catedráticos de escolas oficiais de idiomas e profesores de termo de escolas de artes aplicadas e oficios artísticos.

5. Formación e perfeccionamento 

Máximo 10 puntos

5.1. Actividades de formación superadas

Por actividades superadas que teñan por obxecto o perfeccionamento sobre aspectos científicos e didácticos das especialidades do corpo a que pertenza o participante, as prazas ou postos a que opte ou relacionadas coa organización escolar ou coas tecnoloxías aplicadas á educación, organizadas polo Ministerio de Educación, as administacións educativas das comunidades autónomas, por institucións sen animo de lucro, sempre que as devanditas actividades fosen homologadas ou recoñecidas polas administracións educativas, así como as organizadas polas universidades.

Puntuaranse con 0,1000 punto cada 10 horas de actividades de formación acreditadas. Para estes efectos sumaranse as horas de todas as actividades e non se puntuará o resto do número de horas inferiores a 10. Cando as actividades viñesen expresadas en créditos entenderase que cada crédito equivale a 10 horas.

Ata 6,0000 puntos

Fotocopia compulsada do certificado destas expedido pola entidade organizadora en que conste de modo expreso o número de horas de duración da actividade. No caso das organizadas polas institucións sen ánimo de lucro, deberase ademais acreditar fidedignamente o recoñecemento ou homologación das devanditas actividades pola Administración educativa correspondente, ou co certificado de inscrición no rexistro de formación da Administración educativa.

5.2. Pola impartición das actividades de formación e perfeccionamento indicado no subpunto 5.1.

Puntuaranse con 0,1000 punto cada 3 horas de actividade de formación acreditada. Con esta finalidade sumaranse as horas de todas as actividades e non se puntuará o resto de número de horas inferiores a 3. Cando as actividades viñesen expresadas en créditos, entenderase que cada crédito equivale a 10 horas.

Ata 3,0000 puntos

Fotocopia compulsada do certificado ou documento acreditativo da impartición da actividade, en que conste de modo expreso o número de horas de duración da actividade. No caso das organizadas polas institucións sen ánimo de lucro, deberá ademais acreditar fidedignamente o recoñecemento ou homologación das ditas actividades a Administración educativa correspondente, ou co certificado de inscripción no rexistro de formación da Administración educativa.

5.3. Por cada especialidade da que sexa titular correspondente ao corpo polo que se concursa e distinta á de ingreso nel, adquirida a través do procedemento de adquisición de novas especialidades previstos no Real decreto 850/1993, do 4 de xuño; 334/2004, do 27 de febreiro, e 276/2007, do 23 de febreiro

(para os efectos deste subpunto, no caso dos corpos de catedráticos, valoraranse as especialidades adquiridas no correspondente corpo de profesores).

1,0000 punto

Fotocopia compulsada da credencial de adquisición da nova especialidade expedida pola Administración educativa correspondente.

6. Outros méritos:

Máximo 15 puntos

 

6.1. Publicacións

Por publicacións de carácter didáctico e científico sobre disciplinas obxecto do concurso ou directamente relacionadas con aspectos xerais do currículo ou coa organización escolar.

Aquelas publicacións que, estando obrigadas a consignar o ISBN en virtude do disposto polo Decreto 2984/1972, do 2 de novembro, modificado polo Real decreto 2063/2008, do 12 de decembro, ou, se é o caso, ISSN ou ISMN, carezan deles, non serán valoradas, así como aquelas en que o autor sexa o seu editor.

Para a valoración destas publicacións deberanse presentar os documentos xustificativos indicados neste subpunto coas exixencias que así se indican.

Puntuación específica asignable aos méritos baremables por esta epígrafe:

a) Libros nos seus distintos formatos (papel ou electrónico):

– Autor ………………………............................... ata 1,0000 punto

– Coautor …..........................................…….….. ata 0,5000 puntos
– 3 autores……………................................….… ata 0,4000 puntos
– 4 autores …….….......................................…... ata 0,3000 puntos

– 5 autores …….....................................…….…..ata 0,2000 puntos
– Máis de 5 autores …........................................ ata 0,1000 punto

b) Revistas nos seus distintos formatos (papel ou electrónico):

– Autor …………….............................………….. ata 0,2000 puntos
– Coautor ………………................................….. ata 0,1000 punto 
– 3 ou máis autores .....................................……ata 0,0500 puntos

Ata 8,0000 puntos

– No caso de libros, a seguinte documentación:

* Os exemplares correspondentes ou fotocopias compulsadas.

