Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 229 Mércores, 30 de novembro de 2016 Páx. 53071

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda

ORDE do 23 de novembro de 2016 pola que se amplía o prazo de realización do terceiro exercicio do proceso selectivo para o ingreso no corpo de xestión da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A2.

A Orde da Consellería de Facenda do 15 de xuño de 2015 (DOG núm. 114, do 18 de xuño) pola que se convoca o proceso selectivo para o ingreso no corpo de xestión da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A2, modificada pola Orde do 12 de novembro de 2015 (DOG núm. 220, do 18 de novembro) dispón na base II.1.3 que o prazo máximo para a realización do terceiro exercicio será de 40 días hábiles contados desde o remate do exercicio anterior.

Unha vez realizado o segundo exercicio o día 19 de outubro de 2016, tendo en conta diversas cuestións relacionadas co desenvolvemento dos exercicios e a proposta elevada para tal efecto polo tribunal cualificador deste proceso selectivo, de conformidade co establecido no artigo 32 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, esta consellería

DISPÓN:

A ampliación do prazo de realización do terceiro exercicio do proceso selectivo para o ingreso no corpo de xestión da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A2, en vinte días hábiles.

Contra este acordo de ampliación de prazo non cabe recurso ningún sen prexuízo do procedente contra a resolución que poña fin ao procedemento, de acordo co disposto no artigo 32.3 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Santiago de Compostela, 23 de novembro de 2016

Valeriano Martínez García
Conselleiro de Facenda