Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 232 Luns, 5 de decembro de 2016 Páx. 53663

IV. Oposicións e concursos

Axencia Galega de Sangue, Órganos e Tecidos

RESOLUCIÓN do 15 de novembro de 2016 pola que se resolve a convocatoria pública para a provisión do posto de xefe da Área de Sangue, Compoñentes Sanguíneos e Hemoderivados, convocada por Resolución do 27 de xuño de 2016 (Diario Oficial de Galicia número 128, do 7 de xullo).

Convocada por Resolución do 27 de xuño de 2016 (DOG nº 128, do 7 de xullo) a provisión do posto de xefe da Área de Sangue, Compoñentes Sanguíneos e Hemoderivados, esta dirección, en virtude das competencias atribuídas polo Decreto 43/2013, do 21 de febreiro (DOG nº 47, do 7 de marzo), polo que se establece a estrutura orgánica do Servizo Galego de Saúde; pola Orde do 5 de xullo de 2012 (DOG nº 139, do 20 de xullo), sobre delegación de competencias en órganos centrais e periféricos do Servizo Galego de Saúde, e polo Decreto 142/2015, do 17 de setembro, polo que se crea a Axencia Galega de Sangue, Órganos e Tecidos e se aproban os seus estatutos (DOG nº 197, do 15 de outubro),

RESOLVE:

Primeiro. Resolver a convocatoria pública para a provisión do posto de xefe da Área de Sangue, Compoñentes Sanguíneos e Hemoderivados, convocado por Resolución do 27 de xuño de 2016 (DOG nº 128, do 7 de xullo).

Segundo. Nomear, para o posto que se indica, a persoa citada no anexo desta resolución.

Terceiro. De conformidade coa base décima da convocatoria, a candidata nomeada será avaliada, antes de que transcorran catro anos desde o seu nomeamento, para os efectos de prorrogar o desempeño da xefatura por idéntico período de tempo ou proceder á súa remoción.

Cuarto. A aspirante nomeada deberá cesar na praza que desempeñe dentro dos tres días hábiles seguintes a aquel en que se publique a presente resolución no Diario Oficial de Galicia.

A toma de posesión do posto de traballo adxudicado deberase efectuar dentro dos tres días hábiles seguintes ao do cesamento, se a praza desempeñada e o posto adxudicado son da mesma área de saúde, ou no prazo de quince días hábiles, se son de distinta área de saúde. Para estes efectos entenderase por praza desempeñada a efectivamente ocupada, con independencia de que sexa en condición de destino definitivo, adscrición ou destino provisional, ou comisión de servizos.

Se así o permiten as necesidades do servizo e por petición motivada da interesada, os prazos a que se refiren os parágrafos anteriores poderán ser prorrogados polo órgano convocante.

O prazo de toma de posesión e a súa prórroga terán a consideración de servizo activo e os correspondentes haberes percibiranse de conformidade co que estableza a orde sobre a confección de nóminas do persoal ao servizo da Administración autonómica.

Entenderase que solicita a excedencia voluntaria por interese particular e será declarado nesa situación polo órgano competente quen no se incorpore ao posto adxudicado no prazo establecido.

Quinto. Contra a presente resolución poderá interpoñerse recurso de alzada ante a Dirección Xeral de Recursos Humanos do Servizo Galego de Saúde, no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ao da súa publicación nos termos dos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Santiago de Compostela, 15 de novembro de 2016

María Luisa López García
Directora da Axencia Galega de Sangue, Órganos e Tecidos

ANEXO

Denominación do posto: xefe/a da Área de Sangue, Compoñentes Sanguíneos e Hemoderivados da Axencia Galega de Sangue, Órganos e Tecidos.

Nome e apelidos: María Adelantado Pérez.

DNI: *****331T (*).

(*) Ocúltase parcialmente o número do documento nacional de identidade para preservar os datos de carácter persoal, de acordo coa Lei orgánica 15/1999, do 13 de decembro.