* Certificado da editorial onde conste: título do libro, autor/es, ISBN, depósito legal e data da primeira edición, o número de exemplares e que a difusión destes foi en librarías comerciais.

En relación cos libros editados por administracións públicas e universidades (públicas-privadas), que non se difundiron en librarías comerciais, ademais dos datos anteriores, no certificado deben constar os centros de difusión (centros educativos, centros de profesores, institucións culturais, etc.).

Nos supostos en que a editorial ou asociación desaparecesen, os datos requiridos neste certificado deberán xustificarse por calquera medio de proba admisible en dereito.

– No caso de revistas, a seguinte documentación: 
* Os exemplares correspondentes ou fotocopias compulsadas.

* Certificado en que conste: o número de exemplares, os lugares de distribución e venda, ou a asociación científica ou didáctica, legalmente constituída, a que pertence a revista, o título da publicación, o/os autor/es, o ISSN ou ISMN, o depósito legal e a data de edición.

En relación coas revistas editadas por administracións públicas e universidades (públicas-privadas), que non se difundiron en establecementos comerciais, ademais dos datos anteriores, no certificado deben constar os centros de difusión (centros educativos, centros de profesores, institucións culturais, etc.).

– No caso de documentos en formato electrónico, para seren valorados, deberán ir acompañados por un informe no cal o organismo emisor certifique en que base de datos bibliográfica aparece a publicación. Neste documento indicaranse ademais, os seguintes datos: título da publicación, autor/es, data da publicación e depósito legal.

6.2. Por premios de ámbito autonómico, nacional ou internacional convocados polo Ministerio de Educación ou polas administracións educativas das comunidades autónomas en proxectos de investigación ou innovación no ámbito da educación ou pola participación nestes proxectos.

Ata 2,5000 puntos

A acreditación xustificativa de ter obtido os premios correspondentes expedida polas entidades convocantes ou de ter participado nos proxectos de investigación ou innovación expedidos pola Administración educativa correspondente.

6.3. Méritos artísticos e literarios:

Por premios en exposicións ou en concursos ou en certames de ámbito autonómico, nacional ou internacional.

– Por composicións estreadas como autor/a ou gravacións con depósito legal.

– Concertos como director/a, solista, solista na orquestra ou en agrupacións camerísticas (dúos, tríos, cuartetos…).

– Por exposicións individuais ou colectivas.

Ata 2,5000 puntos

No caso dos premios: certificado da entidade que emite o premio, onde conste o nome do premiado/s, o seu ámbito e a categoría do premio.

No caso das composicións: certificado ou documento acreditativo en que figure que é o/a autor/a e o seu depósito legal.

No caso das gravacións: certificado ou documento acreditativo en que figure que o/a autor/a ou intérprete e o seu depósito legal.

No caso dos concertos: programas onde conste a participación do interesado e certificación da entidade organizadora, onde conste a realización do concerto e a participación como director/a, solista ou solista con orquestra/grupo.

6.4. Por cada ano de servizo desempeñando postos na Administración educativa de nivel de complemento de destino igual ou superior ao asignado ao corpo polo que participa.

A fracción de ano computarase a razón de 0,1200 puntos por cada mes completo.

1,5000 puntos

Fotocopia compulsada do nomeamento expedido pola Administración educativa competente con dilixencia de posesión e cesamento ou, se é o caso, certificación de que na data de finalización do prazo de presentación de solicitudes continúa no posto.

6.5. Por cada convocatoria en que actuase efectivamente como membro dos tribunais dos procedementos selectivos de ingreso ou acceso aos corpos docentes a que se refire a LOE.

