Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 232 Luns, 5 de decembro de 2016 Páx. 53756

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Baiona

ANUNCIO das bases para a selección de dous axentes da policía local.

No Boletín Oficial da provincia de Pontevedra número 218, do 15 de novembro de 2016, publicáronse as bases de selección de dous axentes da policía local, integradas no grupo C, subgrupo C1, da escala básica de Administración especial, subescala de servizos especiais, do corpo da Policía Local do Concello de Baiona, correspondente á oferta pública de emprego de 2016 (1 praza) e outra correspondente á oferta pública 2013, aprobadas por Resolución da Alcaldía do 21 de setembro de 2016. O que se publica conforme o artigo 32.2 da Lei 4/2007, do 20 de abril, de coordinación de policías locais, modificada pola Lei 9/2016, do 8 de xullo.

Baiona, 15 de novembro de 2016

Ángel Rodal Almuíña
Alcalde