Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 225 Xoves, 24 de novembro de 2016 Páx. 52618

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Arzúa

ANUNCIO de convocatoria da oposición para seleccionar as persoas coas que se constituirá unha bolsa de emprego.

Por acordo adoptado pola Xunta de Goberno Local, na sesión que tivo lugar o día 14 de outubro de 2016, convócase oposición para poder seleccionar as persoas coas que se constituirá unha bolsa de emprego, para seren contratadas cando resulte necesario cubrir algún dos seguintes postos de traballo: operario-tractorista, condutor-operario, oficial de 1ª e operario de servizos varios, cando concorran algunha das seguintes circunstancias: concesión de licenzas, destrute dos períodos de vacacións, concesión de permisos e situacións de excedencia; efectuándose esas contratacións en calquera das modalidades previstas ao abeiro da normativa contida no artigo 15 nº 1 do Real decreto lexislativo 2/2015, do 23 de outubro, polo que se aprobou o texto refundido da Lei do estatuto dos traballadores, así como no Real decreto 2720/1998, do 18 de decembro.

A dita bolsa de emprego terá unha duración de dezaoito meses, contados desde o día seguinte ao da publicación, no taboleiro de edictos da casa do concello e na páxina web do concello, do decreto do alcalde polo que se aprobe; poderá acordarse unha prórroga por un período máximo equivalente ao da súa duración inicial.

As bases que rexen a convocatoria atópanse nas oficinas municipais e na páxina web do concello á disposición dos interesados, e serán públicadas integramente no Boletín Oficial da provincia.

O prazo de presentación de solicitudes será de dez días hábiles, a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, e deberá achegar a seguinte documentación mediante fotocopia compulsada:

1. Documento nacional de identidade ou equivalente.

2. Certificado de estudos primarios ou equivalente.

3. Permiso de conducir de clase C, para os postos de traballo de operario-tractorista e condutor-operario; e permiso de conducir de clase B, para os postos de traballo de oficial de 1ª e operario de servizos varios.

4. Documento acreditativo de estar en posesión do Celga 2, ou equivalente debidamente homologado polo órgano competente en materia de política lingüística da Xunta de Galicia.

Os sucesivos anuncios relativos a este procedemento publicaranse no taboleiro de edictos da casa do concello e na páxina web do concello.

Arzúa, 4 de novembro de 2016

José Luis García López
Alcalde