Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 212 Martes, 8 de novembro de 2016 Páx. 49271

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

ANUNCIO do 19 de outubro de 2016, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se comunica a aprobación do acordo de concentración parcelaria da zona de Cores-Nemeño (Ponteceso-A Coruña).

Ponse en coñecemento dos interesados na concentración parcelaria da zona de Cores-Nemeño (Ponteceso-A Coruña), declarada de utilidade pública e urxente execución polo Real decreto 2284/1982, do 12 de agosto, o seguinte:

Primeiro. O 6 de outubro de 2016, a Dirección Xeral de Desenvolvemento Rural aprobou o acordo de concentración parcelaria da devandita zona, logo de introducir no proxecto as modificacións oportunas á vista do resultado da enquisa.

Segundo. O acordo de concentración será notificado individualmente a cada un dos afectados e estará exposto ao público no Concello de Ponteceso e na zona. Os documentos que se poderán examinar refírense aos predios de substitución, onde constan as situacións xurídicas derivadas das parcelas de procedencia, as fichas de atribucións, os planos e outros.

Terceiro. Contra o acordo, os interesados poderán interpoñer recurso de alzada ante a persoa titular da Consellería do Medio Rural, dentro do prazo dun mes, contado desde o día seguinte ao da recepción da notificación persoal ou da publicación substitutiva. Os recursos poderán presentarse no rexistro da Delegación da Xunta de Galicia na Coruña (Edificio Administrativo de Monelos, rúa Vicente Ferrer, nº 2), no rexistro dos servicios centrais da Xunta de Galicia en Santiago de Compostela (San Caetano, s/n,) ou en calquera das dependencias e rexistros a que fai referencia o artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

A Coruña, 19 de outubro de 2016

Manuel Rodríguez Vázquez
Xefe territorial da Coruña