Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 236 Martes, 13 de decembro de 2016 Páx. 54358

III. Outras disposicións

Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

ORDE do 28 de novembro de 2016 pola que se autoriza o cambio de denominación do instituto de educación secundaria de Ponteareas, no concello de Ponteareas.

De conformidade co previsto nos artigos 3.1 e 2 do Regulamento orgánico dos institutos de educación secundaria, aprobado polo Decreto 324/1996, do 26 de xullo (DOG do 9 de agosto), por proposta da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos,

DISPOÑO:

Autorizar o cambio de denominación específica do seguinte centro:

Provincia: Pontevedra.

Concello: Ponteareas.

Código: 36024781.

Denominación actual: instituto de educación secundaria de Ponteareas.

Nova denominación: instituto de educación secundaria do Barral.

Santiago de Compostela, 28 de novembro de 2016

Román Rodríguez González
Conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria