Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 211 Luns, 7 de novembro de 2016 Páx. 49062

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

ANUNCIO do 24 de outubro de 2016, da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos, polo que se comunica a publicación das puntuacións provisionais e a relación de excluídos provisionais nas especialidades, do corpo de profesores de música e artes escénicas, de Acordeón (594401), Clave (594405), Instrumentos da Música Tradicional e Popular (Gaita) (594413), Instrumentos de Corda Pulsada do Renacemento e do Barroco (594417), Órgano (594420) e Dirección de Orquestra (594421) (Diario Oficial de Galicia do 5 de outubro).

Finalizado o prazo para presentar a solicitude e realizada a baremación dos méritos nas especialidades de Acordeón (594401), Clave (594405), Instrumentos da Música Tradicional e Popular (Gaita) (594413), Instrumentos de Corda Pulsada do Renacemento e do Barroco (594417), Órgano (594420) e Dirección de Orquestra (594421), procede a publicación das puntuacións provisionais e a relación de excluídos provisionais, na páxina web desta consellería.

En consecuencia, esta dirección xeral

RESOLVE:

Primeiro. Facer públicas na páxina web desta consellería (http://www.edu.xunta.es) as puntuacións provisionais e a relación de excluídos provisional do baremo para prazas de interinidades e substitucións para impartir docencia nas especialidades de Acordeón (594401), Clave (594405), Instrumentos da Música Tradicional e Popular (Gaita) (594413), Instrumentos de Corda Pulsada do Renacemento e do Barroco (594417), Órgano (594420) e Dirección de Orquestra (594421).

Segundo. Contra estas puntuacións provisionais e relación de excluídos provisionais poderá interpoñerse reclamación no prazo de dez días naturais, a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no DOG, ante o director xeral de Centros e Recursos Humanos da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria.

Santiago de Compostela, 24 de outubro de 2016

José Manuel Pinal Rodríguez
Director xeral de Centros e Recursos Humanos