Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 231 Venres, 2 de decembro de 2016 Páx. 53492

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda

ORDE do 24 de novembro de 2016 pola que se nomea o tribunal que deberá cualificar o proceso selectivo para o ingreso no corpo superior de Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1, escala superior de estatísticos/as.

Unha vez convocado o proceso selectivo para o ingreso no corpo superior de Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1, escala superior de estatísticos/as pola orde da Consellería de Facenda do 12 de abril de 2016, publicada no Diario Oficial de Galicia núm. 84, do 3 de maio, e de conformidade co establecido nas bases da convocatoria, esta consellería

DISPÓN:

Nomear o tribunal que deberá cualificar o proceso selectivo para o ingreso no corpo superior de Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1, escala superior de estatísticos/as, coa composición que se relaciona no anexo.

Santiago de Compostela, 24 de novembro de 2016

Valeriano Martínez García
Conselleiro de Facenda

ANEXO
Corpo superior de Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1, escala superior de estatísticos/as

– Tribunal titular:

Presidencia: Manuel Mateo Díaz, persoal funcionario do corpo superior de Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, escala superior de estatísticos/as.

Secretaría: Mónica Martínez Otero, persoal funcionario do corpo superior de Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia.

Vogais:

• Carlos Pío del Oro Sáez, profesor titular de Economía Cuantitativa da Facultade de Ciencias da Comunicación da Universidade de Santiago de Compostela.

• Isabel del Río Viqueira, persoal funcionario do corpo superior de Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, escala superior de estatísticos/as.

• Pilar Uriz Tomé, catedrática de Economía Aplicada da Escola Universitaria de Economía e Empresa da Universidade da Coruña.

– Tribunal suplente:

Presidencia: Rosa Elvira Fernández González, persoal funcionario do corpo superior de Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, escala superior de estatísticos/as.

Secretaría: Juan Manuel Gómez Duaso, persoal funcionario do corpo superior de Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, escala de sistemas e tecnoloxía da información.

Vogais:

• Raúl Jácome Rodríguez, persoal funcionario do corpo superior de Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, escala superior de estatísticos/as.

• María Esther López Vizcaíno, persoal funcionario do corpo superior de Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, escala superior de estatísticos/as.

• José Ramón Cancelo de la Torre, catedrático de Economía Aplicada da Facultade de Economía e Empresa da Universidade da Coruña.