Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 222 Luns, 21 de novembro de 2016 Páx. 51973

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda

RESOLUCIÓN do 14 de novembro de 2016 do tribunal designado para xulgar o proceso selectivo para o ingreso, pola quenda de promoción interna, no corpo auxiliar da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo C2 convocado pola Orde da Consellería de Facenda do 16 de xuño de 2015 (Diario Oficial de Galicia número 114, do 18 de xuño), pola que se dá publicidade a diversos acordos.

Na sesión do 10 de novembro de 2016, o tribunal nomeado por Orde do 11 de abril de 2016 (DOG núm. 72, do 15 de abril),

ACORDOU:

– Considerar a alegación presentada pola aspirante Vanessa Lorenzo Aniceto, con DNI 44823581P, respecto da revisión da súa puntuación para o 2º exercicio. Comprobado e verificado sobre o orixinal un erro na lectura mecánica da súa folla de respostas, o tribunal procedeu a recalcular manualmente a nota da aspirante, que pasa a ser de 28 puntos.

– Desestimar o resto de alegacións presentadas respecto da corrección do 2º exercicio.

– Convocar para a realización do terceiro exercicio os aspirantes que, de acordo co disposto na base II.1.4. da convocatoria, non presentaron correctamente a documentación xustificativa de estar en posesión do Celga 3 ou equivalente debidamente homologado polo órgano competente en materia de política lingüística da Xunta de Galicia de acordo coa disposición adicional segunda da Orde do 16 de xullo de 2007, pola que se regulan os certificados oficiais acreditativos dos niveis de coñecemento da lingua galega (DOG núm. 146, do 30 de xullo):

Apelidos e nome

NIF

Naveira Pandelo, Javier

46917532Q

Quintela Tocino, Abel

75808665K

Rodríguez Parada, Susana

32843087F

Varela Rivera, César A.

32669331Q

– Que este terceiro exercicio da fase de oposición terá lugar o xoves 24 de novembro de 2016, e que o lugar de realización será a sala E da Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza (edificio da pirámide San Caetano, s/n, Santiago de Compostela), en chamamento único que se iniciará ás 17.00 horas.

– O exercicio constará de dúas probas: unha primeira, de tradución dun texto do castelán para o galego proposto polo tribunal; e unha segunda, de tradución dun texto do galego para o castelán proposto polo tribunal. O exercicio terá unha duración máxima dunha (1) hora.

– Os/as aspirantes deberán ir provistos de DNI, ou documento fidedigno acreditativo da súa identidade a xuízo do tribunal e bolígrafo.

Non se permitirá o acceso ás aulas en que se realice o exercicio con teléfonos móbiles, axendas electrónicas, reloxos intelixentes ou calquera outro instrumento de que se poida valer o aspirante para auxiliarse na realización do exercicio. Non se habilitará ningún servizo de recollida de móbiles.

Santiago de Compostela, 14 de novembro de 2016

Mercedes Cardelle Espasandín
Presidenta do tribunal