Por este subpunto unicamente se valorará formar parte dos tribunais a partir da entrada en vigor do Real decreto 276/2007, do 23 de febreiro (BOE do 2 de marzo).

0,2500 puntos

Certificado expedido polo órgano da Administración educativa convocante que teña a custodia das actas dos tribunais destes procedementos.

6.6. Por cada ano de titoría das prácticas do título universitario oficial de máster para acreditar a formación pedagóxica e didáctica exixida para exercer a docencia en determinadas ensinanzas do sistema educativo, así como pola titoría das prácticas para a obtención dos títulos universitarios de grao que o requiran.

0,1000 puntos

Certificado expedido pola Administración educativa competente ou, se é o caso, do/da director/a do centro público docente en que se realice a titoría, con indicación do curso académico e da duración das prácticas.

7. Outros méritos relacionados co posto:

7.1. Por ter a habilitación/especialización en pedagoxía terapéutica ou en audición e linguaxe: 2 puntos por especialidade.

7.2. Coordinación de departamentos de orientación nun centro: 2 puntos por ano. As fraccións de ano computaranse a razón de 0,1666 puntos por cada mes completo.

7.3. Por cada ano de servizo na especialidade de pedagoxía terapéutica ou audición e linguaxe: 1 punto por ano.

As fraccións de ano computaranse a razón de 0,1666 puntos por cada mes completo.

7.4. Os anos de servizo activo nos EPSA ou nos EOE ou no Gabinete Psicopedagóxico da consellería: 2 puntos por ano.

As fraccións de ano computaranse a razón de 0,1666 puntos por cada mes completo.

Fotocopia cotexada dos documentos acreditativos.

Fotocopia cotexada dos documentos acreditativos.

Nomeamento e cesamento correspondente.

Nomeamento e cesamento correspondente.

Disposición complementaria primeira

Os méritos alegados polas persoas participantes serán cumpridos ou recoñecidos na data de terminación do prazo de presentación de solicitudes. Unicamente se valorarán, polo tanto, os méritos que se posúan ata a finalización deste.

Disposición complementaria segunda. Méritos académicos

1. Para poder obter puntuación por outras titulacións universitarias de carácter oficial, deberá presentarse fotocopia compulsada de cantos títulos se posúan, incluído o alegado para o ingreso no corpo.

2. No que respecta á baremación de titulacións de primeiro ciclo, non se entenderá como tal a superación dalgún dos cursos de adaptación.

3. Non se baremará pola subepígrafe 3.1.2. ningún título de máster exixido para o ingreso na función pública docente.

4. Cando os títulos fosen obtidos no estranxeiro ou fosen expedidos por institucións docentes doutros países, deberá achegarse ademais a correspondente homologación.

Disposición complementaria terceira. Valoración dos cargos directivos e outras funcións

1. Para os efectos previstos nas subepígrafes 4.1., 4.2. e 4.3. do baremo de méritos consideraranse centros públicos asimilados aos centros públicos de ensino secundario os seguintes:

Institutos de bacharelato.

Institutos de formación profesional.

Centros de educación de persoas adultas, sempre que impartan as mesmas ensinanzas que nos centros aos cales se refiren estas subepígrafes.

Centros de ensinanzas integradas.

Para estes mesmos efectos considéranse centros públicos os que corresponden ás prazas dos corpos de catedráticos e profesores de música e artes escénicas de conservatorios de música:

Conservatorios superiores de música ou danza.

Conservatorios profesionais de música ou danza.

Conservatorios elementais de música.

Escolas superiores de arte dramática.

Escola superior de canto.

2. Para os efectos previstos na subepígrafe 4.2. do baremo de méritos consideraranse como cargos directivos asimilados aos centros públicos de ensino secundario os seguintes:

Secretario adxunto.

Os cargos aludidos neste punto desempeñados en seccións de formación profesional.

Xefa/xefe de estudos adxunto.

Xefa/xefe de residencia.

Delegada/delegado da/do xefa/xefe de estudos de instituto de bacharelato ou similares en comunidades autónomas.

Directora-xefa/director-xefe de estudos da sección delegada.

Directora/director da sección filial.

