Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 213 Mércores, 9 de novembro de 2016 Páx. 49914

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Vigo

ANUNCIO da contratación da promoción turística de Vigo e das Rías Baixas.

1. Entidade adxudicadora: a) Organismo: Concello de Vigo. b) Dependencia que tramita o expediente: Turismo. c) Obtención de documentación e información: servizo de Contratación do Concello de Vigo, Pza. do Rei, s/n, 36202 Vigo. Teléfono: 986 81 01 48. Fax: 986 22 62 06. Correo electrónico: contratacion@vigo.org. Enderezo da internet do perfil do contratante: www.vigo.org. Data límite para solicitar documentación: ata o día de finalización do prazo de presentación de proposicións. d) Número de expediente: 6394-104.

2. Obxecto do contrato: a) Tipo: servizos. b) Descrición: a prestación de servizos de promoción turística da cidade de Vigo e das Rías Baixas en mercados turísticos vencellados coa área mediterránea peninsular e insular, co obxectivo de atraer turistas procedentes destes mercados. c) División por lotes e número de lotes: non. d) Prazo de execución: 37 meses, debendo finalizar o 31 de decembro de 2019. Prórroga: non.

3. Tramitación e procedemento: a) Tramitación: urxente. b) Procedemento: aberto. c) Criterios de adxudicación: os indicados na cláusula 15 do prego de cláusulas administrativas particulares.

4. Orzamento base de licitación: a) Importe total: 736.000 euros (IVE incluído).

5. Garantías exixidas: a) Provisional: non se exixe. b) Definitiva: 5 % do importe do contrato excluído o IVE. c) Complementaria: non.

6. Requisitos específicos do contratista: a) Solvencia económica e financeira: declaración da cifra global de negocio no ámbito de actividades correspondentes ao obxecto do contrato expresada en anualidades e referida, como máximo, aos tres últimos exercicios. Consideraranse con solvencia económica e financeira os licitadores que no conxunto dos tres exercicios teñan un volume de facturación que sexa igual ou superior ao prezo do contrato.

b) Solvencia técnica e profesional: unha relación dos principais servizos ou traballos, de igual ou similar natureza que os que constitúan o obxecto do contrato, realizados nos últimos cinco anos que inclúa importe, datas e o destinatario, público ou privado, deles. Considerarase acreditada a solvencia se nalgún dos últimos cinco anos acredita servizos ou traballos por importe igual ou superior a unha anualidade media do prezo do contrato. Os servizos ou traballos efectuados acreditaranse mediante certificados expedidos ou visados polo órgano competente, cando o destinatario sexa unha entidade do sector público; cando o destinatario sexa un suxeito privado, mediante un certificado expedido por este ou, na falta deste certificado, mediante unha declaración do empresario.

7. Presentación de ofertas: a) Data límite de presentación: o prazo rematará aos 8 días seguintes ao da última publicación do presente anuncio no BOP ou no DOG. b) Lugar de presentación: Rexistro Xeral do Concello de Vigo, Pza. do Rei, s/n, 36202 Vigo. c) Admisión de melloras: non. d) Prazo da obriga de manter a oferta: dous meses contados desde o día da apertura de proposicións.

8. Apertura de ofertas: a) Enderezo: Casa do Concello de Vigo, Pza. do Rei, s/n, 36202 Vigo. b) Data e hora: anunciarase no perfil do contratante do concello de Vigo (www.vigo.org).

9. Gastos de publicidade: pagaraos o adxudicatario ata a cantidade de 1.500 euros.

Vigo, 3 de novembro de 2016

O alcalde
P.D. (Decreto e Acordo do 19.6.2015)
David Regades Fernández
Concelleiro delegado de Contratación