Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 212 Martes, 8 de novembro de 2016 Páx. 49263

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Política Social

RESOLUCIÓN do 28 de outubro de 2016 pola que se anuncia a licitación por procedemento aberto multicriterio, trámite ordinario, para a adxudicación do contrato non harmonizado das obras de substitución das carpintarías exteriores e vidros na Residencia de Tempo Libre do Carballiño, en Ourense, cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional no marco do programa operativo Feder Galicia 2014-2020 (obxectivo temático 04, denominado Favorecer a transición a unha economía baixa en carbono en todos os sectores). Contratación documentalmente simplificada.

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Consellería de Política Social.

b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría Xeral Técnica-Servizo de Obras.

b) Número de expediente: 59/2016.

2. Obxecto do contrato.

a) Descrición do obxecto: obras de substitución das carpintarías exteriores e vidros da Residencia de Tempo Libre do Carballiño, cofinanciadas co Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional no marco do programa operativo Feder Galicia 2014-2020. Obxectivo temático 4 Favorecer a transición a unha economía baixa en carbono en todos os sectores, prioridade de investimento 3, obxectivo específico 4.3.1. Mellorar a eficiencia enerxética e redución de emisións de CO2 na edificación e nas infraestruturas e servizos públicos, actuación 1.

b) Referencia de nomenclatura. CPA: 41.00.3, 43.32, 43.34.2; CPV: 45000000-7, 45223000-6, 45223000-7, 45223110-0.

c) Lugar de execución: O Carballiño.

d) Prazo de execución: 69 días laborais.

3. Tramitación e procedemento de adxudicación.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

4. Orzamento base de licitación.

Importe total: douscentos setenta e sete mil douscentos corenta e oito euros con sesenta e nove céntimos (277.248,69 €), IVE incluído.

5. Garantías.

Provisional: non se exixe.

Definitiva: si (5 % do orzamento base de licitación, IVE excluído (11.456,56 €).

6. Obtención de documentación e información.

a) Entidade: o prego de cláusulas administrativas particulares e o prego de prescricións técnicas poderán ser examinados no Servizo de Obras da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Política Social.

b) Domicilio: Edificio Administrativo San Caetano.

c) Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15781.

d) Teléfono:

– Información índole administrativa: 981 54 46 52 (Mª José Rodríguez Novoa).

– Información índole técnica: 981 54 72 43 (José Luis López Cousillas).

e) Fax: 981 54 56 85.

f) Data límite de obtención de documentos e información: ata rematar o prazo de presentación de ofertas.

Tamén se poderán obter os pregos relativos a esta contratación no seguinte enderezo da internet: http://www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N=72675

7. Requisitos específicos do contratista.

a) Clasificación e solvencia: ver punto 16 do cadro de características do prego de cláusulas administrativas particulares e o punto 3.3 do dito prego.

b) Compromiso de adscrición de medios: deberase xustificar polos medios sinalados no punto 3.3 do prego de cláusulas administrativas particulares.

8. Presentación de ofertas.

a) Data límite de presentación: vinte e seis (26) días naturais contados a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

b) Documentación que se debe presentar: a que figura na cláusula 3 do prego de cláusulas administrativas particulares, debendo figurar no exterior dos sobres o CIF do licitador. No caso de que estean inscritos no Rexistro Xeral de Contratistas da Comunidade Autónoma de Galicia, deberán reflectilo de forma fidedigna no exterior do sobre A, indicando o número de rexistro asignado.

c) Lugar de presentación:

1. Oficina de rexistro único e información no Complexo Administrativo de San Caetano, 15781 Santiago de Compostela, de luns a sábado, no horario establecido no dito rexistro.

2. As proposicións poderán enviarse por correo dentro do prazo de admisión indicado, xustificando a data de imposición do envío anunciándoo á Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Política Social mediante télex, fax ou telegrama, no mesmo día e nun só envío.

Se a documentación se presenta en calquera outro rexistro diferente ao indicado nos parágrafos anteriores, a proposta non será admitida á licitación.

d) Criterios de adxudicación: a oferta máis vantaxosa tendo en conta os criterios que figuran no prego de cláusulas administrativas particulares.

e) Prazo durante o que o licitador estará obrigado a manter a súa oferta: 3 meses desde a apertura en acto público.

f) Admisión de variantes: non se admiten.

9. Apertura de ofertas.

a) Entidade: Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Política Social.

b) Domicilio: Edificio Administrativo San Caetano.

c) Localidade: Santiago de Compostela (A Coruña).

d) Data: o acto público de apertura dos sobres B e C efectuarase no lugar, data e hora que se publicará no perfil do contratante http://www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N=72675, con tres días hábiles de antelación á súa realización, así como calquera posible variación destas datas.

10. Gastos do anuncio: este anuncio será por conta do adxudicatario.

Santiago de Compostela, 28 de outubro de 2016

O conselleiro de Política Social
P.D. (Artigo 1 da Orde do 3.3.2016)
O secretario xeral técnico da Consellería de Política Social
P.A. (Artigo 7.1 do Decreto 175/2015, do 3 de decembro)
Camilo Ríos Gestal
Vicesecretario xeral da Consellería de Política Social