Directora/director de centro oficial de padroado de ensino medio.

Administradora/dministrador en centros de formación profesional.

Profesora/profesor delegada/delegado no caso da sección de formación profesional.

Disposición complementaria cuarta

Os cursos de iniciación e perfeccionamento de galego e as súas validacións serán puntuables polo punto 5.1. deste anexo. Non se valorarán as validacións cando simultaneamente se acredite a realización dos correspondentes cursos. Asemade, puntuaranse por este punto 5.1. os cursos de especialización.

Disposición complementaria quinta

O nivel avanzado de galego da escola oficial de idiomas, o ciclo superior e o certificado de aptitude puntuarán no punto 3.3. como nivel B2.

O nivel intermedio de galego da escola oficial de idiomas e o ciclo elemental puntuarán no punto 3.3. como nivel B1.

Disposición complementaria sexta

En relación coa puntuación dos puntos 6.1., 6.2. e 6.3. non se baremarán publicacións que constitúan programacións didácticas, temarios de oposicións, traballos de materias de carreira, mestrado ou doutorado, edicións de centros docentes e de formación de profesorado, publicacións de prensa nin artigos de opinión. Unha publicación só será valorada nunha das súas edicións. Aplicaranse os criterios de valoración establecidos pola comisión baremadora do concurso de traslados convocado pola Orde do 8 de novembro de 2010.

