Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 234 Venres, 9 de decembro de 2016 Páx. 54071

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Servizo Galego de Saúde

CÉDULA do 9 de novembro de 2016, da Xerencia de Xestión Integrada de Santiago de Compostela, pola que se lles notifica ás persoas relacionadas a facturación ao seu nome de servizos sanitarios prestados no caso de non achegaren os datos necesarios para facturar ao terceiro obrigado ao pagamento.

Mediante esta cédula, e debido a que os relacionados non se atoparon nos domicilios que figuran nos rexistros deste centro, ou que as persoas que a lexislación autoriza para facerse cargo alegaron distintas causas para non recibir as notificacións, comunícaselles ás persoas incluídas na relación que se insire que:

Segundo o recollido no anexo IX do Real decreto 1030/2006, do 15 de setembro, polo que se establece a carteira de servizos do Sistema Nacional de Saúde e o procedemento para a súa actualización, así como no artigo 83 da Lei xeral de sanidade e na disposición adicional 22 do texto refundido da Lei xeral de seguridade social, aprobado polo Real decreto lexislativo 1/1994, do 20 de xuño, de non achegaren no prazo de 10 días os datos e a documentación necesaria para poder facturar ao terceiro obrigado ao pagamento a asistencia sanitaria que lle foi prestada neste centro sanitario, os gastos asistenciais serán ao seu cargo, tal e como se recolle no artigo 1 do Decreto 56/2014, do 30 de abril (DOG nº 96, do 21 de maio), polo que se establecen as tarifas dos servizos sanitarios prestados nos centros dependentes do Servizo Galego de Saúde; polo que se emitirá factura de gastos sanitarios ao seu nome.

Para todo tipo de consulta ou aclaración sobre a documentación que deben entregar, deberán poñerse en contacto co Servizo de Facturación deste centro sanitario, teléfono 981 83 43 47.

Para que conste, lle sirva de notificación ao interesado e en cumprimento do disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, expido, asino e selo esta cédula. Queda supeditada a eficacia da notificación á súa publicación no taboeiro de edictos único (TEU) do BOE.

Ribeira, 9 de novembro de 2016

Luis Verde Remeseiro
Xerente de Xestión Integrada de Santiago de Compostela

ANEXO

Nome do/da doente

DNI/NIF

González Álvarez, Josefa Estefanía

053480640M

Pérez Rodríguez, Francisca María

053799505K

Martín Sanlés, Lara

Sampedro Romano, Manuel Ángel

053798139N