1. Entidade adxudicadora: a) Organismo: Concello de Vigo. b) Dependencia que tramita o expediente: Vías e Obras. c) Obtención de documentación e información: www.vigo.org (perfil do contratante). Teléfono: 986 81 01 48. Fax: 986 22 62 06. Data límite para solicitar a documentación: ata o día de finalización do prazo de presentación de proposicións. d) Número de expediente: 4095-440.
2. Obxecto do contrato: a) Tipo: obras. b) Descrición: execución das obras do proxecto de mellora de accesibilidade peonil entre a Porta do Sol e Abeleira Menéndez (fase II). c) CPV: 45233140-2; 45313200-6. d) División por lotes e número de lotes: non. e) Lugar de execución: Vigo. f) Prazo de execución: cinco (5) meses.
3. Tramitación e procedemento: a) Tramitación: ordinaria. b) Procedemento: aberto. c) Criterios de adxudicación: os consignados no apartado 8 da folla de especificacións do contrato do prego de cláusulas administrativas particulares.
4. Orzamento base de licitación: 834.039,03 euros (sen IVE); IVE: 175.148,20 euros.
5. Garantías exixidas: a) Provisional: non se exixe. b) Complementaria: si; por un importe do 5 % do prezo de adxudicación do contrato, excluído o IVE, cando a oferta adxudicada fose cualificada inicialmente como en presunción de oferta anormal ou desproporcionada e fose xustificada adecuadamente. c) Definitiva: 5 % do prezo de adxudicación do contrato excluído o IVE.
6. Requisitos específicos do contratista:
a) Documentos acreditativos da solvencia económica e financeira: acreditarase por calquera dos seguintes medios:
• Declaración do volume anual de negocios. Consideraranse con solvencia económica e financeira os licitadores que no conxunto dos últimos tres anos teñan un volume de facturación que sexa igual ou superior ao prezo do contrato.
• Documento acreditativo de posuír a seguinte clasificación: grupo C; subgrupo 3; categoría 2 e grupo J; subgrupo 1; categoría 2.
b) Documentos acreditativos da solvencia técnica e profesional: acreditarase por calquera dos seguintes medios:
• Certificacións ou documentos que acrediten a boa execución de contratos de obras ou traballos similares aos do obxecto do contrato, executados, como máximo, nos dez últimos anos. Indicaranse o importe, as datas e o destino público ou privado. Considerarase acreditada a solvencia se nalgún dos últimos dez anos xustifican ter realizado traballos similares aos do obxecto do contrato cuxo importe, en conxunto, sexa igual ou superior ao valor estimado deste.
• Documento acreditativo de posuír a seguinte clasificación: grupo C; subgrupo 3; categoría 2 e grupo J; subgrupo 1; categoría 2.
7. Presentación das ofertas: a) Data límite de presentación: o prazo rematará o vixésimo sexto (26) día seguinte ao de publicación do presente anuncio no BOP e no DOG. b) Lugar de presentación: Rexistro Xeral do Concello de Vigo; Pza. do Rei, s/n, 36202 Vigo. c) Admisión de melloras: non. d) Prazo da obriga de manter a oferta: dous meses contados desde o día da apertura de proposicións.
8. Apertura das ofertas: a) Enderezo: Casa do Concello de Vigo; Pza. do Rei, s/n, 36202 Vigo. b) Data e hora: anunciaranse no perfil do contratante do Concello de Vigo (www.vigo.org).
9. Gastos de publicidade: pagaraos o adxudicatario ata a cantidade de 1.500 euros.
Vigo, 1 de decembro de 2016
El alcalde
P.D. (Decreto e Acordo do 19.6.2015)
David Regades Fernández
Concelleiro delegado de Contratación