ANEXO II

Código

Nome do centro

Concello

15019323

CEIP Alborada

A Coruña

15027241

CEIP Juan Fernández Latorre

A Coruña

15005518

CEIP María Pita

A Coruña

15019311

CEIP Plurilingüe María Barbeito e Cerviño

A Coruña

15005701

CEIP Plurilingüe San Pedro de Visma

A Coruña

15021792

CEIP Salgado Torres

A Coruña

15024902

CEIP Wenceslao Fernández Flórez

A Coruña

15007886

CEIP Ramón Otero Pedrayo

A Laracha

15013199

CEP Salustiano Rey Eiras

A Pobra do Caramiñal

15000107

CEIP A Maía

Ames

15000363

CEIP Ponte dos Brozos

Arteixo

15002578

CEIP Fogar

Carballo

15032959

CEIP Vicente Otero Valcárcel

Carral

15009998

CEIP Ramón de Artaza y Malvárez

Muros

15032911

CEIP de Oleiros

Oleiros

15014544

CEIP Plurilingüe O Grupo

Ribeira

15019359

CEIP Plurilingüe Monte dos Postes

Santiago de Compostela

27003126

CEIP Xoán de Requeixo

Chantada

27006371

CEIP Anexa

Lugo

27013673

CEIP de Casas

Lugo

27016467

CEIP Menéndez Pelayo

Lugo

27006449

CEIP Rosalía de Castro

Lugo

27015360

CEE Infanta Elena

Monforte de Lemos

27012012

CEIP Frei Luis de Granada

Sarria

27013296

CEIP Manuel Mato Vizoso

Vilalba

32008771

CEIP de Práct. da E.U. Form. Profes. EXB

Ourense

32008768

CEIP O Couto

Ourense

32008801

CEIP Plurilingüe Irmáns Villar

Ourense

36013618

CEIP de Figueiroa

A Estrada

36013011

CEIP da Torre-Illa

A Illa de Arousa

36000478

CEP Antonio Magariños Pastoriza

Cambados

36005774

CEIP Humberto Juanes

Nigrán

36016954

CEIP Mestre Ramiro Sabell Mosquera

Ponteareas

36006122

CEIP A Xunqueira nº 1

Pontevedra

36006420

CEP Campolongo

Pontevedra

36007710

CEP Santa Mariña

Redondela

36015068

CEIP Balaídos

Vigo

36010708

CEIP Emilia Pardo Bazán

Vigo

36010538

CEIP Lope de Vega

Vigo

36018185

CEIP Plurilingüe Pintor Laxeiro

Vigo

36012407

CEIP A Lomba

Vilagarcía de Arousa

ANEXO III

Código

Nome do centro

Concello

15005385

CEE María Mariño

A Coruña

15021627

CEIP Emilia Pardo Bazán

A Coruña

15004988

CEIP Eusebio da Guarda

A Coruña

15004964

CEIP Plurilingüe Concepción Arenal

A Coruña

15005521

CEIP Ramón de la Sagra

A Coruña

15005014

CEIP Raquel Camacho

A Coruña

15025037

CEIP Sagrada Familia

A Coruña

15025025

CEIP San Francisco Javier

A Coruña

15000016

CEIP Plurilingüe San Marcos

Abegondo

15032625

CEIP Agro do Muíño

Ames

15025220

CEP Plurilingüe de Ventín

Ames

15032716

CEIP de Arteixo

Arteixo

15023041

CEIP de Galán

Arteixo

15001124

CEIP Francisco Vales Villamarín

Betanzos

15001471

CEIP Praia Xardín

Boiro

15021500

CEIP Santa Baia

Boiro

15001847

CEIP Plurilingüe de Pedrouzos

Brión

15032426

CEIP Plurilingüe Graxal

Cambre

15023053

CEIP Portofaro

Cambre

15002165

CEIP Wenceslao Fernández Flórez

Cambre

15021354

CEIP Bergantiños

Carballo

15003054

CEIP Nicolás del Río

Cedeira

15003248

CEIP Eugenio López

Cee

15027253

CEIP Isaac Díaz Pardo

Culleredo

15005828

CEIP Plurilingüe de Tarrío

Culleredo

15027708

CEIP Ría do Burgo

Culleredo

15021809

CEIP Sofía Casanova

Culleredo

15006663

CEIP Cruceiro de Canido

Ferrol

15006845

CEIP Isaac Peral

Ferrol

15006699

CEIP Recimil

Ferrol

15022310

CEIP A Gándara

Narón

15023740

CEIP A Solaina

Narón

15010575

CEIP O Coto

Negreira

15010848

CEIP Felipe de Castro

Noia

15011026

CEIP da Rabadeira

Oleiros

15023089

CEIP Luís Seoane

Oleiros

15025670

CEIP Plurilingüe Isidro Parga Pondal

Oleiros

15025050

CEIP Ramón María del Valle-Inclán

Oleiros

15011336

CEIP Alfonso D. Rodríguez Castelao

Ordes

15025487

CEIP Campomaior

Ordes

15011567

CEIP de Sigüeiro

Oroso

15011981

CEIP José María Lage

Ortigueira

15012742

CEIP Flavia

Padrón

15012717

CEIP Rosalía de Castro

Padrón

15013503

CEIP Couceiro Freijomil

Pontedeume

15014180

CEIP Alfonso D. Rodríguez Castelao

Rianxo

15014465

CEIP Plurilingüe de Palmeira

Ribeira

15014829

CEIP Pedro Barrié de la Maza

Sada

15032686

CEIP Plurilingüe O Mosteirón

Sada

15015238

CEIP Barrié de la Maza

Santa Comba

15027745

CEE A Barcia

Santiago de Compostela

15027502

CEE Manuel López Navalón

Santiago de Compostela

15027332

CEIP das Fontiñas

Santiago de Compostela

15015676

CEIP de Prácticas López Ferreiro

Santiago de Compostela

15022589

CEIP Lamas de Abade

Santiago de Compostela

15024975

CEIP Pío XII

Santiago de Compostela

15015998

CEIP Ramón Cabanillas

Santiago de Compostela

15017041

CEIP A Igrexa-Calo

Teo

15017107

CEIP da Ramallosa

Teo

15025724

CEIP Os Tilos

Teo

27002584

CEIP Virxe do Carme

Burela

27014057

CEE Santa María

Lugo

27016728

CEIP Illa Verde

Lugo

27014665

CEIP Luís Pimentel

Lugo

27014793

CEIP Paradai

Lugo

27016662

CEIP de Monforte de Lemos

Monforte de Lemos

27010891

CEIP Gregorio Sanz

Ribadeo

27013338

CEIP Antonio Insua Bermúdez

Vilalba

27016674

CEP Luís Tobío

Viveiro

32000058

CEIP Padre Feijoo

Allariz

32016789

CEIP Filomena Dato

Barbadás

32020781

CEIP Plurilingüe O Ruxidoiro

Barbadás

32015116

CEIP Condesa de Fenosa

O Barco de Valdeorras

32001658

CEIP Julio Gurriarán Canalejas

O Barco de Valdeorras

32002951

CEIP Plurilingüe Calvo Sotelo

O Carballiño

32016327

CEIP A Ponte

Ourense

32015669

CEIP Mestre Vide

Ourense

32008847

CEIP Plurilingüe Amadeo Rodríguez Barroso

Ourense

32015797

CEIP Amaro Refojo

Verín

32013521

CEIP Princesa de España

Verín

32004830

CEIP Carlos Casares

Xinzo de Limia

32004829

CEIP Rosalía de Castro

Xinzo de Limia

36002347

CEIP Pérez Viondi

A Estrada

36000341

CEIP Plurilingüe A Pedra

Bueu

36015093

CEIP San Tomé

Cambados

36000934

CEIP do Castrillón-Coiro

Cangas

36000879

CEIP Nazaret

Cangas

36001033

CEIP Plurilingüe de San Roque de Darbo

Cangas

36003662

CEIP Chano Piñeiro

Gondomar

36004101

CEIP Xesús Golmar

Lalín

36004472

CEIP do Carballal

Marín

36004496

CEP de Sequelo-Marín

Marín

36004691

CEIP de Coirón-Dena

Meaño

36004733

CEIP de Reibón

Moaña

36013564

CEIP Pena de Francia

Mos

36003807

CEIP Rosalía de Castro

O Grove

36003832

CEIP Valle-Inclán

O Grove

36017715

CEIP Plurilingüe Antonio Palacios

O Porriño

36007023

CEIP Xosé Fernández López

O Porriño

36007199

CEIP Isidora Riestra

Poio

36007591

CEIP Manuel Cordo Boullosa

Ponte Caldelas

36007539

CEIP Fermín Bouza Brey

Ponteareas

36007497

CEIP Nosa Señora dos Remedios

Ponteareas

36015172

CEIP A Xunqueira nº 2

Pontevedra

36006377

CEIP Álvarez Limeses

Pontevedra

36006353

CEIP de Vilaverde-Mourente

Pontevedra

36006390

CEIP Manuel Vidal Portela

Pontevedra

36017661

CEIP Praza de Barcelos

Pontevedra

36019611

CEP Marcos da Portela

Pontevedra

36007709

CEIP de Santo Paio de Abaixo

Redondela

36008489

CEP Altamira

Salceda de Caselas

36008751

CEIP Plurilingüe Infante Felipe de Borbón

Salvaterra de Miño

36008805

CEIP de Portonovo

Sanxenxo

36008878

CEIP Plurilingüe Cruceiro

Sanxenxo

36009135

CEIP de Silleda

Silleda

36009524

CEP Pedro Caselles Beltrán

Tomiño

36009895

CEIP Plurilingüe nº 2

Tui

36009913

CEIP Plurilingüe de Baño-Xanza

Valga

36010733

CEE Saladino Cortizo

Vigo

36016061

CEIP A Doblada

Vigo

36015032

CEIP de Chans-Bembrive

Vigo

36017697

CEIP Escultor Acuña

Vigo

36015251

CEIP Frián-Teis

Vigo

36015627

CEIP García Barbón

Vigo

36015366

CEIP O Pombal

Vigo

36015354

CEIP Plurilingüe da Carrasqueira

Vigo

36016051

CEIP Seis do Nadal

Vigo

36015241

CEP Celso Emilio Ferreiro

Vigo

36010711

CEP Dr. Fleming

Vigo

36012419

CEIP Arealonga

Vilagarcía de Arousa

36015652

CEIP O Piñeiriño

Vilagarcía de Arousa

36012584

CEIP Plurilingüe Rosalía de Castro

Vilagarcía de Arousa

36015792

CEIP Xulio Camba

Vilanova de Arousa

36016772

CEE de Vilagarcía de Arousa

Vilagarcía de Arousa